lunes, 15 de marzo de 2010

programa do 13 de marzo do 2010

Aquí tedes o programa enteiriño do 13 de marzo do 2010



Pero para que poidades escoitar tan só o que vos interese, aquí vos coloco o programa por partes:
Primeiro a Introducción e Informacións varias que chegan á nosa Redacción




A segunda parte é a entrevista que mantivemos con don ANTONIO DÍAZ, membro da nova Xunta Directiva de Rosalía de Castro, que nos fala da "Conferencia que están a impartir na Asociación.



Tamén colocamos, embaixo, a charla mantida con CÁNDIDO AMEIXEIRA, de Edicións do CUMIO, que nos falou dun libro interesante que acaba de chegar á nosa redacción, en primicia, "BAILA BEN", que veñen de presentalo en Santiago de Compostela, e dalgunha que outra cousiña máis.



A seguinte é a entrevista con XOSÉ LUÍS SANTISO (Chousa da Alcandra, de Antas de Ulla) que nos pon ao corrente da "Festa do Queixo en Arzúa" e outras cousas interesantes.



Xa no final do programa falamos con PACO RIVAS, o noso poeta da Mariña Lucense, que nos deleita a tódolos oíntes coa súa intervención e agasállanos coas súas creacións poéticas, que declama acompañado dunha axeitada musiquiña que nos prepara o noso técnico Sergi. Graciñas por estardes ahí e ata a vindeira semana.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Esta é unha forma máis de poder escoitar o noso programa... Espero que así a xente poida tirarlle máis proveito ao que prantexamos.

Un colaborador

Anónimo dijo...

Este comentario facémolo para comprobar que os amigos que enviaron o seu non recibiron a correspondente confirmación

"Sempre en Galicia" - Radio Cornellà : 104.6 FM dijo...

Recibimos dous correos, directamente a semprengalicia@gmail.com, por parte de José Martín e Rosario Pérez. A eles correspóndenlles os Números 20 e 21 para o Concurso-Sorteo do noso Programa.
Agradecémosvos a vosa participación e, ¡Que teñades moita sorte!

J.Couxil