martes, 14 de outubro de 2008
11 de outubro do 2008
Unha semana máis voltamos a estar cos nosos oíntes.
Comezamos informándolles do programa.
A verdade é que desta volta non puidemos estar en directo.
Este programa está "enlatado", pero ten contido abondo importante como para facelo interesante para tódolos nosos oíntes.
A primeira entrevista foi con MONTSE RIVERA, a pandereteira do grupo LEILÍA, que sudamos despois de escoitar unha das pezas do CD "Son de Leilía", pero nesta ocasión o que nós pretendíamos era que nos fixera partícipes dun proxecto interesantísimo: "PES DE LA", que consiste en poñer a bailar a tódolos que os escoitan. Xa fixeron as primeiras actuacións no verán e concretamente nesa tarde do día 11 de outubro intervirán nas "Festas de exaltación do MARISCO de O GROVE". Unha conversa moi agradable e chea de novidades. Despedímonos dela con outra peza do mesmo CD. E xa nos comprometimos para poder facer novas comunicacións en vindeiras ocasións.
A segunda chamada foi para falar con ANXOS SUMAI, a escritora convidada pola Consellería de Cultura ao LIBER 2008, e que aproveitamos para falar con ela das moitas cousas que estivo a facer esta semana en Cataluña: A Conferencia na Universidade Central, a súa intervención e Charla para os alumnos da Universidade de Bellaterra, a Conferencia no Ateneo Barcelonés da rúa Canuda, a presentación do seu libro "Así nacen as baleas" no Centro Galego NÓS de Sabadell, e a presentación de dous libros na Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro en Cornellà. Falounos da súa escrita, da súa experiencia en Barcelona e desexámoslle que siga a colleitar moitísimos éxitos máis.
O resto da programación estivo salpicado de comunicacións, lectura de contos, e algunha que outra información que nos chega dende Galicia á nosa Redacción. Todo elo acompañado pola variada e moi abondosa escoita das numerosas grabacións das que dispoñemos. Seguramente teremos que facer algunha que outra adquisición, para repoñer e actualizar as moitas novidades que se veñen sucedendo no eido musical galego, pero deso xa se encargará, dagora en adiante o noso colaborador inestimable Serxio Seoane, quen se comprometeu en anteriores intervencións, a traernos precismanete esas músicas que compartiremos con todos vosoutros.
A vindeira semana prometemos estar en directo e facer un progama moito máis entretido, e abordando tódolos apartados completos: As entrevistas, as conversas, as lecturas, a música, as comunicacións con Galicia, as novidades e o RECUNCHO POÉTICO con que sempre rematamos esas dúas horiñas de programa.
Ultimamente estamos a recibir varios correos nos que solicitades que colguemos xa as entrevistas e algunha que outra cousa das que prometimos en anteriores programas. FARÉMOLO, prometémolo, pero aínda non puidemos mercar os instrumentos tecnolóxicos precisos para acadalo. Pedímosvos un "bocadiño" máis de pacencia... Non lle poñemos data segura, pero en dous ou tres meses conseguirémolo, e aproveitaremos para colgar os que temos atrasados, porque eso si, témolos gardados convenientemente para cando poidamos cargalos. Dádenos un pouquiño máis de tempo que seguro que o conseguiremos.
Ata a vindeira semana. Por certo: Podedes enviar as vosas suxerencias para a emisión do noso-voso programa, que tentaremos facelas realidade.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024
Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...
-
1º SORTEO - CONCURSO Fin de Semana nun Hotel-Vivenda Rural en Galicia. Poñemos en marcha este concurso do que damos cumprida información aqu...
-
Outro sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e escoitamos un bocadiño de música mentres nos poñemos en...
-
Ola Outra vez: Desta volta é para que vos poñades en contacto e comecedes a "reclamar" o voso número para participar no SORTEO OFI...
Ningún comentario:
Publicar un comentario