sábado, 9 de novembro de 2024

SÁBADO 9 de NOVEMBRO do 2024

Unha tardiña máis con todos vosoutros para pasar dúas horas entretidas e cheas de noticias, comentarios, entrevistas, música e coñecementos varios. Despois da nosa sintonía de sempre, as salutacións oportunas e disculpando a presencia do noso compañeiro ARMANDO FERNANDEZ, que se atopa descansando por mor dunha pequena indisposición, poñémonos en marcha dándolle as grazas ao noso técnico Kiko Belinchón, porque el é o artífice de que esto siga adiante e se poida emitir. Tamén saudamos moi encarecidamente a dúas persoas que nos visitan nos estudios: GUSTAVO PINO SALGADO, escritor galego, e a súa dona SALOMÉ MOURE SAA. Escoitamos un bocadiño de música e despois conectamos con Galicia para recibir a crónica do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR MANUEL REY CALO, que coma semper nos informa sucintamente das novidades daquela contorna, e que todos poden agrandar e coñecer moito mellor visitando a páxina quepasanacosta.gal. Agradecémoslle a súa colaboración e despedímolo tamén con música.

O segundo convidado e CESAR PAZOS CARRERO, escritor e profisional multifacético, con quen mantemos unha conversa-entrevista chea de ensino e moi interesante. Centrámonos na súa faceta escrita e concretamente en dúas publicacións que estan tendo unha repercusión moi importante en moitos foros participativos, son: "A COMUNIDADE DAS NACIÓNS e A COROA DA ALIANZA". Embelesados quedamos coas súas esplicacións que case nos "destripa" a trama completa desa súa escrita literaria. Agradecémoslle a participación de hoxe e comprometémonos voltar a falar con el en vindeiras datas.



A seguir tomamos de novo a conversa cos convidados nos estudios. GUSTAVO PINO SALGADO e SALOMÉ MOURE SAA, que nos falan un pouco, de tres libros que autopublicaron e que teñen que ver cos seguintes títulos: MI PIEL, LAS SEIS CONDICIONES e PIPA GULETA. Descúbrenos, Gustavo, parte das tramas que se atopan nestas publicacións que seguro engancha aos lectores. Tamén nos comenta cómo se poden adquirir as súas novelas, que moi fácilmente se poden poñer en contacto con el mediante Internet, porque aparece en cualquer buscador que procuren. Salomé aproveita para lernos algo moii específico de sendas novelas. Agradecémosllelo. Faremos o posible por seguir informando aos nosos escoitantes e seguidores posto que imos combinar a posibilidade de continuar esta conversa nun próximo programa.


Recibimos a crónica do noso viaxente e decubridor gráfico XOAN ARCO DA VELLA, que esta tarde nos fala da visita ao Mosteiro de OSEIRA (Cea), destacando a Sala Capitular,  e un percorrido patrimonial en sendas poblacións cercanas, como Cea e Dozón, onde precisamente se parou a xantar un bo polvo acompañado do pan denominación de orixe Cea, viño do Ribeiro e unha carniña -churrasco concretamente- coas súas patacas...  Unhas recomendacións moi engaiolantes e moi cheas de interese cultural e patrimonial. Despedímolo con música e despedímonos tamén nosoutros ate a vindeira semana á mesma hora.


A continuación escoitamos a crónica do noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN RÚA, que nos ten preparada unha intervención chea de novidades culturais moi interesantes.
 
Deixamos aquí o programa enteiro.

Ningún comentario:

SÁBADO 9 de NOVEMBRO do 2024

Unha tardiña máis con todos vosoutros para pasar dúas horas entretidas e cheas de noticias, comentarios, entrevistas, música e coñecementos ...