Comezamos, coma sempre, coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e un bocadiño de música para recibir ao noso primeiro convidado:
DOUTOR ANXO CARRACEDO, Catedrático de Medicina Legal, Investigador e experto internacional en xenética. É membro da Real Academia Galega de Ciencias. Dirixe un grande equipo de investigación xenética, e Preside a Academia Mediterránea de Ciencias Forenses e tamén é Presidente da Sociedade Española de Farmacoxenética e Farmacoxenómica. Recíbenos moi amablemente e mantemos unha conversa distendida e chea de engado. Felicitámolo porque xubilouse das clases na Universidade de Santiago de Compostela, pero el precísanos que non se xubilou da faena porque segue traballando na investigación. Agradecémoslle a súa atención e desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos nos seus traballos e nas súas investigacións.
Recibimos a crónica semanal do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY, que nos informa moi resumidamente dalgunhas das noticas que escolle, relacionadas coa contorna daquelas terras galegas. Os interesados poden completar a información na páxina quepasanacosta.gal. Tamén nos volve a lembrar que este programa escoitarase mañá, domingo, en Radio Roncudo, a partir das dez da mañá. Agradecémoslle a súa aportación semanal.

Despedímonos do noso correspondente con música e, esa mesma música, sérvenos para recibir ao segundo convidado RICARDO, da Asociación Muiñeiros do Río Tripes. Infórmanos de que o día 1 de maio celebrarase a "XXIII Romaría Os Noso Fariñeiros Burros e Muiños". O programa contempla unha serie de actuacións interesantes, comezando cunha Treboada ( con bombo de grandes dimensións) ás nove da mañá, Pregón a cargo da Asociación ABUFA, obradoiros para cativos, intervención e interpretación de cancións a cargo das pandereteiras "Arranca Xestas", actuación das bandas de Gaitas Xuntanza e Inquedanzas, das parroquias de Randufe e Pazos de Reis. Durante todo o día estarán en funcionamento os muiños que elaborarán fariña que empregarán para facer pan e bica de millo, que tamén se poderá mercar. Agradecémoslle a súa atención e desexamos que teñan moito éxito.

A segunda hora comezámola con música e conectamos co noso correspondente
XOAN ARCO DA VELLA, viaxeiro e reporteiro gráfico-audiovisual, que nesta ocasión atópase no Monte de San Martiño. Dámoslle a benvinda e felicitámolo porque nesta ocasión ten a encomenda de axudar a descubrir e disfrutar a un grupo de cativos que visitan o "Parque Arqueolóxico Outeiro das Mouras" (Salcedo-Pontevedra), tal e como nos informa a
Secretaria do Monte da Comunidade de Veciños de Salcedo, MARÍA del Puerto Garrido. Fainos unha pequena descrición de cómo se recuperou este prezado patrimonio que antes empregaba o exército ao completo. Tamén mantemos unha pequena conversa con
MAIKA, Presidenta do CEIP Plurilingüe "A Carballeira" de Lourizán, que é a procedencia dos cativos que están de visita neste fermoso lugar. Agradecémoslle a súa fantástica conexión e información detallada. Desexamos que teña unha feliz semana.
Escoitamos algunha peza musical máis, e aproveitamos para anunciar a próxima celebración da "Feira do Polbo e Serán" que organiza a nosa Asoc.C.G.Rosalía de Castro, diante da Entidade (rúa Federico Soler, 71) o día 9 de maio a partir das 14 horas. Tamén anunciamos a seguinte intervención do noso correspondente Xulio e despedímonos ata o vindeiro sábado á mesma hora.
Ofrecémoslles a colaboración do noso correspondente XULIO SIMÓN RÚA, que cada semana nos envía, dende Combarro, a súa crónica cultural e informativa chea de engado e finaliza propoñendonos escoitar unha peza de música escollida por el.
Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario