sábado, 14 de decembro de 2024

SÁBADO 14 de DECEMBRO do 2024

Unha nova emisión deste programa que pretende ofrecerlles dúas horas de Radio en Galego, con entrevistas, informacións e comunicacións dos nosos correspondentes e colaboradores. Comnezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións e escoitar un bocadiño de música, poñémonos en contacto co noso correspondente na Costa da Morte OSCAR M. REY CALO e tamén con FINA PAULOS LAREO, que entrevistamos para que nos falen do libro recentemente publicado: "INTELIXENCIA ARTIFICIAL PARA A SOCIEDADE", editado por Medulia. unha conversa moi interesante e chea de información que nos invita a mercalo. Desexamos que teñan moito éxito.

A segunda intervención, conversa-entrevista é con XABIER BLANCO, creador da FUNDACIÓN LEGAR, na localidade de A Seara. Trátase dun museo que recolle nada menos que mil douscentos instrumentos tradicionais de raiz, xunto con partituras e músicas tradicionais. Este grande proxecto que puxo en marcha xunto coa súa dona MARTINA FERRADAS, foi o resultado de moitos anos de investigación e recolleita de documentación. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.

Falamos, a continuación con XOSÉ GONZÁLEZ MARTÍNEZ, Presidente do Foro Peinador, e impulsor do proxecto "Restauración da Memeoria Lingüística". Cóntanos varias das actuacións que tiveron lugar este último trimestre e tamén nos comenta algunha das que se van a realizar o día 7 deste mes de decembro próximo, na cemiterio da localidade de San Mamede de Momán. Unha Restauración e homenaxe a Jesús Paz Paz, coñecido por "Suso O Panadeiro", que foi un impulsor do noso idioma. parabenizámolo por ese traballo que están a realizar e desexámoslle boas Festas e un ventureiro aninovo 2025.

Continuamos a emisión conectando novamente con Galicia para falarmos con Miriam Rodríguez Sánchez, responsable a nosa Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá, que aproveita a ocasión para felicitarlle estas Festa Nadalencas aos nosos escoitantes e seguidores e desexarnos un feliz aninovo 2025.

 

A comunicación co Poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS, tamén é para felicitarnos nestas datas e desexarnos bon aninovo 2025. Comuniícanos que está xa na imprenta o seu ultimo traballo creativo, un libriño de haikus que xa nos indicará o día que sairá ao prelo para podermos disfrutar del. Nosoutros enviámoslles os nosos mellores desexos.

Felicitamos e parabenizamos a FRANCISCO VALEIRAS GONZÁLEZ, QUICO  para os amigos, que ven de ser premiado co 1º gañador do "XXXVIII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà", polo seu poema que leva por título: "Brillar (algúns textos para vecEDIPO). Este é un primeiro contacto que ampliaremos en vindeiras datas para coñecer máis polo miúdo a súa traxectoria creativa.

A conexión con XOAN ARCO DA VELLA, o noso correspondente viaxeiro etnográfico e reporteiro empedernido, que nos fala da visita á "Festa da PISA en Froxan" nas terras do Courel. Coméntanos algunhas cousas curiosas desta celebración, e moi concretamente a degustaciòn do prato que degustou confeccionado con castañas, chourizo e touciño cocidos, acompañado dun bon caldo galego. Non quere deixar a súa participación sen comunicarnos e recomendarnos a visita ao Belén de Moraña, que está realizado por aportacións das nove parroquias do Concello de Moaña. Unha verdadeira obra de arte digna de contemplar.

A crónica do noso correspondente XULIO SIMÓN RÚA, nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, finaliza a emisión de hoxe.

 

Deixamos aquí o programa Completo-Enteiro.

Ningún comentario:

SÁBADO 14 de DECEMBRO do 2024

Unha nova emisión deste programa que pretende ofrecerlles dúas horas de Radio en Galego, con entrevistas, informacións e comunicacións dos n...