Saltar ao contido principal

2º CONCURSO-SORTEO de "Semprengalicia"

2º Concurso – Sorteo do programa en língua galega “SEMPRE EN GALICIA” de Radio Cornellà.

Con motivo da celebración do 24 cumpleanos da emisión do noso programa de radio, queremos agasallar aos nosos oíntes, seguidores e simpatizantes.

Gracias á colaboración desinteresada do Grupo Duplex, coa mediación de don PEDRO J. PEREZ, dispoñemos de 4 reloxios (dous de dona e dous de home) da marca DOGMA, que serán entregados aos concursantes que participen nos diferentes programas que emitimos.

As bases para este concurso-sorteo son as seguintes:

1º.- Recibirán un número de participación todos aqueles que chamen á Radio (933 778 200 – 933 778 055) mentres emitimos, os sábados de 6 a 8 horas do serán. Tan só recibirán un número por participante, non por chamada.

2º.- Tamén terán un número os que deixen un comentario, alusivo ao sorteo ou solicitando número, no blog do noso programa: http://semprengalicia.blogspot.com/

3º.- Unha mesma persoa poderá conseguir dous números para participar no Sorteo, pero nunca máis de dous, sempre e cando realice as dúas opcións anteriores, é dicir: chamar á radio e facendo un comentario no blog do programa : http://semprengalicia.blogspot.com/

4º.- Comezaremos a entregar números para este “2º Concurso-Sorteo” a partir do programa que se emitirá o vindeiro día 6 de febreiro do 2010, momento en que se fará público mediante a lectura destas bases e a posible entrevista que manteremos con don Pedro J.Pérez, do Grupo Duplex.

5º.- A realización, lugar e data do Sorteo, publicarase do mesmo xeito que a emisión destas bases: Mediante correo electrónico a cada un dos participantes e en diferentes emisións do noso programa.

Agardamos a vosa colaboración e participación neste xogo-concurso-sorteo. ¡Admítense suxerencias!.


¡¡¡ Moita sorte !!!

Comentarios

A min gustaríame participar, xa se pode pedir número???

A ver se teño tanta sorte como no fin de semana en Viana do Bolo, jejejje (aínda que non quero ser avariciosa, jejeje)
Pois eu sí que quero!!! :-).

Despois de Artabria, pido número tamén Xulio.

Parabéns por esta nova iniciativa. Xa lle daremos movemento polo blogomillo.
Apertas
Pois xa tedes número:
Artabria - nº 02
Chousa - nº 03
¡Moita sorte!
e Moitas gracias por participar.
Angel Utrera dixo…
Pois Eu tamen me apunto.....Asi que se a cousa leva orden, debo ser o catro. O vos diredes,
Parebens e unha aperta.
Pois claro, tes asignado o nº 04
¡Que teñades sorte!
Por certo, dígovos un "segrediño", esto é o comezo, porque está previsto facer varios sorteos máis: . Un de Lotes de Productos Galegos de Calidade,
. un de Estancias en varias Vivendas Rurais de Galicia e
. outro de Viños da Ribeira Sacra.
Máis adiante informareivos... ...
Carlos Sousa dixo…
Que tal Xulio e compañía?
Eu tamén quero un numeriño, aínda que disfruten dun fin de semana en Viana, non me importaría que me tocara tamén un reloxio. Como Artabria, tampouco quero ser avaricioso, jeje.
Unha aperta
monica iglesias dixo…
Pois eu non vou ser menos, tamen quero un numeriño. A ver se teño mais sorte que a outra vez. un saudo e sorte!!!
pablo martinez seijas dixo…
dademe un numero logo, a ver se hai sorte. un saudo
Xa vexo que esto comeza a funcionar, e eso que é fin de semana. Coido que esto "inzará" cando teñan pasados algúns días.
Ao que iamos:
Carlos S.: nº 05
Mónica I.: nº 06
Pablo M.S.: nº 07

Graciñas pola vosa participación e ¡Moita Sorte!
Unknown dixo…
Amigo Xulio: espero que continúes siempre con la misma ilusión difundiendo cosas de Galicia. Quien no ama a su tierra, o muy mal le fue en ella o no tiene corazón. ¡Suerte y adelante!
Gracias por tus ánimos, Rubén:
Ya sabes que te corresponde el número 09 para el sorteo de los Relojes Dogma.
Espero que informes a "tus contactos" de este Sorteo, ya que espero no será el último...
Saludos
Suso Díaz dixo…
Amigo Xulio, sempre artellando cousas para animar á xente que participe da nosa cultura e da nosa lingua, animo para que sexamos moitos os que nos acheguemos a esta fiestra. Parabéns pola iniciativa!
Unha forte aperta.
Ola Suso:
Gracias por participar no noso Sorteo-Concurso.
Tés o nº 10
Moita sorte!!!!!!
Thiago dixo…
Bueno, yo no vengo por el número, si no por la curiosidad. Vengo del blog de Carlos Sousa intrigado por un radio que habla de Galicia desde Cornellá, jajaaj

Voy a investigar. Bezos.
Ana Cosque dixo…
Boas, moitas grazas pola iniciativa, podo pedir un numeriño para o concurso?
Saúdos.
Pois claro que facemos "Radio en Galego", e como podes comprobar dende fai 24 anos...
Xa que participades, ahí tedes os vosos números:
Thiago : nº 011
Ana : nº 013

Deséxovos moita sorte!!!!
e podedes conectarvos e escoitarnos os sábados de 6 a 8h do serán. Estamos conectados ao facebook e podemos intercarbiar opinións... recibir as vosas suxerencias... ... pedir unha canción... ... intervir nas conversas-entrevistas...

Publicacións populares deste blog

Resultado do Iº CONCURSO-SORTEO do noso programa "Sempre en Galicia"

Con motivo do "23 aniversario" da posta en marcha do programa "Sempre en Galicia" realizamos este 1º Concurso-Sorteo para agasallar aos nosos oíntes e seguidores. Gracias aos promotores e patrocinadores que desinteresadamente nos ofreceron as súas Vivendas Rurais, queixos e productos. O xogo consistiu en que tódolos interesados tiñan que enviar un correo electrónico ao noso enderezo semprengalicia@gmail.com e facer un comentario no noso blog, ou ben chamar por teléfono a Radio Cornellà solicitando un número. Os participantes e números entregados foron os seguintes: 01 Rubén Alonso. 02 Mª José Jarba. 03 Paz Zeltia. 04 Chousa da Alcandra. 05 Piska. 06 Tapi 8. 07 Fernando. 08 Rafa Muñoz. 09 Vanessa. 10 Ceip C-Dena. 11 Ofir Enríquez. 12 Olga Seco. 13 Oliver Regueiro. 14 Vicente Maza. 15 Xus Vizcaia. 16Oscar Oliver Soler. 17 Mª Luísa. 18 Kike. 19 Carlos Sousa. 20 Sebastián Santiso. 21 Carmen Alvarez. 22 Mª Paz Garrido. 23 Julio Gacía Rex.

SÁBADO 18 de NOVEMBRO do 2023

Un sábado máis con todos vosoutr@s, tentando levar adiante este programa de dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións saudamos a un convidado especial que nos visita nos estudios: ANTONIO REY (TOTÓ) , que é das Ermitas.   Escoitamos un bocadiño de música e trasladámonos (telefónicamente) á Costa da Morte, para recibir ao noso corespondente OSCAR REY CALO , que ten preparada a súa crónica semanal relacionada coas noticias daquela contorna, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.ga l, como vimos informando cada semana, o mesmo que lles lembramos que este noso programa re-emítese en Radio Roncudo os domingos a partir das dez da mañá. Agradecementos para Oscar e desexámoslle feliz semana. A continuación mantemos unha longa conversa con ANTONIO REY ( Totó). Falamos daquel Val das Ermitas tan feiticeiro, das Festividades que se fan, dos produtos de primeira calidade que se poden disfrutar ali, dos viñedos espectaculares, das ol

SÁBADO 2 de DECEMBRO do 2023

Outro sábado máis con todos vosoutros, pero nesta ocasión con visita nos estudios, moi especial e moi honrosa: Os Membros do Xurado do "XXXVII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà". Dámoslles a ben-vida e mantemos unha pequena conversa coa Presidenta dona CHARO GOLMAR e con ARMANDO REQUEIXO . É un pracer poder conversar con eles. Concretamente Charo fará a presentación de dous libros da súa autoría: "No bico do vento" e "Alma de Nadal". A grande festa que a Asociación C.G.Rosalía de Castro realiza cada ano, con motivo do Certame de Poesía, convértese sempre nunha grande afluencia de socios, amigos e simpatizantes, que son recibidos con música da propia Banda da Asociación. Despois, durante a cea de convivio, danse a coñecer os Premiados dese Certame. Recibimos a crónica do noso colaborador na Costa da Morte OSCAR REY CALO , que cada sábado ten preparada, coas noticias e informacións escollidas daquela contorna galega. Moitos dos nosos escoitant