domingo, 22 de diciembre de 2013

Ultimo programa do 2013

SABADO 21 de DECEMBRO do 2013 

Facemos este ultimo programiña do ano coa intención de facerlles pasar dúas horiñas cheas de alegría. Aproveitando que estamos nunhas datas tan entrañables poñémonos en contacto con FARRUCO GRAÑA, de Ribadeo, que ven recibir o 1º Premio de Narrativa "Rosa Reboredo" da A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà (a nosa Entidade). Charlamos un chisco con el, felicitámolo e desexámoslle o mellor para o vindeiro ano. 

 A segunda comunicación é con MIRIAN FERRADANS, poeta de Bueu, que acadou o 1º Premio do 27 Certame de Poesía da nosa Entidade. Ademais de felicitala polo seu éxito tamén lle desexamos moi boas Festas de Nadal e moitos éxitos no vindeiro ano 2014. 

 A terceira conversa e mini-entrevista é con CRISTINA FERREIRO, outra xoven poeta que acadou o 2º Premio do Certame de Poesía da nosa Asociación. Agradecémoslle a dedicación que nos dispensa e desexámoslle moitos éxitos.

 Novamente chamamos a Galicia, concretamente a Ourense e falamos con ARANCHA RODRIGUEZ, outra xove e nobel poetisa, que gañou o 3º Premio de Poesía en Língua Galega, da nosa Entidade. Felicitámola e desexámoslle Felices Festas. 

Na segunda hora falamos primeiro con YOLANDA FERNÁNDEZ, para felicitarlle estas Festas entrañables e desexarlle o mellor para o vindeiro ano. 

 Despois, acompañados polo presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, ALFONSO RICO, falamos co noso poeta da mariña Lucense, PACO RIVAS para desexarlle o mellor nestas datas e que siga mantendo ese seu bon humor para con todos nosoutros. 

 E para finalizar comunicámonos con SES, a nosa admirada cantautora galega, para felicitala e desellarle o mellor.

 Despedímonos de toda a nosa audiencia e seguidores cunha panxoliña e desexando que todo decorra ben, ata o ano 2014.

No hay comentarios: