sábado, 21 de noviembre de 2020

SÁBADO 21 de NOVEMBRO do 2020

Comezamos dándolles a ben-vinda e saudando ao noso primeiro convidado: Xurxo Souto. Poñemos un bocadiño de música e saudamos tamén ao noso compañeiro nas locucións, Armando Fernández. Dámoslle os nosos parabens por esa nova publicación que acaba de saír do prelo: Recordos poderosos - Pangalaica. Editado por Galaxia. Coméntanos algunha das historias recopiladas por Xurxo e que recrea con moito acerto nesa publicación, chea de engado. Desexámoslle moitos éxitos e prometémonos voltar a conectar con el para seguir recibindo novidades e actuacións interesantes. ¡Moitas grazas Xurxo!

A segunda conversa-entrevista é con GISELA RODRÍGUEZ, a nosa mantedora e coordinadora do Grupo de Teatro "Anduriña". Non puidemos reunirnos, como faciamos sempre despois de que tiveramos unha actuación, para comentarmos e intercambiar impresións sobre a última interpretación, por mor do cornavirus... Lamentamos a interrupción, pero por outra banda celebramos que aínda que fora a última actividade da nosa Entidade, non houbo que lamentar demasiadas incidencias. Agardamos para vindeiras datas, cando esta pandemia remita, poder seguir ensaiando e interpretando as nosas obras. Xa ten algunha obra de teatro seleccionada para cando poidamos reunirnos, e seguro que pronto poderemos celebralo. Agradecémoslle a súa amable atención de hoxe.

Seguimos adiante e conectamos coa nosa correspondente nos "Ancares Lugueses" dona Fernanda Follana Neira, que ten preparada a súa crónica semanal. Nesta ocasión fálanos da súa experiencia cos lobos na contorna de Becerreá, tamén nos comenta cómo os captou nunha cámara... e para finalizar recoméndanos visitar a páxina de Internet, concretamente Facebook: "Piornedo Anda", que ten propostas de Rutas e Sendeirimo moi interesantes. Despedímonos ate a vindeira semana e escoitamos outro bocadiño de música.

Namentres non conectamos co seguinte convidado, comentamos as ausencias dos nosos correspondentes na Baixa Limia, Xosé Lamela e nas Rías Baixas, Xulio Simón, que por motivos alleos e obrigas persoais, non puideron participar hoxe no programa. Novamente algo de música e voltamos a Galicia.

Finalizamos, como ven sendo habitual nestas semanas de atrás, co noso Poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS. Con quen falamos un chisco, dalgunhas cousas intrascendentes, pero tamén solicitámoslle que nos dedique algunha das súas creacións poéticas, e moi amablemente nos agasalla coa súa recitación. Agradecémoslle-lo e  aproveitamos para despedírmonos del e de tódolos nosos oíntes e seguidores: ¡Até o vindeiro programa!

No hay comentarios:

SÁBADO 21 de NOVEMBRO do 2020

Comezamos dándolles a ben-vinda e saudando ao noso primeiro convidado: Xurxo Souto . Poñemos un bocadiño de música e saudamos tamén ao noso ...