Saltar ao contido principal

SÁBADO 13 de ABRIL do 2024

Outro sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións oportunas e un bocadiño de música para recibir ao noso correspondente na Costa da Morte OSCAR MANUEL REY CALO, que nos comunica as diversas noticias acontecidas, durante a semana, naquela contorna e que se poden ampliar más detidamente na páxina quepasanacosta.gal, ademais volve a informar que este noso programa re-emítese mañá, domingo, na emisora "Radio Roncudo" a partir das dez da mañá. Agradecémos a súa aportación e desexamos unha boa fin de semana.

Conectamos agora con ANGELA COSTAS PARADA, Pintora galega, Ilustradora de grande prestixio, que foi elixida para ilustrar o libro de poemas premiados nos 5 últimos anos do Certame Internacional de Poesía Galega Rosalía de Castro de Cornellà. Cóntanos as súas experiencias creando ilustracións e aportacións feiticeiras para moitos autores, tanto de narrativa como poética. A súa inspiración e traballo creativo plásmase nunha imaxe que ela atopa na lectura das poesías ou un personaxe que se menciona nos textos que lle propoñen. Agradecémoslle a súa participación de hoxe e desexamos que teña moitos éxitos.

Seguimos escoitando un pouco de música e damos a coñecer as actividades que ten previsto realizar a nosa Asociación C.G.Rosalía de Castro de Cornellà, durante este mes de abril e o mes de maio, que é onde se centran as máis importantes: A Festa Galega de Can Mercader, para a fin de semana do 31 de maio, 1 e 2 de xuño. Actuación estelar de Hevia para o día da "Noite Celta", coa participación das nosas "Rosalieiras", que tamén actuarán o sábado pola noite e o domingo de clausura da Festa Galega.

 

Conectamos coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses, concretamente en Becerreá, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que ten preparada unha intervención, a modo de crónica, para informarnos de varias e interesante novidades, entre a que destacamos a que se refire a "Asociación Ribeira Cervantega", que anotamos para poder conectar con eles e facerlles unha entrevista para saber cómo e a qué se dedican. Agradecemos a súa colaboración e despedímonos con música.

Falamos agora con XOAN ARCO DA VELLA, que nos informa da súa última visita por terras de Ourense, concretamente pola zona de San Cristobo de Cea, concretamente na aldea de Fatón, onde atopou un horreo que contempla a peculiaridade de ter esculpido un peto de ánimas. En posteriores días, na súa páxina publicará as fotos que lle fixo a ese elemento "curioso" na aldea mencionada. Coméntanos o xantar que estivo degustando e que leva no auto dúas pezas do famosísimo pan de Cea.

Continuamos o programa saudando aos seguidores e oíntes asíduos que nos mandan os seus "Me ghustan" polas redes sociais que estamos empregando para emitir o programa, concretamente dende facebook. Mencionamos ao noso incondicional Christian Salles, dende Río de Xaneiro, a miña prima Olga Vázquez dende Buenos Aires; o matrimonio Máximo e Mercedes, dende Suiza; a nosa seguidora Fina, dende Miami... ¡Moitas grazas a tod@s!

Falamos con PEPE FORMOSO, do Hotel Literario "Bela Fisterra" do hostal "Bela Muxía", que nos informa da decisión que tomaron de nomear a MARILAR ALEXANDRE, como "Madriña" da habitación Marea Viva, en sustitución de Juan Carlos Mestre, o anterior "padriño" da mencionada habitación. Tamén nos adianta outras interesantes novidades relacionadas co asunto literario e outros eventos importantes e de grande interese... mándanos un saúdo dende Mazaricos, terra dos seus avós.

Despedímonos de tódolos nosos oíntes e seguidores ata o vindeiro sábado á mesma hora.

Recibimos a crónica do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN RÚA, que sempre ven acompañada con asuntos culturais moi interesantes e finaliza coa proposta de escoitar unha peza de música escollida por el mesmo.

Deixamos aquí o programa enteiro.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Resultado do Iº CONCURSO-SORTEO do noso programa "Sempre en Galicia"

Con motivo do "23 aniversario" da posta en marcha do programa "Sempre en Galicia" realizamos este 1º Concurso-Sorteo para agasallar aos nosos oíntes e seguidores. Gracias aos promotores e patrocinadores que desinteresadamente nos ofreceron as súas Vivendas Rurais, queixos e productos. O xogo consistiu en que tódolos interesados tiñan que enviar un correo electrónico ao noso enderezo semprengalicia@gmail.com e facer un comentario no noso blog, ou ben chamar por teléfono a Radio Cornellà solicitando un número. Os participantes e números entregados foron os seguintes: 01 Rubén Alonso. 02 Mª José Jarba. 03 Paz Zeltia. 04 Chousa da Alcandra. 05 Piska. 06 Tapi 8. 07 Fernando. 08 Rafa Muñoz. 09 Vanessa. 10 Ceip C-Dena. 11 Ofir Enríquez. 12 Olga Seco. 13 Oliver Regueiro. 14 Vicente Maza. 15 Xus Vizcaia. 16Oscar Oliver Soler. 17 Mª Luísa. 18 Kike. 19 Carlos Sousa. 20 Sebastián Santiso. 21 Carmen Alvarez. 22 Mª Paz Garrido. 23 Julio Gacía Rex.

SÁBADO 18 de NOVEMBRO do 2023

Un sábado máis con todos vosoutr@s, tentando levar adiante este programa de dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións saudamos a un convidado especial que nos visita nos estudios: ANTONIO REY (TOTÓ) , que é das Ermitas.   Escoitamos un bocadiño de música e trasladámonos (telefónicamente) á Costa da Morte, para recibir ao noso corespondente OSCAR REY CALO , que ten preparada a súa crónica semanal relacionada coas noticias daquela contorna, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.ga l, como vimos informando cada semana, o mesmo que lles lembramos que este noso programa re-emítese en Radio Roncudo os domingos a partir das dez da mañá. Agradecementos para Oscar e desexámoslle feliz semana. A continuación mantemos unha longa conversa con ANTONIO REY ( Totó). Falamos daquel Val das Ermitas tan feiticeiro, das Festividades que se fan, dos produtos de primeira calidade que se poden disfrutar ali, dos viñedos espectaculares, das ol

SÁBADO 2 de DECEMBRO do 2023

Outro sábado máis con todos vosoutros, pero nesta ocasión con visita nos estudios, moi especial e moi honrosa: Os Membros do Xurado do "XXXVII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà". Dámoslles a ben-vida e mantemos unha pequena conversa coa Presidenta dona CHARO GOLMAR e con ARMANDO REQUEIXO . É un pracer poder conversar con eles. Concretamente Charo fará a presentación de dous libros da súa autoría: "No bico do vento" e "Alma de Nadal". A grande festa que a Asociación C.G.Rosalía de Castro realiza cada ano, con motivo do Certame de Poesía, convértese sempre nunha grande afluencia de socios, amigos e simpatizantes, que son recibidos con música da propia Banda da Asociación. Despois, durante a cea de convivio, danse a coñecer os Premiados dese Certame. Recibimos a crónica do noso colaborador na Costa da Morte OSCAR REY CALO , que cada sábado ten preparada, coas noticias e informacións escollidas daquela contorna galega. Moitos dos nosos escoitant