sábado, 15 de marzo de 2025

SÁBADO 15 de MARZO do 2025

Unha semana máis con todos vosoutros. Dúas horas de Radio en Galego, para informar e dar a coñecer algunhas das actividades nos Centros Galegos, música, entrevistas e colaboracións dos nosos correspondentes. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións e un bocadiño de música para poñernos en contacto co primeiro convidado CARLOS LABRAÑA, a quen parabenizamos pola recente estrea do seu último traballo a cargo de Tanxarina Títeres: "A biblioteca Galáctica contra a IA Fantástica". Desexamos que siga colleitando moitos éxitos. Comentamos parte da súa traxectoria creativa e agradecémoslle a súa amable atención. Seguiremos en contacto.

Voltamos novamente a Galicia para recibir a crónica do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR M. REY CALO, que nos ten preparadas algunhas das noticias máis salientables daquela contorna, e que poden ser ampliadas na páxina quepasancosta.gal. Tamén lles lembramos que se poderá escoitar este programa na sintonía de Radio Roncudo a partir das dez da mañá, domingo.

   

A seguinte convidada é a nosa correspondente nos Ancares Lugueses, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que tamén parabenizamos polos éxitos que está acadando, xunto co resto do equipo co que participa, na modalidade de orientación en bici. Fainos unha crónica reducida de varias novas interesantes daquela contorna lucense e desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos.

Continuamos a emisión poñendonos en contacto con SILVIA CASTAÑEDA, Presidenta da Irmandade Galega de Rubí, que nos fai coñecedores de varias actividades que teñen previstas para próximasa datas, como son a matanza do porco o vindeiro domingo, a celebración do "VIII Concurso Literario de Relato Curto Manuel Rivas", a celebración das Letras Galegas, a súa Festa Galega en Rubí, a próxima actuación no Luar o día 9 de maio... etcétera. Tamén nos comenta a pasada celebración do "Concurso de Filloas" o mes de febreiro pasado. Desexamos que todo decorra con ben e prometémonos asistir a algún dos actos.

Seguimos escoitando outro bocadiño de música que flamos con PILAR ANSEDE, Presidenta do Centro Galego de Barcelona, a quen tamén parabenizamos polos moitos actos que veñen desenvolvendo, concretamente no día de hoxe está a celebrar un "Bingo-Musical Karaoke".  Teñen previsto facer a presentación do libro: "Mucho que decir y poco que contar" do escritor e periodista Javier Guillén, para o día 23 deste mesmo mes de marzo. Para o sábado anterior, día 22, tamén se poderá asistir á "IRIS-Session", na que poderán participar todos aqueles que se queiran sumar cos seus instrumentos. En días anteriores entregaron o Premio María Violeta-2025 a dona Elvira Veloso, un fermoso recoñecemento a unha grande muller. Propoñemos manter con ela e a propia presidenta un monográfico radiofónico para que nos explique unha morea de experiencias que nos podería comentar. Agradecémoslle a súa atención.

Recibimos a crónica do noso correspondente viaxeiro, fotógrafo e documentalista XOAN ARCO DA VELLA, que nesta ocasión fálanos da súa participación nunha xuntanza entroideira en Nogueira de Ramuín, parando a xantar en Luintra. Sempre é moi acaída a súa participación.

E para finalizar escoitamos a Segunda parte da Entrevista que o noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN RÚA, que fixo a don XESÚS ALONSO MONTERO. Aproveitamos para despedirnos ate a vindeira semana á mesma hora.

Deixamos aquí o programa Completo-Enteiro:

Ningún comentario:

SÁBADO 29 de MARZO do 2024

Comezamos unha nova entrega do noso programiño semanal, coa nosa sintonía de sempre, as salutacións aos nosos escoitantes e seguidores, e of...