sábado, 11 de mayo de 2013

11 de MAIO do 2013

Un sábado máis con todos vosotros, para tentar ofrecerlles dúas horiñas de radio en galego, con música, informacións e novidades relacionadas coa nosa Cultura Galega.
En primeiro lugar poñémonos en contacto co Profesor da Universidade de VIGO don ENRIQUE VARELA, que está a dirixir un proxecto moi interesante que levan a cabo uns alumnos seus e que ten moito que ver cunha Aplicación para os teléfonos intelixentes e que poderá aproveitarse para empregar coa axuda aos nosos MAIORES, tan só con premer unha tecla.

A nosa colaboradora, LAURA SANTOS, fainos un cativa valoración do que foi a Festa do 30 Aniversario de Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma de Gramanet, que tivo a ocasión de disfrutar dela e axudarnos a contactar co Presidente da Entidade.

Deseguida conectamos novamente con Galicia, coa BAIXA LIMIA, para falarmos, como cada semana, co noso correspondente XOSÉ LAMELA, que nos volve a presentar o interlocutor da semana pasada, don AQUILINO VALENCIA, Alcalde do Concello de Calvos de Randín, porque tiñamos pendente o remate da conversa tan interesante relacionada co COUTO MIXTO. 

Na segunda hora falamos con SANTI VELOSO, tamén Profesor da Universidade de VIGO, que nos informa, polo miúdo, do seu programa: PONTE NAS ONDAS. Con XIX anos de edición acadando moitos éxitos e que teñen previsto celebrar o V Encontro-Brincando no Rueiro de xogos tradicionais populares galego-portugueses en Melgaço. ¡Moitos éxitos para todos eles!

O noso comunicante de agora é don MODESTO, compoñente da Xunta Directiva da Irmandade Galega O BOTAFUMEIRO de Cerdanyola do Vallés, que nos informa dos Actos previstos realizar na celebración das Letras Galegas no seu Centro, na rúa Pablo Picaso, 5 daquela localidade.

E para rematar o noso programiña de hoxe conectamos novamente con Galicia para falarmos con XOSÉ das PATAS, encargado do  BLOG: musicaengalego.blogspot.com. Un novo Colaborador que incorporamos ao noso programa, e que el mesmo se nos ofreceu para informarnos a todos nós, das novidades musicais galegas que se vaian producindo. Agradecémoslle esta desinteresada aportación e felicitámolo polo seu traballo que nos axudará a divulgar a "nosa música".

Desexamos que pasen unha semana moi gorentosa e que volvan a sintonizar a nosa emisión o vindeiro sábado. Ofrecerémoslles unha nova entrega con máis novidades e máis música "da nosa".


No hay comentarios: