29 do San Martiño 2008
Coma sempre, comezamos facendo un pequeno avance do que imos a tratar nestas dúas horiñas de radio en galego: Informacións diversas, comunicacións telefónicas con diversos informantes, conexións con Galicia e persoas que nos porán ao corrente das novidades que nos deparou esta semana e as que se aveciñan.
Escoitamos, en primicia, o disco de ROI CASAL, fillo de Nando Casal, membro do mítico grupo MILLADOIRO.
Recibimos en primeiro lugar a CARLOS REI, o Presidente da Entidade "Airiños da Nosa Galicia" de Santa Coloma de Grammanet, que están de celebración e infórmanos que como remate das moitas actividades que veñen realizando, esta noite terán unha CEA de Hirmandade, para conmemorar tal evento, acompañados de socios, simpatizantes, autoridades de Galicia e de Cataluña.
Continuamos con outra comunicación, e neste caso é a de BALBINA, que nos informa, tamén en primicia, do CONCERTO DE HEVIA e do grupo de música folk galego BRATH -liderado por ELOI CALDEIRO-, no LICEO DE BARCELONA, para o vindeiro mes de xuño do 2009, acompañado dunha chea de acontecementos interesantes e importantes para tódolos galegos e asturianos.
Chega ao noso estudio PURA SALCEDA, e mantemos unha amena conversa ao redor da súa producción, do seu traballo como Presidenta do XXII Premio Rosalía de Castro e o de V de Narrativa Rosa Reboredo. Hoxe impartirá unha Conferencia na sé da Entidade sobre a "Escolla do idioma á hora de pronunciarse".
Falamos con XOSÉ MANUEL, responsable do selo discográfico OUVIRMOS, que nos da a coñecer a próxima presentación, en Lugo, do libro disco ITINERARIOS HISTÓRICO-MUSICAIS, Lugo-Ouvirmos. A obra presentarase o día 3 de decembro e contará coa presenza da soprano Teresa Novoa e o pianista Alejo Montes. Un traballo do que faremos partícipe del aos nosos oíntes, tan axiña como nos chegue á nosa redacción.
Comunicámonos con XULIO SIMÓN RÚA, o noso colaborador semanal dende Galicia. Fálanos do Premio Fiz Vergara Vilariño. Declámanos un poema dedicado a este autor lucense. Danos a coñecer unha carta do inspector que propón sancionar a Alonso Montero co desterro. Un ano certamente triste para as nosas letras: Finaron varios poetas, Ramiro Fonte, Xosé Carlos Gómez Alfaro, Constantino García, Camilo Gonsar... Lenos un parágrafo do discurso de Camilo Gonsar na Academia Galega. Pero non todo son noticias malas, outro autor chairego, Agustín Fernández Paz, galardoado con Premio Nacional, dotado con 20 mil Euros. Eloxio dunha personalidade importante nas nosas letras galegas. Referencia de autores de importancia en tódalas linguas. Remata coa mención do libro: Las imágenes de Carlos Velo. Fálanos de Cine. Outro documental que está a punto de saír de Xan Neira: Historia de Emigración difusa, sobre a emigración dos galegos a Lisboa.
Unha das interesantes entrevistas que facemos a continuación é con GLORIA, que nos informa da inauguración da "AIRA DA PETADA" unha Hotel-Vivenda rural nos pagos do concello da VEIGA, na aldeiña de Corzos. Dispón de 8 cuartos para alugar, algunhas dobles e triples, teléfono 676 48 29 02. Teñen servicio de restauración cun "Chef", Anxel, que fai as delicias de tódolos que se achegan alí, podendo disfrutar dos manxares da zona, especialmente da caza e productos galegos con denominación de orixe, os viños e as augas. Fainos un agasallo a tódolos nosos oíntes, prometendo que todos aqueles que se acheguen a esta vivenda rural e mencionen a nosa emisión de Radio Cornella, serán obsequiados cun desconto do 10% na factura.
Temos comunicación con IRIA e fainos un percorrido poético coa persoa de XOSÉ ANXEL VALENTE. Defíneo como un poeta ecléctico, alleo á literatura e a toda a poesía narrativa do momento. Debúllanos unha personalidade dun autor galego dunha sensibilidade interesantísima e que escoitamos atentamente nas súas escollas e composicións poéticas que nos declama tan axeitadamente, como cada semana.
A vindeira semana non teremos programa. É festa na Radio.
Agardámosvos o día 13 de decembro.
luns, 1 de decembro de 2008
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024
Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...
-
1º SORTEO - CONCURSO Fin de Semana nun Hotel-Vivenda Rural en Galicia. Poñemos en marcha este concurso do que damos cumprida información aqu...
-
Outro sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e escoitamos un bocadiño de música mentres nos poñemos en...
-
Ola Outra vez: Desta volta é para que vos poñades en contacto e comecedes a "reclamar" o voso número para participar no SORTEO OFI...
Ningún comentario:
Publicar un comentario