Seguro que os escoitantes-oíntes de "Sempre en Galicia" descubriron unha nova faceta do noso programa. Estamos a introducir novidades e tentamos poñer en marcha unha nova forma. Quixeramos recibir as opinións e comentarios dos que nos seguides, pero aínda non me puxen ao día nestas novas técnicas para poder amosárvolas. En pouco tempo (espero que antes dun mes) asegúrovos que farei o posible para atender esta inquedanza e desexo compartido por moitos dos colaboradores e coñecidos que estamos nesta mesma teima de falar en galego e comunicármonos con todos vós. Prégovos que sigades á espreita e que teñades un pouco de pacencia. Eu cumplirei coa miña promesa e seguro que será do voso agrado.
No programa de HOXE, comezamos cunha pequena conversa con BALBINA LÓPEZ ÁLVAREZ, a Presidenta do Centro Cultural Galego da "Roca del Vallés", quen nos puxo ao corrente das inquedanzas dos galegos da ROCA e das actividades previstas para vindeiras xornadas, en primeiro lugar a do 29 de XUÑO, que será a FESTA GALEGA NA ROCA. Despois convidou a tódolos oíntes a que visitasen o seu blog, que podedes comprobar no "enlace" que aparece neste noso blog. É unha persoa moi inqueda e moi sensibilizada coas nosas cousas. EStá moi interesada en levar adiante os destiños desa Asociación Galega da Roca del Vallés. Dende aquí ¡Moitos azos e ánimos para seguir adiante!
Comezamos un novo apartado do programa que tentaremos chamar "pequena tertulia", que aproveitamos enlazar entre o anterior director deste programa XOSÉ LAMELA BAUTISTA, xunto con XOSÉ RAMÓN ALONSO DE LA TORRE (escritor e profesor en Extremadura). O tema a debruzar entre nós foi "A RAIA" Portuguesa/Española ao longo da xeografía. Alonso de la Torre introduciunos nesa raia que tan ben coñece porque viviu en Salamanca, en Pontevedra e agora en Extremadura. Deunos pequenos esbozos, xa refrexados no seu libro "La frontera que nunca existió", e fíxonos disfrutar escoitando a súa descrición dos lugares e acontecementos que nos ía relatando cun agarimoso acento galego. A intervención de Lamela axudounos para saber que viña de asistir á inauguración dun monumento adicado ao último xuíz do "Couto Mixto" do que xa temos falado en moitas ocasións, pero que nunca é demais saber deste privilexiado lugar que perdeu os seus dereitos alá polo ano de 1864, momento en que a "Andorra da Raia" que mencionaba de la Torre no seu libro deixou de beneficiarse das particularidades das que disfrutaba. Unha conversa na que soubemos algo máis dos nosos ancestros e deixounos o desexo de saber moito máis, así que prometimos volver a convidalos en vindeiras ocasións para podermos adentrarnos neses marabillosos lugares da nosa xeografía que non é de ninguén, pero que sigue sendo fermosa e nosa.
Dende Galicia, outra vez, na segunda hora, XULIO SIMÓN deunos unha panorámica de novidades interesantes para todos aqueles que o seguimos cada sábado: Comezou coa información do tempo, excelente neste fin de semana -no que aproveitan os labregos para quiemar os rastrollos e podaduras do inverno- a novidade de que "Freixenet" quere seguir a producir o viño Albariño do Pazo expropiado a Oubiña, os grandes acontecementos e actividades programadas con motivo do "Centenario da morte de Curros" así como varias lecturas interesantísimas que el sempre escolle con especial agarimo para todos nós. Precisamente rematou a súa intervención coa lectura dun anaco do lbro "O Catecismo do Labrego", pertencente á colección "O Moucho" que o xornal O País reedita e regala a partir desta fin de semana en Galicia, con motivo do ano adicado a Xosé María Álvarez Blázquez. Tamén nos falou doutras novas, como a estancia de Touriño en París, que aproveitou para falar con altas institucións para que a "Torre de Hércules" o Faro romano que aínda segue a funcionar, sexa declarado Patrimonio da Humanidade... a súa colaboración sempre é ben recibida no noso programa.
Xa no remate atrevinme a batexar este espacio, co permiso de Paco Rivas, co nome de "Recuncho Poético". A primeira palabra por mor de que é un anaquiño do moito que facemos, e poético porque é unha das creacións máis interesantes e importantes da nosa teima e traballo.
A declamación dos catro poemas desta fin de semana foron unha regalía para os ouvidos de tódolos escoitantes. Prometemos que en vindeiros programas tentaremos grabar a súas intervencións e colgarémolas para todos aqueles que desexen recordalas e recrearse coa súa participación inestimable e desinteresada.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024
Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...
-
1º SORTEO - CONCURSO Fin de Semana nun Hotel-Vivenda Rural en Galicia. Poñemos en marcha este concurso do que damos cumprida información aqu...
-
Outro sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e escoitamos un bocadiño de música mentres nos poñemos en...
-
Ola Outra vez: Desta volta é para que vos poñades en contacto e comecedes a "reclamar" o voso número para participar no SORTEO OFI...
Ningún comentario:
Publicar un comentario