sábado, 18 de abril de 2026

SÁBADO 18 de ABRIL do 2026

Comezamos, coma sempre, coa nosa sintonía e as salutacións oportunas. Disculpamos a presencia do noso compañeiro ARMANDO FERNÁNDEZ, que aínda segue un pouco delicado e desexámoslle que pronto se recupere. Escoitamos un bocadiño de música e aproveitamos para recibir ao noso correspondente na Costa da Morte OSCAR REY, que sempre ten preparada unha crónica, escollida entre as moitas, daquela contorna. Os interesados poden amplialas na páxina quepasanacosta.gal. Tamén nos lembra que este programa poderá escoitarse mañá, domingo a partir das dez da mañá en Radio Roncudo. Agradecémoslle a súa aportación semanal, tan aprezada por nosoutros e polos nosos escoitantes.

Continuamos escoitando outro bocadiño de música e conectamos con SERXIO SANTOS OTERO, Director do Documental que leva por título: A LUZ DAS ÁNIMAS, producido por lémbrame.gal.  Foi recentemente estrenado en youtube, pero tamén se ten presentado en varios Museos, como o Museo Etnográfico Liste de Vigo, o Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela, na Aula Cantarela de Allariz e no Festival de Cine de Ourense. Dámoslle a ben-vinda e parabenizámolo por ese traballo e desexámoslle que teña moito éxito.

Seguimos a emisión e recibimos ao noso correspondente viaxeiro, reporteiro gráfico e documental XOAN ARCO DA VELLA, que nesta ocasión nos fala de Arzúa e dos arredores. Estivo na Fonte Santa, onde se celebra unha romería. A lenda fala de que os pelegríns ían a esa fonte porque tiña propiedades curativas. Seica había unha moura que lle gustaba moito acaparar e que se converteu nunha estatua e, que seica está soterrada naquela zona. Tamén se achegou á "Capela da Mota", adicada a San Bartolomeu, San Mateo e San Simón. Está dentro dunha carballeira (bosque de robles) moi ben coidada e con moita densidade. Lugar recomendable para visitar.

Conectamos novamente con Galicia para falar con PEPE FORMOSO, do Hotel Literario Bela Fisterra, que nos informa de varios acontecementos moi interesante realizados no Hotel. Outro acto importante foi a Asamblea Xeral Ordinaria de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM), así como tamén nos informa da celebración doutro evento que se fixo onte mesmo, venres, no Bela Muxía: Canciones de Santiago (un Concerto Gratuito con Cancións escritas no Camiño) máis información este link: https://www.singmebackhomesongwriting.com/santiagomuxia-esp. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos.

Falamos con GUSTAVO PINO SALGADO, escritor galego que ven de publicar TRAICIÓN A ISOLDA, unha novela ambientada na Edade Media, que ten como lugar de descrición a zona de Monterrei e o Val do Río Támega, aínda que tamén aparecen outros lugares non moi lonxanos, como o Condado de Sanabria e outras localizacións. Agradecémoslle a súa información detallada e desexámoslle que teña moito éxito. Os seus libros pódense adquirir na páxina https://www.bubok.es/autores/gustpino,  en Amazon ou noutras plataformas. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que teña moito éxito.

Despedimos o programa ata o vindeiro sábado á mesma hora, e aproveitamos para anunciar que a continuación escoitaremos a colaboración do noso correspondente dende Combarro.

Temos a colaboración de XULIO SIMÓN, o noso correspondente nas Rías Baixas, que sempre nos deleita coa súa aportación cultural diversificada e moi entretida, rematando cunha peza musical escollida.

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro. 


Ningún comentario:

SÁBADO 18 de ABRIL do 2026

Comezamos, coma sempre, coa nosa sintonía e as salutacións oportunas. Disculpamos a presencia do noso compañeiro ARMANDO FERNÁNDEZ, que aínd...