domingo, 20 de marzo de 2016

19 de MARZO do 2016

San Xosé. Un día para felicitar a tódolos pais, e a tódolos Xosés, como así o fixemos e propuxémoslles escoitar unha peciña de música da nosa discogrfía galega. Despois chamamos ao noso Colaborador, amigo e compañeiro XOSÉ LAMELA, que ven de enviarnos un libriño feiticeiro: A VIRXE DO XURÉS. Conversamos con el arredor desta publicación tan interesante con moitísima documentación e investigación que pon ao servizo e coñecemento de todos. El mesmo nos indica que é o resultado dunha "ofrenda" que lle fixo á propia Virxe que ademais ven acompañada dunha fermosísima canción-himno, adicado á Virxe, creada por Alfredo González Vilela. Pronto teremos a ocasión de compartir momentos moi agradables o día da súa presentación oficial, que seguro nos ofrecerá a A.C.G.Rosalía de Castro.


 Algunha noticia e comunicación, que nos chega á nosa Redacción e voltamos a escoitar outra peciña de máusica da nosa discografía galega. Na segunda hora comezamos novamente con noticias e informacións que nos chegan dende Galicia e aproveitamos para seguir escoitando música galega. 

Conectamos coa Mariña Lucense, para falarmos co noso "Poeta da Mariña" PACO RIVAS, que sempre ten algunha que outra intervención con retranca e aproveitamos para falar tamén con ARMANDO FERNÁNDEZ, que se atopa xa por terras lucense, disfrutando das vacacións de Semana Santa. Despois de desexarlle unha feliz estancia a Armando, seguimos escoitando a PACO, que nos agasalla coa declamación de tres das súas creacións poéticas. Máis novidades e informacións que nos chegan de Galicia, de interese para tódolos nosos oíntes. 


 A vindeira semana non teremos emisión. Son Festas de Pascua. Agardámosvos o vindeiro día 2 de ABRIL, que voltaremos con máis noticias, conversas, entrevistas e música galega...

 ¡¡¡ Que teñan unhas FELICES PASCUAS !!!

No hay comentarios: