A segunda gravación é a conversa-entrevista que mantivemos con SILVIA PENAS ESTÉVEZ, poeta que foi premiada polo seu texto: "Canto segundo para un fillo non nado", no aRi(t)mar Galiza e Portugal. Falounos dese traballo, da súa traxectoria escrita e creativa. Tamén nos comentou algunha cousa relacionada co proxecto de poesía escénica Cintaadhesiva. Agradecémoslle a súa participación e desexámoslle moitos éxitos.
A terceira participación é tamén outra poeta: SILVIA MOTA LOPES, a gañadora do aRi(t)mar Galiza e Portugal, pola súa poesía "Ha mulheres que trazem". É unha poeta, pintora, ilustradora e autora de literatura infanto-xuvenil, que nos atende moi amablemente e coméntanos algo da súa traxectoria creativa. Agasállanos coa lectura de dous poemas seus, moi feiticeros, que lle agradecemos e desexamos que siga colleitando moitos éxitos.
E finalizamos as conexións de hoxe coa participación do noso colaborador HENRIQUE FERNÁNDEZ-MON SÁNCHEZ, que sempre ten algunha cousa interesante que comunicarnos. Nesta ocasión fálanos da súa propia colleita particular de olivas e aceite precisamente na zona da Ribeira Sacra. Naquelas terras comenta que é onde se está a recuperar o cultivo de aceite con dúas variedades moi importantes para unha boa producción de aceite, que se cotiza moi ben e está a ter unha demanda interesante. Agradecémoslle a colaboración que sempre está disposto a facernos.
Deixamos aquí o programa enteiro-completo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario