domingo, 20 de abril de 2008

Sempre en Galicia : 19 de abril 2008







Este sábado tivemos o estudio cheo de visitas.

* Na primeira hora estivo dona Amelia, directora do grupo de Teatro "Anduriña", acompañada de dúas das compoñentes do grupo, cuxas fotografías acompañamos a esta nova entrada.

* Despois presentamos "en exclusiva e primicia" o primeiro disco de NEIRELA, gracias a Serxio e Alfonso, compoñentes ambos do grupo, e que estaban exultantes coa súa nova producción. Escoitamos varios temas do seu novo e recente traballo. Tamén acompañamos as súas fotos. Aproveitamos para falar de LAMATUMBÁ e OPHIUSA, dos que colgamos sendos videos e música xa que nos enviaron a súas novidades e recentes publicacións. Escoitádeos.

* Na segunda hora tivemos a intervención de Xosé Carlos González, que fixo unha exposición da viaxe tan interesante que realizaron a EE.UU. fai dúas semanas e dixo que se atopa comprometido a levar alá nada menos que un cento de gaiteiros de Catalunya para poder participar no "San Patricio".

* Tamén contamos coa inestimable colaboración de Paco Rivas, que nos deleitou coa súa charla e despedímolo, como sempre, coa súa declamación de varias das súas composicións poéticas, que tanto nos falagan e que ademais serven para ensalzalo espírito de tódolos escoitantes.

* Para finalizar mantivemos unha charla moi interesante co Vicepresidente do Centro Galego de Lleida, don Juan Rodríguez Gómez Dacal, membro do Coral Cengallei, e coa súa directora, dona Rosa González Mahía. Unha ledicia podermos compartir eses momentos agradables. Participaban no Encontro de Corais Galegas de Catalunya, na Igrexa de Sant Jaume, na rúa Ferrán de Barcelona. En vindeiras ocasións, cando o tempo e as posibilidades técnicas o permitan, tentaremos de colgar aquí non só as súas fotografías, senón tamén algunha das intervencións que se produzan perante a realización do programa "Sempre en Galicia".

Ningún comentario:

SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024

Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...