Comezamos coa nosa sintonía de sempre. Dámoslle a benvindo e celebramos a presenza do noso compañeiro
ARMANDO FERNÁNDEZ, que volve a estar con nosoutros, despois de varios día de convalecencia, bastante recuperado xa. Tamén agradecemos o labor do noso técnico Kiko Belinchón, que grazas a el contamos coa difusión no "face" do noso programa. Despois de escoitar un bocadiño de música poñémonos en contacto co noso primeiro convidado, que é don
MIGUEL ANXO SEIXAS SEOANE, Historiador e Presidente da
Fundación Castelao. Felicitámolo porque acaban de concederlle un dos Premios Peña Novo, da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística. E recibimos cumprida información de actos e eventos aos que ten que asistir por mor de celebracións que ao longo do ano están a realizarse, xa que este é o Ano Castelao. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos.
A segunda intervención é a do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR MANUEL REY CALO, que nos envía a súa crónica semanal reducida, e que os nosos escoitantes e seguidores poden ampliar na páxina quepasanacosta.gal, e tamén nos lembra que este programa re-emitirase mañá, domingo a partir das dez da mañá en Radio Roncudo, por mediación da súa colaboración.
Continuamos a emisión e poñémonos en contacto con
XOSÉ LUÍS POMBAR, un gandeiro e productor de queixo de cabra con leite crú:
"Queixo Monte Ceo". Ten dúas clases de queixo, dependendo da súa curación, un tenro de poucos tempo de maduración e outro de máis de 90 días de curado. Estes productors pode adquirirse poñéndose en contacto con el no seu teléfono 655 633 312, pero tamén os poden adquirir nas páxinas que nos indica:
luintragourmet.com e
acasadapataca.com. Agradecémoslle que nos atendera e informara tan detalladamente, e desexamos que teña moio éxito.
Recibimos a crónica do noso correspondente, viaxeiro e reporteiro gráfico XOAN ARCO DA VELLA, que nesta ocasión recoméndanos a visita á Serra do Suído, que foi onde estivo aproveitando que se celebraba o dia Internacional do Medio Ambiente. E tamén nos recomenda a visita á Forcarei, concretamente á Fervenza de Quintillàn. Agradecémoslle a cumprida información que nos achega.

Seguimos adiante e conectamos novamente con Galicia, concretamente a zona da Baixa Limia, para falar con
MANUEL LAMELA BAUTISTA. Este noso amigo e poeta, acaba de publicar un libriño de poemas que leva por título:
"Estraloques". O nome deste título ten unha extensa variedade e acepcións. Precisamente el mesmo fixo unha investigación sobre esta pranta tan característica, e atopou moitisimas palabras para definir esta flor. Tamén nos adiantou, un chisco, o contido dos poemas editados, que están e galego, portugués e castelán. Xa ten concretadas varias datas para a súa presentación no Concello de Lobios e tamén, na Casa dos Poetas en Celanova. Desexamos que teño moito éxito.
A conversa co poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS, despois dun tempo sen poder comunicarnos con el, vai en torno á súa creación literaria. Está a traballar nuns micro-relatos, e pensa presentar, no mes de agosto o libriño de haikus, que xa ten editado. Sempre nos agasalla coa lecttura de algún poema. E nesta ocasión declámanos dous poemas do mar. Agradecémoslle-lo.
Escoitamos outro bocadiño de música, e a presentación das que cantan, por parte de
Carlos Nuñez, que será o artista principal que inaugurará a próxima "Festa Galega" de Can Mercader, prevista para a fin de semana do 20, 21 e 22 de xuño. No cartel informativo están especificadas as distintas actuacións. Convidamos a tódolos nosos escoitantes e seguidores a que asistan a tódolos actos que se realizarán. E despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!
Deixamos aquí o programa Completo-Enteiro
Ningún comentario:
Publicar un comentario