Outra emisión máis do "Semprengalicia" de cada sábado. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións e un bocadiño de música para poder poñernos en contacto co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR MANUEL REY CALO, que nos fala dende Baio, onde está a participar na celebración dos Premios FOUCIÑO-2024 para as "curtas" que se presentaron, e na que participa o noso correspondente xunto con Fina Paulos Lareo. Unha participación curtiña que nos serve para que os nosos oíntes e seguidores se informen da próxima entrega deses premios e que se desexan coñecer máis actualidade, que se metan na páxina quepasanacosta.gal. Mañá, domingo, voltarán a escoitar este noso programa de hoxe, en Radio Roncudo, a partir das dez horas.
Escoitamos outro bocadiño de música e poñémonos en contacto con
PABLO GONZÁLEZ, da Adega EDV 2015, para felicitalo polo extraordinario traballo que estan facendo e polos Premios acadados ultimamente, pero moi especialmente pola inicitaiva de coordinación que acaba de poñer en marcha: Recoller alimentos e produtos de primeira necesidade en establecementos específicos, que embalarán para envialos en dous camións a Valencia. Un traballo altruista e de grande responsabilidade, que ten moi ben organizado e coordinado con personal daquela zona afectada, pola grande desgraza acontecida esoutro día coa Dana asoladora. Desexamos que teñan moito éxito e voltamos a felicitalo por esa fermosa iniciativa chea de solidariedade desinteresada e de grande colaboración. Agradecémoslle a información que nos facilita e desexamos que teñan moito éxito nesa tarefa humanitaria.
O seguinte convidado é VICTOR HUGO VASCONCELOS, Profesor e Estudante brasileiro que está a investigar e preparar o seu segundo doutoramento cunha Tese relacionada cos nosos idiomas galego, portugués e brasileiro. A súa comunicación é moi afable e ponnos en coñecemento ese traballo tan específico, así como a colaboración con escolas brasilerias e institutos galegos para intercambiar experiencias. Fainos unha pequena exposición dos temas que está a traballar e combinamos que en vindeiras datas voltaremos a comunicarnos para saber algo máis dos seus avances. Agradecémoslle a súa amable atención.
Falamos con
Henrique Fernández-Mon Sánchez, que foi Presidente da nosa Entidade e director, no seu momento deste mesmo programa. Grande amigo e colaborador que sempre está disposto a participar con nosoutros. Fálanos dos magostos que se están a celebrar pola contorna, da proba do viño novo e doutras cousas que tamén son de interese para tódolos nosos oíntes e seguidores. Coméntanos que tamén está a preparar a música para mudar a sintonía do noso programa, que fai tempo temos previsto facer. Desexamos que pase unha feliz semana.
A conexión é co noso viaxeiro e reporteiro audiovisual e gráfico,
XOAN ARCO DA VELLA. Nesta oacisón tennos preparada unhas recomendacións de visitas moi interesantes. Puntualiza unha pequena cuestión relacionada coa visita da semana pasada á capela de San Miguel pola zona de Arnoia. E trasládanos a Valga, para coñecer unha fervenza moi fermosa. Despois de adentrarnos no Concello de Curtis, visita imprescindible e moi interesante, tamén nos recomenda achegarnos a unha zona cercana, concretamente na aldea de Ceboleira, que ao parecer alí se atopa unha agrupación de pedras en forma de "mesa xigante" que denominan "Pedra Filga", unha agrupación de pedras graníticas dignas de admirar. Agradecémoslle a súa aportación tan interesante e despedímolo ata o vindeiro sábado.
Agradecemos a visita de
MIRIAM RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, representante de Cultura da
A.C.G.Rosalía de Castro, que formará parte do equipo que levamos adiante esta emisión. Infórmanos das diferentes e próximas actividades que se vana realizar, a Paellada Popular, diante da Entidade para o vindeiro día nove de novembro, a próxima viaxe de grande relevancia a México, convidados pola Casa Galega de México, para celebrar con eles o San Martiño, a partir do día 23 de novembro. Tamén se están a realizar as diferentes partidas do Campeonato de Tute. Temos que lembrar que o mesmo día da paella, que será gratuita para tódolos socios, teremos a Asemblea Ordinaria. Desexamos que teñan moito éxito nese magnífico evento.
E finalizamos a emisión conectando co Poeta da Mariña Luguesa PACO RIVAS, que sempre ten unha conversa moi agradable informándonos das súas próximas publicacións previstas, e agasallános coa lectura dun pequeno pero moi fermosa creación poética del. Despedímonos ate a vindeira semana.
Deixamos aquí o programa enteiro e completo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario