sábado, 31 de xaneiro de 2026

SÁBADO 31 de XANEIRO do 2026

Outro programa máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de másica para ir adubiando este noso programa. Hoxe temos que disculpar ao noso correspondente Oscar Rey dende Costa da Morte, porque se atopa na entrega dos "Premios Educa". Polo tanto a primeira conexión é con FERNANDA FOLLANA NEIRA, a nosa correspondente nos Ancares Lugueses, que nos fala da recente inauguración dun establecemento moi novidoso: Un Colmado, que leva por título DA LAMA. Moi interesante a proposta destes novos propietarios que ofrecen productos da zona e certas innovacións que, de momento, están sendo moi ben recibidas. Tentaremos entrevistar aos seus propietarios. Tamén nos comenta que se presentará o libro do escritor vigués Domingo Villar, a praia dos afogados. E finaliza a súa intervención comentando o asunto do clube de lectura ao que ela mesmo pertence. Agradecémoslle a súa aportación.

Silvia Facal, Sara Varela e Rafa Varela

A seguinte comunicación é con RAFA VARELA, do Hotel Boutique Balarés Restaurante, en Ponteceso, na Costa da Morte. Parabenizámolo porque acaban de recoller o Premio ao Mellor desayuno de Hotel do 2026, no Madrid-Fusión. O servicio de bollería ven da panadería Forniños (veciños). Agradecémoslle a súa atención e tamén o felicitamos porque o seu restaurante ben de recibir o ano pasado a confirmación do Sol da Guía Repsol que acadara xa no 2023 e 2024. E neste ano 2026 é un Restaurante recomendado na Guía Michelín. As súas ofertas gastronómicas están elaboradas con productos de proximidade cociñando con moito repeto o seu producto, baseado todo no recetario tradicional e cunha visión contemporánea. Na cociña está Silvia Facal e tamén acompaña ao equipo Sara Varela. Desexámoslles que sigan colleitando moitos éxitos.
  

Falamos con VICTOR de LLANOS ESPINOSO, da A.C.G. AGARIMOS de Badalona, que nos fala das actividades previstas próximamente. Xusto están a preparar a celebración do "Entroido-2026" participando no pasa-rúas da cidade, disfrazados cunha alegoría adicada ao "lume" (adianto do que pode ser, xa que non se sabe nada ata o día do desfile). A celebración completarase coa degustación dun bon cocido. Todos aqueles interesados na revista "A Palloza", que saíu ao prelo no mes de novembro pasado, poden pasar pola Asociación e recollela gratuitamente. Tamén nos adianta a celebración da "Festa de AGARIMOS", prevista para os días 16 e 17 de maio próximos. Contarán con algunha participación de Galicia (aínda non se pode publicar, xa que están aínda en negociacións).  A ubicación do evento será na Praza Trafalgar de Badalona.

Xoan Arco da Vella

Recibimos a colaboración do noso correspondente reporteiro e documentalista gráfico: XOAN ARCO DA VELLA, que nesta ocasión lévanos a terras da comarca do Deza percorrida polo rio Ulla. O lugar escollido é o blaneario (abandonado hai tempo) de Ponte Vilariño na Agolada. Sempre nos achega a lugares non moi visitados, pero que teñen algo de especial e interesante. Infórmanos de cómo chegou a esa localidade e aporta as súas recomendacións para visitar o lugar. Agradecémoslle a súa aportación.

Despedimos o programas por mor dun asunto que temos que atender, pero informámoslles que a continuación escoitaremos ao noso correspondente dende as Rías Baixas. Desexamos que teñan unha feliz semana.


Escoitamos agora a crónica - Colaboración do noso correspondente XULIO SIMÓN, dende Combarro. Unha boa aportación cultural relacionada coa emigración dos galegos a Cuba.

 

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.


Ningún comentario:

SÁBADO 31 de XANEIRO do 2026

Outro programa máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de másica para ir adubiando este noso pro...