Saltar ao contido principal

14 de decembro do 2013

Despois do "descanso" da semana pasada, voltamos a ofrecervos outro programiña de Radio en galego, con algunas intervencións interesantes. En primero lugar chamamos ao noso correspondente -Xosé Lamela- na BAIXA LIMIA, para que nos presente ao contertulio desta semana: PABLO RODRÍGUEZ PAZ, unha persoa con moita proxección que ademáis ten un currículum cheo de condecoracións académicas. Fálanos das moitas posibilidades e recursos dos que dispón a Baixa Limia e mantemos unha conversa-entrevista moi interesante. 

 Denantes de comezar a segunda hora comentamos un chisco os dous CDs que nos chegaron á Redacción: GALIZA, de Kepa Junkera e DANZAS BRANCAS, da Orquestra SONDESEU. Unha música que compartimos cos nosos oíntes e seguidores.

 Conectamos con XULIO SIMÓN, que como cada semana fainos un pormenorizado percorrido polas escollas culturais que nos ofrece. Tamén nos comenta un chisco os Primeiros Premios Galegos da Música Martin Codax, e fai unha pequena referencia ao Festival que se celebrará en Pontevedra nos comezos do vindeiro ano 2014, CANTOS NA MARE, coordinado pola grande UXÍA. 

 Antes de despedirnos comentamos novamente algo máis sobre a música que lles propoñemos escoitar.

 A vindeira semana será o ultimo programa deste ano. ¡Agardámosv@s! ¡Que teñades unha feiticeira semana!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Resultado do Iº CONCURSO-SORTEO do noso programa "Sempre en Galicia"

Con motivo do "23 aniversario" da posta en marcha do programa "Sempre en Galicia" realizamos este 1º Concurso-Sorteo para agasallar aos nosos oíntes e seguidores. Gracias aos promotores e patrocinadores que desinteresadamente nos ofreceron as súas Vivendas Rurais, queixos e productos. O xogo consistiu en que tódolos interesados tiñan que enviar un correo electrónico ao noso enderezo semprengalicia@gmail.com e facer un comentario no noso blog, ou ben chamar por teléfono a Radio Cornellà solicitando un número. Os participantes e números entregados foron os seguintes: 01 Rubén Alonso. 02 Mª José Jarba. 03 Paz Zeltia. 04 Chousa da Alcandra. 05 Piska. 06 Tapi 8. 07 Fernando. 08 Rafa Muñoz. 09 Vanessa. 10 Ceip C-Dena. 11 Ofir Enríquez. 12 Olga Seco. 13 Oliver Regueiro. 14 Vicente Maza. 15 Xus Vizcaia. 16Oscar Oliver Soler. 17 Mª Luísa. 18 Kike. 19 Carlos Sousa. 20 Sebastián Santiso. 21 Carmen Alvarez. 22 Mª Paz Garrido. 23 Julio Gacía Rex.

SÁBADO 18 de NOVEMBRO do 2023

Un sábado máis con todos vosoutr@s, tentando levar adiante este programa de dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións saudamos a un convidado especial que nos visita nos estudios: ANTONIO REY (TOTÓ) , que é das Ermitas.   Escoitamos un bocadiño de música e trasladámonos (telefónicamente) á Costa da Morte, para recibir ao noso corespondente OSCAR REY CALO , que ten preparada a súa crónica semanal relacionada coas noticias daquela contorna, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.ga l, como vimos informando cada semana, o mesmo que lles lembramos que este noso programa re-emítese en Radio Roncudo os domingos a partir das dez da mañá. Agradecementos para Oscar e desexámoslle feliz semana. A continuación mantemos unha longa conversa con ANTONIO REY ( Totó). Falamos daquel Val das Ermitas tan feiticeiro, das Festividades que se fan, dos produtos de primeira calidade que se poden disfrutar ali, dos viñedos espectaculares, das ol

SÁBADO 2 de DECEMBRO do 2023

Outro sábado máis con todos vosoutros, pero nesta ocasión con visita nos estudios, moi especial e moi honrosa: Os Membros do Xurado do "XXXVII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà". Dámoslles a ben-vida e mantemos unha pequena conversa coa Presidenta dona CHARO GOLMAR e con ARMANDO REQUEIXO . É un pracer poder conversar con eles. Concretamente Charo fará a presentación de dous libros da súa autoría: "No bico do vento" e "Alma de Nadal". A grande festa que a Asociación C.G.Rosalía de Castro realiza cada ano, con motivo do Certame de Poesía, convértese sempre nunha grande afluencia de socios, amigos e simpatizantes, que son recibidos con música da propia Banda da Asociación. Despois, durante a cea de convivio, danse a coñecer os Premiados dese Certame. Recibimos a crónica do noso colaborador na Costa da Morte OSCAR REY CALO , que cada sábado ten preparada, coas noticias e informacións escollidas daquela contorna galega. Moitos dos nosos escoitant