martes, 24 de febreiro de 2009

Actualización e "Trasteo"



Aos nosos seguidores e a tódolos que estades á espera de que "colguemos" os dous ultimos programas, pedímosvos desculpas, pero causas alleas á nosa vontade impedíronnolo:

ESTAMOS TRABALLANDO PARA OFRECERVOS: o do día 14 e do día 21 de febreiro.
Xa sabedes que no primeiro (o día 14) tivémola entrevista que lle fixo Xosé Carlos a don Ramón Rey, con motivo da Festa do Percebe. Farémolo posible para que poidades escoitala.

O día 21 estivo dirixindo o noso programa "Serxio Seoane", como ben sabedes aqueles que estivéstedes á escoita, e nos acostumades a seguir mediante a Internet. Foron dúas horas moi entretidas e tivémola sorte de poder facer unha crónica dende Galicia. Conectamos con Puri e Nieves, as responsables do "Mirador da Ribeira", en Viana do Bolo, onde nos atopabamos varios dos colaboradores deste voso programa e fixémos de corresponsais da "troula" e Entroido que se celebra naquelas terras engaioladoras. Demos a coñecer a excepcional festa que se estaba a realizar.
Unha mostra delo son as copias dos carteis que aqui amosamos. A destacar o menú do día 22.



Ningún comentario:

SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024

Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...