sábado, 14 de noviembre de 2020

SÁBADO 14 de NOVEMBRO do 2020

Comenzamos, unha semana máis, outra emisión deste noso programa "Semprengalicia" de dúas horas de Radio en galego. Teremos conexión con Galicia, cos nosos correspondentes, tamén algunha entrevista, novidades e música galega. Despois das salutacións de inicio dámoslle a ben-vinda ao noso Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, Oliver Fernández, que nos acompaña esta tarde. Tamén saudamos e recibimos ao noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista. Comentamos varias cousas relacionadas coa actualidade que estamos a afrontar e tamén nos informa o noso Presidente da próxima celebración da entrega dos Premios do "XXXIV Certame de Poesía Rosalía de Castro" previsto para o día 28 deste mes de novembro, se as circunstancias nolo permiten intentarase realizar dende a Entidade.

Despois conectamos con JAVIER, responsable dunha Empresa que se dedica a enviar e distribuir productos de proximidade, do Rural, con prezos moi asequibles. Trátase de "Retorno al Pueblo", que podedes atopar moi facilmente en Internet. Coméntanos cómo se formou esta iniciativa tan interesante e curiosa, que está a ter moitas demandas e sigue incorporando diversos artículos que poden ser interesantes para os futuros clientes, non só pola calidade senón tamén polo artesanal e naturalidade dos mesmos. Fai público o anuncio de que todos aqueles oíntes e seguidores que fagan unha demanda co nome do noso programa terán unha deducción de 4€uros na súa factura. Agradecémoslle a súa participación.

Continuamos a segunda hora conectando con Xulio Simón, o noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente en Combarro, a quen felicitamos pola posta en marcha da súa páxina: Xulipedia.com. Comenta algunhas cousas sobre os libros, e moi especialmente o de "Contos populares da provincia de Lugo", e lembrándose dos que lle contaba seu avó, explícanos un deles, onde aparecen como protagonistas un cura e o sacristán.

Interrumpimos a crónica de Xulio para darlle a ben-vida á nosa correspondente nos Ancares, Fernanda Follana Neira, que tamén ten preparada unha crónica moi interesante propoñéndonos facer algunhas rutas por aquelas contornas, que nesta tempada de outono son especiais pola diversidade paisaxística e o colorido espectacular. Despídese ate a vindeira semana.

Escoitamos outro bocadiño de música e saudamos ao noso Poeta da Mariña, Paco Rivas. Conversamos entre todos con el. E despídese coa lectura dunha creación poética moi especial, que ten moito que ver coa situación social qu estamos a sofrir nestes momentos. Agradecémoslle a súa sempre estimada colaboración, e despedímonos ate a vindeira semana.

Que teñades unha feliz semana!!!

No hay comentarios:

SÁBADO 21 de NOVEMBRO do 2020

Comezamos dándolles a ben-vinda e saudando ao noso primeiro convidado: Xurxo Souto . Poñemos un bocadiño de música e saudamos tamén ao noso ...