luns, 24 de novembro de 2008




22 de novembro do 2008

Nesta ocasión tivemos a oportunidade de ofrecer a tódolos nosos socios e simpatizantes a nosa "Radio en Directo", dende a sede da nosa Asociación Cultural Galega ROSALÍA DE CASTRO. Con público, coa nosa directora MIREIA, co Xefe técnico Victor, coa participación de anteriores directores deste noso programa, entre os que se atopaba Emilio Luís López, Manuel Rodríguez Julián... ...
Aquí podedes escoitar a 1ª hora de Radio en Directo, dende a Asociación ROSALÍA de CASTRO.
Comezou a emisión, coma sempre, coa sintonía de Cristina Pato e a presentación por parte de XOSÉ CARLOS G., ao seu carón o Presidente da Entidade, Ricardo Pérez Anta e Antonio Díaz. A verdade é que semellaba unha reunión de amigos que estabamos a falar das nosas cousas e lembrando aquelas datas, difíciles, do comezo desta andaina de falar en galego na radio. Mágoa, pola miña parte de non poder estar durante toda a celebración, xa que, como tiña informado en anteriores datas, tiña comprometida a miña asistencia a Sabadell, por mor dun acontecemento de relevancia importante e era ineludible a miña presenza.
Aquí vos amosamos algunha das instantáneas que me facilitou Antonio para que poidades apreciar cómo se atopaba a mesa.

Premendo AQUÍ escoitaredes a segunda hora de SEMPRE en GALICIA do día 22-11-08.

Graciñas a todos polas mostras de agarimo que nos tedes dado. Voltaremos o día 29 que será outro día de grandes acontecementos, xa que se celebra o fallo do "XXIII Certame de Poesía ROSALIA DE CASTRO" e o Certame de Prosa literaria "Memorial Rosa Reboredo".

Saudiños cordiais e ata a vindeira fin de semana, coma sempre de 18 a 20 horas.

Ningún comentario:

SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024

Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...