Fin de Semana nun Hotel-Vivenda Rural en Galicia.
Concurso-Sorteo dunha “FIN DE SEMANA (venres e sábado para dúas persoas, durmir e desaiuno gratis) NUN HOTEL-VIVENDA RURAL EN GALICIA”.
Os participantes teñen que enviar un correo a semprengalicia@gmail.com . Aquí mesmo, no final desta entrada, atópanse as Referencias das Casas-que sortean a Fin de Semana e o Lote de Produtos.
Así pois, terán que enviar un correo electrónico ó noso enderezo:
semprengalicia@gmail.com, solicitando un número para cada unha desas Casas (polo tanto poderán acceder a 7 números por participante). Eses números serán efectivos cando teñamos confirmación da súa recepción por parte dos concursantes. Para ter dereito a eses números teñen que indicar algunha característica da casa-hotel-vivenda rural que anunciamos ao final desta entrada. No caso do Lote de produtos, trátase de que vos poñades en contacto co seu fabricante e que nos indiquedes algunha característica ou dato da súa explotación. A concesión do premio non garantiza a data de ocupación, que terá que ser concertada cos responsables das diferentes Casas Rurais
3.- Os concursantes COMPROMÉTENSE a dar a coñecer este Concurso-Sorteo a un mínimo de 5 (cinco) coñecidos (amigos, simpatizantes, parentes, internautas, blogueiros...etcétera). Como de esta operación non podemos ter confirmación nin comprobación é polo que solicitamos ese compromiso a tódolos participantes. Confiamos na seriedade e responsabilidade para non interferir na boa marcha do concurso sen provocar dobres solicitudes nin repeticións.
4.- Tamén se poden conseguir números chamando aos teléfonos de Radio Cornellà : 933 778 200 ou 933 778 055, os sábados de 18 a 20 horas, cando se emite o noso programa “Sempre en Galicia”.
5.- A realización do Sorteo farase coincidir coa celebración da “Festa Galega” de CAN MERCADER en CORNELLÀ DE LLOBREGAT, o día 14 de xuño concretamente, en presencia dun dos patrocinadores deste sorteo, diante dos asistentes á Festa para levantar Acta do mesmo. Este mesmo patrocinador aproveitará a ocasión para facer entrega persoal dalgún dos agasallos do concurso.
Casa nº 1: Xanela da Lúa
Ubicación: Lira-Carnota (A Coruña)
Teléfonos: 981 761306 e 617 485182
Casa nº 2: Santa Mariña da Ponte. Hotel-Spa
Ubicación: Concello de Viana do Bolo (Ourense)
Tfono: 988 340 257
Hotel Rural nº 3: Hotel Vila de Viana
Ubicación: Praza Maior,12. Viana do Bolo (Ourense)
Teléfonos: 988 329 205 e 638 715 253
Vivenda Rural nº 4: A Nosa Casa . Restaurante
Ubicación: rúa Liberdade,2. Viana do Bolo (Ourense)
Teléfono: 988 329 317
Hotel Rural nº 5: O RETORNO
Ubicación: Rúa Mazairas, 2. Viana do Bolo (Ourense)
Teléfonos : 988 340 415 e 616 422 862
Vivenda Rural nº 6: MIRADOR DA RIBEIRA
Ubicación: Rúa Santo Cristo, 12. Viana do Bolo (Ourense)
Teléfono: 988 329 309
Lote Nº 7: Queixos do XURÉS
Ubicación: Vilameá de Rio Caldo. Lobios (Ourense)
Teléfono: 605 080 015
¡ ¡ ¡ Moi importante ! ! !
Comentarios
Xa tentaremos estender polo blogomillo esta magnífica iniciativa.
Tan axiña como teña tempo a Chousa unirase á proposta. (E gustarame gañar algún dos premios!!!!)
Agardo que poidamos incluír tamén esoutra Vivenda Rural que me comentabas en días anteriores, se é posible, claro.
Teño algo de "mosqueo" porque hai algúns trabancos con relación ao día do sorteo. Xa cho comentarei con detenemento, cando nos chamemos.
Saudiños.
Eu non vou avisar a 5 coñecidos, vou avisar a máis!
a Emma e Nela Abella
a Estrella,
a Merce a do mesón O Chicote (cómese e bébese moi ben alí)
a Carlos o de Cabanas
a Sagri, a da inmobiliaria (ten moi boas ofertas, por se precisades)
a Carmen, a da iluminación leed (se precisades cambiar iluminación, seica se aforra moito)
a Nacho, o das dornas
a Merce, a sicóloga (se vos patina algo a neurona, e moi boa, eu estou así porque a min no me trata)
ó meu fillo, que llo diga ós seus colegas
e ós blogs "Os ventos de todos os lares" e "Ninsesabepuntocom"
Unha aperta saudosa.
X.C.
mjarba
;-)
:-)
velaí:
http://zeltia.zoomblog.com/archivo/2009/05/10/sorteo-ifinde-en-hotel-casa-rural-en-g.html
Bueno, desculpas á parte. Xa deberías ter no teu correo os números que che corresponden para o Concurso-Sorteo.
P.D.Pouco a pouco vou aprendendo (pouco, claro) mirando os vosos extraordinarios traballos... ¡Graciñas outra vez!
Non sei cantas veces mandei este comentario, jajajaja
Saudiños
Son Pilar de Viana do Bolo e vos escribo para confirmar que recibín os números para o concurso. Mandei as bases a bastante xente, e agora só espero que participen. Graciñas polo voso esforzo.
Unha aperta
acabo de saber por Chousa deste conto do sorteo e alá vou!
Apertas
Vanessa
Un queixo ben distinto do da Ulloa pero igual de exquisito.
Coñezo Lira (saúdos a Costa da Morte) pero por Viana só pasei de camiño a Vilariño de Conso e non podo dicir nada.
Saúdos dende a Ulloa
Saudos.
¿Xa recibiche-los números.
Estoume facendo algo de lío cando non vexo o comentario no noso blog, pero coido que daremos conta do recado e agardamos non ter demasiados erros...
Graciñas polo espallamento que estades a facer desta idea.
Unha aperta para todos.
Apertas.
Parabéns por esta idea xenial e por espallar o sentir e a fala galega por ahí adiante.
Saúdos.
Coido que o teu número é dos que acostuman a saír nas loterías semanais, así que gardaos con "tento" porque seguro poderás ter unha "sorpresa".
Teño que facer unha nova entrada no blog avisándovos dunha NOVIDADE moi interesante e importane, pero coido que agardaréi ao fin de semana para dárvola primeiro, en primicia, pola Radio, no noso programa SEMPRE EN GALICIA, estade "ao loro", e nunca mellor dito. Graciñas polo voso apoio e graciñas pola vosaparticipación.
Sodes unhos "Craks".
Saudiños coridiais para todos.
Tamén o espallarei entre as miñas amizades para que coñezan a terra.
Unha aperta.
Saludos cordiales y enhorabuena por vuestra iniciativa.
Rubén
Non sei se resultarei agraciado con algún dos premios ou non; pero o certo é que xa me considero agraciado por ter a ocasión de participar nunha iniciativa tan interesante.
Parabéns unha vez máis Julio!
(Decirlle a Olga que Julio ten un sistema de adxudicación de números moi sofisticado, que vai dando participación de xeito aleatorio; de xeito e maneira que o número adxudicado non ten que ver coa orde na participación. Tecnoloxía pura!!!)
o 13 e un nnmero que sempre da sorte
as veces boa, as veces mala
pero sorte seguro
xa estou na leria de espallar a nova do concurso y de momento parece que prendeu a idea, aver si se animan a participar, porque a xente non acaba de atopar sinxelo esto da interne....
felicita aos patrocinadores por ofrecer premios tan apetecibles porque asi xa tes feito a metade do choio
y gracias por argallar cousas coma esta, e unha forma de marketing xenial toda vez que tarxeta de presentación moi agradable
unha aperta e ata pronto
Tamén espallei por ahí o conto do sorteo, agora xa non está na miña man o que fagan!, eu coido que desperdiciar unha ocasión coma ista é unha parvada; porque é fácil que toque, non como a lotaría
:-)
Temos entragado xa unha cantidade importante de números, pero quixera darlle esa información primeiro aos patrocinadores, e despois (quizais no programa da fin de semana que ven) dirémolo en antena e publicarémolo novamente nunha nova entrada, para que vexades que todo está a decorrer con normalidade e que estamos a ter bastante seguimento.
Novamente, a todos : ¡¡¡Graciñas!!!
En breve enviareiche a mensaxe para que me mandes o número :-)
E non te esquezas que xa sabes que eu reclamo !! ;-)
Saúdos
Saúdos para vos e para todos os galegos de Cataluña, que aínda teño uns cantos familiares, amigos e viciños por esa querida terra na que teño pasado moi bos momentos da miña vida (e algún malo tamén, que estaba en Barcelona polo 23-F)
Un saúdo.
Un saúdo.
Sebas
atiamadrina
Recibín os números para o sorteo
O número 014, un bo número
Moitas grazas
Vicente Maza
Volvo inténtalo, algo debín de facer mal, pois non vexo o comentario realizado anteriormente.
Só é para comunicar que recibín o número 014 para o sorteo, é un bo número, e se toca, pois moitísimo mellor.
Sobre a segunda quincena de xullo teño pensado chegar a Galicia camiñando, veremos se os plans non se torcen e podo realizalo, segundo os plans previstos. Se todo vai ben, saio para Saint Jean Pied de Port, para finais de xuño e 29 ó 30 días despois chegarei a Santiago e se as pernas responden continuarei ata Fisterra. Déixovos a miña páxina web:
http://club.telepolis.com/caminosantiago
Moitas grazas polos números e boa sorte para todos
Perdoar o meu galego, pero me expreso mellor en castelán
Vicente Maza
É suficiente con falar do concurso nos nosos blogs e intentar convencer, polo menos, a 5 persoas para que tamén participen???
DE todas formas, eu xa deixo un enlace no meu blog sobre o concurso. Se hai que facer algo máis, avisademe, que esta non ma perdo..... Un saúdo.
Xa che confirmo que recibín o número 19 para o sorteo. Agora esperar a ter algo de sorte. E se non a hai, non pasa nada, estamos acostumados.
Unha aperta
E por certo.
CAMPEONS CAMPEONS OEOEOEOEOEOEOEOE
Noitos parabens para o Barça
Perdonen que no escriba en galego, pero poco a poco voy aprendiendo algo.
confirmarche que recibín o número para o sorteo
Moitas grazas
Pois eu xa teño tamen numeriños pra o sorteo... ¡sorte pra tod@s!
Un abrazo!
que tengo los números. A todos gracias y suerte.
Saludos,
Imaxino que axiña nos contarás o resultado do sorteo. Estou impaciente por coñecer se me tocou algo a min!!!!