lunes, 14 de junio de 2010

Programa do 12 de xuño

Comezamos dándolle a ben-vida a tódolos nosos oíntes e convidándoos a participaren na nosa emisión, ben chamando ao nº 933778200 ou tamén entrando na Internet, onde emite Radio Cornellà, así como tamén no facebook. Felicitamos a tódolos agasallados no noso SORTEO-CONCURSO, que se celebrou aproveitando a Festa de Can Mercader. GRACIÑAS a tódolos nosos promotores e graciñas a tódolos participantes. Dámoslle lectura a algunhas das informacións que nos chegan á Redacción.

Recibimos a chamada de Xulio Costa, un dos nosos asíduos oíntes, que tamén foi premiado cun Disco CD, no noso concurso. Gracias a el poidemos poñernos en contacto con MABEL, do Restaurante SANATORIO MONTE ALBA, que nos regalou un xantar para dúas persoas, e que lle foi concedido a Carmen, da vivenda Rural "Xanela da Lúa". Falamos co noso amigo e saudámolo cordialmente pola súa intermediación.


A seguinte chamada é a LIRA, Carnota, onde se atopa a nosa colaboradora-promotora CARMEN, da Vivenda Rural "XANELA DA LÚA", quen nos pon ao corrente de cómo decorren as cousas por aquela zona de Galicia onde se atopa. Unha fermosura de paisaxes e de boa compaña, á que nos convida para aqueles que desexen disfrutar da natureza incontaminada das beiras da Costa da Morte.


Novamente conectamos con Galicia, nesta ocasión co noso corresponsal habitaual, XULIO SIMÓN, que nos fai unha pequena crónica do que está a suceder, pero moi concretamente da competición deportiva do "Triatlón internacional de Pontevedra", que conta coa participación especial do atleta GÓMEZ NOYA, un dos grandes campións mundiais desta modalidade atlética.

No hay comentarios: