domingo, 20 de junio de 2010

Programa do 19 de xuño do 2010

Damos lectura ás informacións recén chegadas de Galicia e deseguida nos conectamos con MABEL, a responsable do Restaurante SANATORIO Monte ALBA, de Vigo, e mantemos unha pequena conversa con ela sobre algunhas das belezas que se poden divisar dende o seu "Miradoiro privilexiado", xa que dende a terraza do seu establecemento podemos divisar toda Ría de Vigo, coas Illas Cíes ao fondo... ">

Escoitamos unha peza de música, das últimas que nos enviaron os nosos colaboradores, e voltamos a conectarnos con Galicia, desta volta coas terras da "Baixa Limia", para falarmos con outro dos nosos Patrocinadores do Concurso-Sorteo da Radio, concretamente con Antonio Dacuña, o productor dos "Queixos do Xurés", co que mantemos outra amena conversa e convídanos a pasar por aquelas terras para disfrutarmos da súa beleza natural.
">
Logo de voltar a escoitar un bocadiño de música, poñémonos en contacto co noso estimado amigo e colaborador Xosé LAMELA, en ponnos ao día dos aconteceres da Reserva Natural máis grande de Europa: o Parque Transfronteirizo entre Galicia e Portugal, Peneda-Serra do Xurés. ">

A última das nosas comunicacións é con Xulio Simón, que nos fala do pasamento do Premio Nóbel JOSÉ Saramago. Unha semblanza moi fermosa e feiticeira dese personaxe tan apreciado no mundo enteiro. ">

E rematamos o noso programa convidando a tódolos nosos oíntes e seguidores para a seguinte semana, que será precisamente o último desta tempada, posto que xa comezamos o descanso estival de cada ano.

No hay comentarios: