
Outro sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música para recibir ao primeiro convidado desta semana:
XOAN, da "Guía Furanchín". Agradecémoslle a súa participación e comentamos con el as dificultades que están a experimentar os Furanchos por mor das excesivas restricións que lle están a poñer algúns concellos. Un exemplo moi destacad é o do Concello de Redondela, que está a realizar algúns controis demasiado meticulosos que fan bastante difícil a tarefa de atención dos Furanchos daquela contorna. A continuidade e explotación destes establecementos familiares tan exclusivos e rurais, fan que as familias que as rexentan se vexan obrigados a cmprir unha normas que superan as esixencias que ten establecidas a Xunta de Galicia. Se non se fomenta e se potencian estes ancestrais locais familiares do rural, posiblemente se vexan obrigados a cerrar, o que representará unha mágoa e perda de postos de traballo moi importantes. Ogallá que non se chegue a ter que lamentar a perda desas explotacións de venta de viño excedente e tapas familiares, que tanto se aprezan. Desexámoslles moitos éxitos.

A segunda intervención é a do noso correspondente viaxeiro e documentalista
XOAN ARCO DA VELLA, que nos relata algunhas curiosidades relacionadas co Santuario: A Virxe da Escravitude, en Padrón, cocnretamente na parroquia de Vila de Cruces. Relátanos algo da crenza e historia cáseque novelada, da creación e posta en valor desa fermosa e interesantísima localidade do Camiño Portugués de Santiago. Agradecémoslle a súa aportación, que nos axuda a coñecer, máis polo miúdo, algunhas curiosidades con detalles moi interesantes.

Falamos coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses,
FERNANDA FOLLANA NEIRA, que ten preparada unha intervención relacionada coa música, concretamente refírese a unha proba que estivo realizando Pablo Deiros, en Compostela. Precisemente compartimos a súa actuación mediante o Facebook noso, para máis audición e coñecemento dos nosos escoitantes e seguidores. Tamén nos comenta algunha que outra cousiña, pero déixanos coa intriga doutra posible información, que seguro no-la fará coñecer nunha vindeira ocasión.
Recibimos a Crónica do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR M. REY CALO, que sempre ten recollidas algunhas informacións moi interesantes daquela contorna. Tamén nos comenta as diferentes localidades que visitou esta semana para dar a coñecer ese traballo tan interesante da IA nas escolas. Volve a lembrarnos que se poden informar máis detidamente na páxina quepasanacosta.gal e que o programa re-emitirase o domingo en Radio Roncudo e Radio Fene.
Despedimos o programa anunciando a audición da 3ª parte da Entrevista a don Xesús Alonso Montero, que o noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, lle fixo en díaas anteriores. Os que estén interesados en escoitala completa terán que visitar os dous últimos programas que temos publicado no noso blog.
Aquí está a terceira parte da Entrevista que lle fixo XULIO SIMÓN RÚA, ao ilustre Profesor don XESUS ALONSO MONTERO. Agardamos que todo sexa do seu agrado.
Deixamos aquí o programa Completo-Enteiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario