xoves, 3 de xuño de 2010

Programa do 29 de maio do 2010

PROGRAMA do 29 de maio do 2010:
Comezamos unha miguiña máis tarde do normal, xa que tiñamos conexión con Estadio Municipal de Futbol, por mor dunha competición moi interesante para a cidade.
Tan só unhos minutiños de introducción nos que falamos con Helena Villar Janeiro e con seu esposo Xesús Rábade Paredes, os conferenciantes convidados pola A.C.G. Rosalía de Castro para intervir na sé da Entidade  e impartir unha Conferencia con gallo das Letras Galegas 2010. A conversa podedes escoitala aquí:

A seguir sustitúenos Serxio Seoane, para seguir coa programación e aproveita a súa primeira intervención para felicitar a "Xosiño" porque dentro de poucas datas mudará de estado civil para pasar a casarse, na nosa Galicia, cunha moza que a enfeitizou. E a continuación ponse en contacto con SUSO, que está a reporse dunha pequena intervención e que fai un pequeno balanzo da "Festa do Polbo" que se celebra en Badalona cada segundo domingo de cada mes.

Tamén se pon en contacto con José, un Artesán Galego que se adica a elaborar "horreos" da nosa Galicia con moitísima pacencia e delicadeza, poñéndolle todo o seu empeño e detalle moi acertado. Promete vir a amosar as súas creacións en vindeiras datas, a ser posible coincidindo con algunha das nosa Festas Galegas.

Xa para rematar aproveita para despedir a Sergi Herrero, o noso técnico perante estes meses anteriores e desexarlle o mellor na súa próxima andaina. Escoitamos a proposta musical galega do final.">

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...