Saltar ao contido principal

SÁBADO 29 de XUÑO dp 2019

Este último programa da tempada 2018-19 encetámolo dándolles a ben-vinda e conectando directamente co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, que nos ten preparada a intervención de don Luís Manuel García Mañá, Presidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto. Falamos con eles sobre a celebración da próxima entrega de varas de mando aos novos Xuíces Honorarios do Couto Mixto a vindeira fin de semana de Xullo. Desexámoslles moitos éxitos e despedímolos ate a próxima conexión que agardamos poder realizala na seguinte tempada.

Continuamos a emisión conectando co Presidente da ASOBECAT, don Juan Pedro Sánchez, a quen felicitamos pola súa honomástica e aproveita para informarnos da entrega dos Alecrins de Honra que se fará en Touro, no mes de Agosto. Os elixidos por parte da Asociación son Embutidos Santa Cruz de Montes na persoa de  don José Antonio Otero e a Empresa Reformas Carrete, na persoa de dona Mercedes. Voltaremos a contar con el cando reanudemos as nosas emisións.

Falamos agora co noso amigo e colaborador Henrique Ferdez.Mon Sánchez, que foi Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro. Dende Galicia propónnos a realización dunha publicación que recolla con precisión e detalle as moitas e interesantes actuacións desta nosa Entidae, facendo fincapé na posta en valor dalgunhas persoas, en particular a de Antonio Díaz, que estivo desde o comezo e inauguración xunto con outras persoas que compre salientar. 

Non podía faltar a intervención do noso colaborador e correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón Rúa, que nesta ocasión atopámolo facendo unha paridiña nunha viaxe que tiña programada. Agradecémoslle a súa atención e o agasallo co que se despide de todos nosoutros, que consiste na lectura de dous poemiñas dunha autora moi  interesante: Cristina Corral Soilán. Desexámoslle que teñan unhas vacación moi gorentosas e un bon verán.

Tamén falamos con LIS LATAS, a quen felicitamos polo traballo tan delicado que acaba de fabricar para un gaiteiro que perdeu un dedo: Un punteiro personalizado cunha chave axeitada para suplir esa deficiencia. Tamén aproveitamos para felicitalo pola Gaita para o Premio Nacional de Artesanía. no seu Obradoiro atópase Pepe Romero, un grande Gaiteiro e Profesor da Banda de Porto do Son. Agradecémoslle a súa colaboración de hoxe no noso programa.

Conectamos co noso Poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas, que ademais de despedirse de todolos nosos oíntes e seguidores para desexarlles un feliz verán, agasallános coa declamación-recitación dun pequeno poema da súa autoría.

Un servidor atrévese a ler o ultimo poema da nosa Poeta Pastora, Nieves Fernández Vidueira, que leva por título : Quixera ser leitarega. E así finalizamos o programa de hoxe, 

Que teñan un feliz verán e unhas vacacións cheas de engado. Comezaremos a nova tempada no mes de outubro. 
¡Sexan Felices!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Resultado do Iº CONCURSO-SORTEO do noso programa "Sempre en Galicia"

Con motivo do "23 aniversario" da posta en marcha do programa "Sempre en Galicia" realizamos este 1º Concurso-Sorteo para agasallar aos nosos oíntes e seguidores. Gracias aos promotores e patrocinadores que desinteresadamente nos ofreceron as súas Vivendas Rurais, queixos e productos. O xogo consistiu en que tódolos interesados tiñan que enviar un correo electrónico ao noso enderezo semprengalicia@gmail.com e facer un comentario no noso blog, ou ben chamar por teléfono a Radio Cornellà solicitando un número. Os participantes e números entregados foron os seguintes: 01 Rubén Alonso. 02 Mª José Jarba. 03 Paz Zeltia. 04 Chousa da Alcandra. 05 Piska. 06 Tapi 8. 07 Fernando. 08 Rafa Muñoz. 09 Vanessa. 10 Ceip C-Dena. 11 Ofir Enríquez. 12 Olga Seco. 13 Oliver Regueiro. 14 Vicente Maza. 15 Xus Vizcaia. 16Oscar Oliver Soler. 17 Mª Luísa. 18 Kike. 19 Carlos Sousa. 20 Sebastián Santiso. 21 Carmen Alvarez. 22 Mª Paz Garrido. 23 Julio Gacía Rex.

SÁBADO 18 de NOVEMBRO do 2023

Un sábado máis con todos vosoutr@s, tentando levar adiante este programa de dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións saudamos a un convidado especial que nos visita nos estudios: ANTONIO REY (TOTÓ) , que é das Ermitas.   Escoitamos un bocadiño de música e trasladámonos (telefónicamente) á Costa da Morte, para recibir ao noso corespondente OSCAR REY CALO , que ten preparada a súa crónica semanal relacionada coas noticias daquela contorna, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.ga l, como vimos informando cada semana, o mesmo que lles lembramos que este noso programa re-emítese en Radio Roncudo os domingos a partir das dez da mañá. Agradecementos para Oscar e desexámoslle feliz semana. A continuación mantemos unha longa conversa con ANTONIO REY ( Totó). Falamos daquel Val das Ermitas tan feiticeiro, das Festividades que se fan, dos produtos de primeira calidade que se poden disfrutar ali, dos viñedos espectaculares, das ol

SÁBADO 2 de DECEMBRO do 2023

Outro sábado máis con todos vosoutros, pero nesta ocasión con visita nos estudios, moi especial e moi honrosa: Os Membros do Xurado do "XXXVII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà". Dámoslles a ben-vida e mantemos unha pequena conversa coa Presidenta dona CHARO GOLMAR e con ARMANDO REQUEIXO . É un pracer poder conversar con eles. Concretamente Charo fará a presentación de dous libros da súa autoría: "No bico do vento" e "Alma de Nadal". A grande festa que a Asociación C.G.Rosalía de Castro realiza cada ano, con motivo do Certame de Poesía, convértese sempre nunha grande afluencia de socios, amigos e simpatizantes, que son recibidos con música da propia Banda da Asociación. Despois, durante a cea de convivio, danse a coñecer os Premiados dese Certame. Recibimos a crónica do noso colaborador na Costa da Morte OSCAR REY CALO , que cada sábado ten preparada, coas noticias e informacións escollidas daquela contorna galega. Moitos dos nosos escoitant