luns, 19 de xaneiro de 2009

2º Programa do 2009

Diante de nada unha pequena observación para tódolos nosos seguidores: Os nomes que están resaltados corresponden as respectivas grabacións con eles. Así pois premendo derriba dos nomes que están resaltados e un pouco máis agrandados, conteñen as grabacións das súas intervencións. O segundo programa do ano comezamos coa axuda e participación de “Kike de Vidal”, que é como acostuma a asinar as súas escritas o noso amigo e colaborador habitual Henrique Fernández Sánchez, grande promotor cultural e anterior Presidente da Asociación Cultural Galega “Rosalía de Castro”. Énchenos de orgullo, e sérvenos de estímulo o feito de contar, ao noso carón, con persoas coma Kike, que sempre tiveron inquedanzas que compartimos. Anunciamos as propostas para estas dúas horiñas de radio e escoitamos a primeira intervención musical a cargo de Kepa Junquera que conta coa colaboración de Mª del Mar Bonet, e dámoslle paso á comunicación telefónica con dona Amelia López, directora do grupo de teatro “Anduriña” e tamén representante no Consell de la Dona en Cornellà. Unha conversa na que nos fai partícipes a tódolos oíntes de varias informacións interesantes.

Seguidamente escoitamos outra peza de música e poñémonos en contacto con Ricardo Pérez Anta, actual Presidente da Asoc.G.Rosalía de Castro, que ademais de felicitar o ano a tódolos oíntes tamén nos pon en antecedentes de tódalas actividades nas que se pode participar na Entidade que preside.

A continuación voltamos a escoitar outra peza de música, de Berrogüetto concretamente, e que nos sirve para darlle entrada a conversa que mantemos con Manuel Barcia, que nos da unh ampla información e aproveita para convidar a tódolos oíntes á “VIª Festa do Botelo” organizado polos amigos do Bierzo en Catalunya, que se celebrará o vindeiro 14 de febreiro nas instalacións do Hotel Campus de Bellaterra, e á que asistirán, entre outros, o Sr.Luís del Olmo, o Alcalde de Ponferrada, Presidente del Consejo Comarcal del Bierzo, Alcalde de Fabero.../... e unha morea máis de persoaxes ilustres. Podedes enterarvos moito mellor visitando a súa páxina web: http://www.orgullodelbierzo.es/. A verdade é que poder asistir a ese evento e con ese precio (35€ por persoa) será unha oportunidade única para disfrutar desa gastronomía das terras do Bierzo. Na segunda hora comunicamos con Galicia e establecemos conversa-entrevista con Xulio Simón e co nosa entrevistado estrella, don Manuel Lourenzo González, profesor e escritor laureado e recente premio do XXV Xerais de Novela pola súa obra O xardín das pedras flotantes, grabación que podedes escoitar pinchando nos nomes de Xulio (entrevista) e Manuel (ficha do autor). Nesta semana, igoal ca no primeiro programa do ano, non puidemos ofrecerlles a comunicación habitual con Paco Rivas. Enterámonos do falecemento da súa mai e dende aquí facémonos eco desa perda e enviámoslle o noso máis sentido pesar pola perda dese ser querido. Afervoadamente sempre nos terá ao seu carón para o que nos precise. E rematamos o programa coa intervención da nosa poeta galega en catalunya IRIA, que nesta ocasión fainos un percorrido por outra das súas incursións na literatura que ela nos ofrece

Ningún comentario:

SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024

Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...