Saltar ao contido principal

Programa atrasado do día 16 de NOVEMBRO pasado

Por mor de certas "obrigas" personais, non puiden estar con todos vosotros nos estudios da nosa Radio, pero si que estiven acompañándovos dende a miña localización, mediante unha chamada telefónica que me fixo o amigo ARMANDO FERNANDEZ, que foi o encargado de levar adiante o programa. 
Tan axiña como teña os audios que sempre grabamos, farei as particións oportunas e colgarémolo neste blog que tanto me animan a facelo e continualo os nosos oíntes e seguidores. 
Pídovos disculpas polo atraso, pero deseguida que poida poñerémolo ao día.

Aquí vos presento o programa do SÁBADO 16 de NOVEMBRO pasado. Como xa vos dixen anteriormente, dirixe ARMANDO FERNÁNDEZ, e despois dos saúdos de rigor comeza na primeira hora falando con INMA GRASS, a responsable de FOLMUSICA. Tamén interveño eu, que xunto con Armando realizamos unha conversa-entrevista moi interesante, versando a maioría do tempo sobre o novo disco de KEPA JUNQUERA: GALIZA, un libro disco que se presentará o 19 de novembro en Santiago de Compostela e que lles prometemos ofrecer en vindeiras emisións.

 Despois ponse en contacto co noso correspondente-colaborador XULIO SIMÓN, en Combarro, que nos pon ao corrente das súas aportacións culturais tan interesantes, cheas de ensino para todos nós. 

 A seguir comunicámonos con ALFONSO RICO, o Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, que nos fala das ultimas actividades e interesantes novidades que se están a realizar na Entidade. Agradecémoslle-lo e prometemos voltar a falar con el para que nos informe do Premio de Poesía e outras cousas. 

 Para finalizar propoñéomoslles escoitar un chisco máis de música galega, aproveitando o novo disco de RADIO COS, que nos envióu o noso amigo Xoan Luaces Fandiño e que seguro deleitará a tódolos nosos esocoitantes. A vindeira semana non poderemos estar nos estudios, pero o noso programa estará con todos vosoutros. ¡Agardámosvos!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Resultado do Iº CONCURSO-SORTEO do noso programa "Sempre en Galicia"

Con motivo do "23 aniversario" da posta en marcha do programa "Sempre en Galicia" realizamos este 1º Concurso-Sorteo para agasallar aos nosos oíntes e seguidores. Gracias aos promotores e patrocinadores que desinteresadamente nos ofreceron as súas Vivendas Rurais, queixos e productos. O xogo consistiu en que tódolos interesados tiñan que enviar un correo electrónico ao noso enderezo semprengalicia@gmail.com e facer un comentario no noso blog, ou ben chamar por teléfono a Radio Cornellà solicitando un número. Os participantes e números entregados foron os seguintes: 01 Rubén Alonso. 02 Mª José Jarba. 03 Paz Zeltia. 04 Chousa da Alcandra. 05 Piska. 06 Tapi 8. 07 Fernando. 08 Rafa Muñoz. 09 Vanessa. 10 Ceip C-Dena. 11 Ofir Enríquez. 12 Olga Seco. 13 Oliver Regueiro. 14 Vicente Maza. 15 Xus Vizcaia. 16Oscar Oliver Soler. 17 Mª Luísa. 18 Kike. 19 Carlos Sousa. 20 Sebastián Santiso. 21 Carmen Alvarez. 22 Mª Paz Garrido. 23 Julio Gacía Rex.

SÁBADO 18 de NOVEMBRO do 2023

Un sábado máis con todos vosoutr@s, tentando levar adiante este programa de dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións saudamos a un convidado especial que nos visita nos estudios: ANTONIO REY (TOTÓ) , que é das Ermitas.   Escoitamos un bocadiño de música e trasladámonos (telefónicamente) á Costa da Morte, para recibir ao noso corespondente OSCAR REY CALO , que ten preparada a súa crónica semanal relacionada coas noticias daquela contorna, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.ga l, como vimos informando cada semana, o mesmo que lles lembramos que este noso programa re-emítese en Radio Roncudo os domingos a partir das dez da mañá. Agradecementos para Oscar e desexámoslle feliz semana. A continuación mantemos unha longa conversa con ANTONIO REY ( Totó). Falamos daquel Val das Ermitas tan feiticeiro, das Festividades que se fan, dos produtos de primeira calidade que se poden disfrutar ali, dos viñedos espectaculares, das ol

SÁBADO 2 de DECEMBRO do 2023

Outro sábado máis con todos vosoutros, pero nesta ocasión con visita nos estudios, moi especial e moi honrosa: Os Membros do Xurado do "XXXVII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà". Dámoslles a ben-vida e mantemos unha pequena conversa coa Presidenta dona CHARO GOLMAR e con ARMANDO REQUEIXO . É un pracer poder conversar con eles. Concretamente Charo fará a presentación de dous libros da súa autoría: "No bico do vento" e "Alma de Nadal". A grande festa que a Asociación C.G.Rosalía de Castro realiza cada ano, con motivo do Certame de Poesía, convértese sempre nunha grande afluencia de socios, amigos e simpatizantes, que son recibidos con música da propia Banda da Asociación. Despois, durante a cea de convivio, danse a coñecer os Premiados dese Certame. Recibimos a crónica do noso colaborador na Costa da Morte OSCAR REY CALO , que cada sábado ten preparada, coas noticias e informacións escollidas daquela contorna galega. Moitos dos nosos escoitant