sábado, 18 de abril de 2009

Programa do sábado 18 de abril do 2009

Seguro que tódolos nosos oíntes estaban agardando voltar a escoitarnos e ternos en antena para saber das "nosas cousas galegas". Gracias a todos por estar aí e gracias a tódolos incondicionais seguintes da nosa emisión. Temos moitas mensaxes no noso correo electrónico (semprengalicia@gmail.com) no que nos felicitan polo labor que facemos. Graciñas a todos e nesta teima seguiremos. Merecédelo todos polos azos que nos dades e polas mostras de fidelidade e agarimo que nos dades constantemente, a pesares de que nalgún momento temos que botar man de colaboradores desinteresados e con grandes ideas, como é o caso de SERXIO SEOANE, que estivo á fronte no anterior programa, e que tentaremos colgar próximamente.

Hoxe comezamos adiantando todo o que temos previsto facer durante estas dúas horiñas de radio en galego. Conexións con Galicia, falaremos con Xulio Simón, con IRIA, e se nos fora posible tentaremos conectar con Santiago de Compostela, xa que estase a celebrar un Simposio moi interesante relacionado coa Poesía. E coma sempre facemos unha pequena relación das informacións que nos chegan á nosa Redacción dende Galicia. Todas de grande repercusión e relacionadas sempre coa nosa Cultura Galega.

A primeira conexión é con don Isaac Ventura Maceiras Ribas, Ilmo.Alcalde de A Pobra do Caramiñal, que convidado pola Irmandade Galega de Mollet, atópase de visita en Catalunya. Dámoslle a nosa máis sinceira benvida, e esto é o que nos falou.

Na segunda hora comunicámonos con Xulio Simón, o noso corresponsal galego semanal dende Combarro, que sempre nos deleita coa súa selección de informacións culturais.

E rematamos as nosas dúas horiñas coa intervención de IRIA, a nosa poeta galega en Catalunya, que nos deleita cunha lectura de Rilke, traducción de Taibo.
Agardamos que volvan a esoitarnos a vindeira semana.

No hay comentarios: