Saltar ao contido principal

SÁBADO 6 de ABRIL do 2024

Unha nova emisión, despois das "ferias de Semana Santa". Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e propoñemos escoitar a participación do noso incondicional ointe, dende Río de Janeiro, CHRISTIAN SALLES, que nos adianta o tema que imos a tratar hoxe, co noso primeiro convidado.

Tal e como lles adiantabamos, escoitamos o comezo dunha nova peza musical e poñémonos en contacto con MODESTO FRAGA MOURE, escritor, investigador e poeta de Fisterra. Parabenizámolo polo seu traballo tan interesante relacionado coa "Biblioteca de Fisterranía". Xa leva publicado tres volumes de persoeiros sobranceiros daquelas terras. Este último recolle a vida e grandes obras de "Don Emérito" o Médico dos pobres: Desiderio Paz Figueroa. Mantemos con el unha conversa.entrevista chea de engado e aprendizaxe. O seu traballo céntrase e deixar documentado e recollido todo o material relacionado cos personaxes daquela contorna. Unha grande laboura, que continúa e que seguro terá moitos éxitos. Agradecémoslle a súa participación no noso programa de hoxe.

Continuamos o programa e recibimos a dona MARÍA LUISA ABAD, Presidente do "Ateneo Atlántico" de Vigo. Mestra, Licenciada en Filosofía e Letras e en Pedagoxía,Asesora de Educación Infantil, Orientadora escolar, Poeta e Escritora. Felicitámola polo traballo que está levando a cabo no Ateneo, e fainos partícipe das actividades previstas para este mes de abril, que comprenden exposicións, presentacións de libros, recitais poéticos, visitas culturais,  cinemAteneo, club de lectura... etcétera. Todo un compendio de Cultura Galega de calidade. Agradecémoslle a súa particpación e desexamos que colleiten moitos éxitos.
 

Escoitamos outra peciña musical e poñémonos en contacto con XOSÉ RODRÍGUEZ DÍAZ, Secretario da Fundación Vicente Risco de Allariz. Temos noticia das moitas actividades que veñen desenvolvendo ultimamente, pero na conversa con el recibimos información detallada dos próximos acontecementos, todos relacionados coa Fundación: Hoxe mesmo, pola mañá, presentación do libro de María Reimondez: A casa do amo; Espectáculo "A todo RISCO" do actor Avelino González, que realizará no Cole de Cea o próximo día 8 e máis cousas cheas de interese, que escoitaredes na conversa mantida.

 

A seguinte é a participación do noso colaborador "viaxeiro fotógrafo" XOAN ARCO DA VELLA, que nos comenta as últimas visitas que estivo realizando estes días pasados. Hoxe ven de recorrer as terrasa de Salceda de Caselas, parándose en Porriño para fotografar un recuncho de grande interese, que próximamente publicará na súa páxina. Agradecémos a súa aportación.

Despedimos o programa porque temos o compromiso de achegarnos ao Centro Galego de Barcelona, que está actuando o noso admirado amigo "Alberte Montes".

Antes de finalizar deixamos aquí a crónica semanal do noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN RÚA, que sempre nos aporta información cultural moi interesante.

Deixamos aquí o programa enteiro.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Resultado do Iº CONCURSO-SORTEO do noso programa "Sempre en Galicia"

Con motivo do "23 aniversario" da posta en marcha do programa "Sempre en Galicia" realizamos este 1º Concurso-Sorteo para agasallar aos nosos oíntes e seguidores. Gracias aos promotores e patrocinadores que desinteresadamente nos ofreceron as súas Vivendas Rurais, queixos e productos. O xogo consistiu en que tódolos interesados tiñan que enviar un correo electrónico ao noso enderezo semprengalicia@gmail.com e facer un comentario no noso blog, ou ben chamar por teléfono a Radio Cornellà solicitando un número. Os participantes e números entregados foron os seguintes: 01 Rubén Alonso. 02 Mª José Jarba. 03 Paz Zeltia. 04 Chousa da Alcandra. 05 Piska. 06 Tapi 8. 07 Fernando. 08 Rafa Muñoz. 09 Vanessa. 10 Ceip C-Dena. 11 Ofir Enríquez. 12 Olga Seco. 13 Oliver Regueiro. 14 Vicente Maza. 15 Xus Vizcaia. 16Oscar Oliver Soler. 17 Mª Luísa. 18 Kike. 19 Carlos Sousa. 20 Sebastián Santiso. 21 Carmen Alvarez. 22 Mª Paz Garrido. 23 Julio Gacía Rex.

SÁBADO 18 de NOVEMBRO do 2023

Un sábado máis con todos vosoutr@s, tentando levar adiante este programa de dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións saudamos a un convidado especial que nos visita nos estudios: ANTONIO REY (TOTÓ) , que é das Ermitas.   Escoitamos un bocadiño de música e trasladámonos (telefónicamente) á Costa da Morte, para recibir ao noso corespondente OSCAR REY CALO , que ten preparada a súa crónica semanal relacionada coas noticias daquela contorna, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.ga l, como vimos informando cada semana, o mesmo que lles lembramos que este noso programa re-emítese en Radio Roncudo os domingos a partir das dez da mañá. Agradecementos para Oscar e desexámoslle feliz semana. A continuación mantemos unha longa conversa con ANTONIO REY ( Totó). Falamos daquel Val das Ermitas tan feiticeiro, das Festividades que se fan, dos produtos de primeira calidade que se poden disfrutar ali, dos viñedos espectaculares, das ol

SÁBADO 2 de DECEMBRO do 2023

Outro sábado máis con todos vosoutros, pero nesta ocasión con visita nos estudios, moi especial e moi honrosa: Os Membros do Xurado do "XXXVII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà". Dámoslles a ben-vida e mantemos unha pequena conversa coa Presidenta dona CHARO GOLMAR e con ARMANDO REQUEIXO . É un pracer poder conversar con eles. Concretamente Charo fará a presentación de dous libros da súa autoría: "No bico do vento" e "Alma de Nadal". A grande festa que a Asociación C.G.Rosalía de Castro realiza cada ano, con motivo do Certame de Poesía, convértese sempre nunha grande afluencia de socios, amigos e simpatizantes, que son recibidos con música da propia Banda da Asociación. Despois, durante a cea de convivio, danse a coñecer os Premiados dese Certame. Recibimos a crónica do noso colaborador na Costa da Morte OSCAR REY CALO , que cada sábado ten preparada, coas noticias e informacións escollidas daquela contorna galega. Moitos dos nosos escoitant