domingo, 31 de maio de 2009
Actuación do CORAL "CENGALLEI"
Paga a pena escoitalo.
martes, 5 de maio de 2009
Concurso - Sorteo dunha Fin de Semana en Galicia

Fin de Semana nun Hotel-Vivenda Rural en Galicia.
Concurso-Sorteo dunha “FIN DE SEMANA (venres e sábado para dúas persoas, durmir e desaiuno gratis) NUN HOTEL-VIVENDA RURAL EN GALICIA”.
Os participantes teñen que enviar un correo a semprengalicia@gmail.com . Aquí mesmo, no final desta entrada, atópanse as Referencias das Casas-que sortean a Fin de Semana e o Lote de Produtos.
Así pois, terán que enviar un correo electrónico ó noso enderezo:
semprengalicia@gmail.com, solicitando un número para cada unha desas Casas (polo tanto poderán acceder a 7 números por participante). Eses números serán efectivos cando teñamos confirmación da súa recepción por parte dos concursantes. Para ter dereito a eses números teñen que indicar algunha característica da casa-hotel-vivenda rural que anunciamos ao final desta entrada. No caso do Lote de produtos, trátase de que vos poñades en contacto co seu fabricante e que nos indiquedes algunha característica ou dato da súa explotación. A concesión do premio non garantiza a data de ocupación, que terá que ser concertada cos responsables das diferentes Casas Rurais
3.- Os concursantes COMPROMÉTENSE a dar a coñecer este Concurso-Sorteo a un mínimo de 5 (cinco) coñecidos (amigos, simpatizantes, parentes, internautas, blogueiros...etcétera). Como de esta operación non podemos ter confirmación nin comprobación é polo que solicitamos ese compromiso a tódolos participantes. Confiamos na seriedade e responsabilidade para non interferir na boa marcha do concurso sen provocar dobres solicitudes nin repeticións.
4.- Tamén se poden conseguir números chamando aos teléfonos de Radio Cornellà : 933 778 200 ou 933 778 055, os sábados de 18 a 20 horas, cando se emite o noso programa “Sempre en Galicia”.
5.- A realización do Sorteo farase coincidir coa celebración da “Festa Galega” de CAN MERCADER en CORNELLÀ DE LLOBREGAT, o día 14 de xuño concretamente, en presencia dun dos patrocinadores deste sorteo, diante dos asistentes á Festa para levantar Acta do mesmo. Este mesmo patrocinador aproveitará a ocasión para facer entrega persoal dalgún dos agasallos do concurso.
Casa nº 1: Xanela da Lúa
Ubicación: Lira-Carnota (A Coruña)
Teléfonos: 981 761306 e 617 485182
Casa nº 2: Santa Mariña da Ponte. Hotel-Spa
Ubicación: Concello de Viana do Bolo (Ourense)
Tfono: 988 340 257
Hotel Rural nº 3: Hotel Vila de Viana
Ubicación: Praza Maior,12. Viana do Bolo (Ourense)
Teléfonos: 988 329 205 e 638 715 253
Vivenda Rural nº 4: A Nosa Casa . Restaurante
Ubicación: rúa Liberdade,2. Viana do Bolo (Ourense)
Teléfono: 988 329 317
Hotel Rural nº 5: O RETORNO
Ubicación: Rúa Mazairas, 2. Viana do Bolo (Ourense)
Teléfonos : 988 340 415 e 616 422 862
Vivenda Rural nº 6: MIRADOR DA RIBEIRA
Ubicación: Rúa Santo Cristo, 12. Viana do Bolo (Ourense)
Teléfono: 988 329 309
Lote Nº 7: Queixos do XURÉS
Ubicación: Vilameá de Rio Caldo. Lobios (Ourense)
Teléfono: 605 080 015
¡ ¡ ¡ Moi importante ! ! !
sábado, 2 de maio de 2009
Programa do día 2 de maio do 2009
Seguimos con máis informacións e facemos a primeira conexión telefónica da tarde con ALEX DE PRADO, acompañante e parella de PAULA, que están a participar no Concurso-xogo: VAI de BAILE que se celebra semanalmente no programa da TVG "LUAR".Podedes ver un video deles nesta ligazón:
http://www.facebook.com/friends/?ref=tn#/posted.php?id=1580341847&share_id=70037478731#s70037478731
Mantemos unha breve conversa con Alex, que nos esplica, polo miúdo, cómo está a pasar esta experiencia que el considera como unha representación dos mozos de Barcelona en Galicia, que tamén saben aportar o seu traballo e investigación sobre as danzas galegas, que non somentes se atopan en Galicia. Desexámoslles moitos éxitos e coidamos que despois do sorteo que xa están nas semifinais, voltemos a falar con el para comentar cómo se atopan de ánimos para afrontar as finais.
Ánimos Alex e Paula. Voltaremos a falar con eles dous, se é posible.
Na segunda hora comezamos novamente con música da "Coral de Ruada". Máis informacións e conectamos coa Mariña Lucense, para falarmos con PACO RIVAS, o noso poeta engaiolador e despois de facermos un pequeno balanzo-adianto das celebracións que se están a preparar para as "Letras Galegas 2009", escoitamos, da súa propia voz e declamación unha fermosa poesía adicada as avoas de todos nós.
Antes de rematar o programa, conectamos con Lleida para falar con Juan R.Gómez Dacal, Membro do Coral CENGALLEI, e Vicepresidente do Centro Galego de Lleida, que nos pon ao tanto de tódalas actividades e celebracións que estan preparando para dar a coñecer, un bocadiño máis se cabe, a nosa cultura galega na Terra Ferma. Aproveita para informarnos da páxina que teñen en Internet (http://cengallei.ning.com/) para que todos poidan ver con detenemento o que ofrecen aos que desexen achegarse ata o Centro Galego de Lleida.
Colocamos aquí un reproductor para ver se podemos "colgar" as anteriores grabacións que fixemos durante os programas anteriores. Esta é unha grabación que fixemos aló polo mes de outubro con XIAO e KIKE na nosa emisión semanal:
luns, 27 de abril de 2009
Programa do sábado 25 de abril do 2009
A nosa primeira comunicación é con MANOEL CARRETE, que ven de poñerse á fronte dun novo programa en galego que leva por título: "AIRES GALEGOS", e que se emite no 89.5 da FM, en EXA-RADIO. A partir da vindeira semana os luns de 20 a 22 horas e reemisión os sábados no mesmo horario de 20 a 22 horas. Hai que dicir que a continuación emitiuse o programa dirixido por MANOLO BARCIA "EL BIERZO QUE NOS UNE", de 22 a 24 horas. Tamén se volveu a editar este sábado de 22 a 24 horas. A partir da vindeira semana emitirase o martes de 20 a 22 horas, e voltarán a reemitilo o sábado de 22 a 24 horas.
Volvemos a retomar a nosa xeira de comunicacións e informacións recibidas na Redacción.
A segunda comunicación telefónica é con noso correspondente semanal e habitual XULIO SIMÓN RÚA, que nos fai unha longa e detallada descrición do que el ten sempre preparado para compracencia de tódolos oíntes.
Na ultima parte do programa conectamos e falamos con PACO RIVAS, o noso poeta da Mariña Lucense, que hai un tempo non disfrutabamos da súa conversa. Unha veces por mor do seu traballo, outras veces pola nosa causa, pero recuperámolo para disfrutar das súas creacións.
O noso correo : semprengalicia@gmail.com, segue estando operativo e contestamos a tódolos participantes, na medida e urxencia que podemos.
¡Graciñas por participar!
sábado, 18 de abril de 2009
Programa do sábado 18 de abril do 2009
Hoxe comezamos adiantando todo o que temos previsto facer durante estas dúas horiñas de radio en galego. Conexións con Galicia, falaremos con Xulio Simón, con IRIA, e se nos fora posible tentaremos conectar con Santiago de Compostela, xa que estase a celebrar un Simposio moi interesante relacionado coa Poesía. E coma sempre facemos unha pequena relación das informacións que nos chegan á nosa Redacción dende Galicia. Todas de grande repercusión e relacionadas sempre coa nosa Cultura Galega.
A primeira conexión é con don Isaac Ventura Maceiras Ribas, Ilmo.Alcalde de A Pobra do Caramiñal, que convidado pola Irmandade Galega de Mollet, atópase de visita en Catalunya. Dámoslle a nosa máis sinceira benvida, e esto é o que nos falou.
Na segunda hora comunicámonos con Xulio Simón, o noso corresponsal galego semanal dende Combarro, que sempre nos deleita coa súa selección de informacións culturais.
E rematamos as nosas dúas horiñas coa intervención de IRIA, a nosa poeta galega en Catalunya, que nos deleita cunha lectura de Rilke, traducción de Taibo.
Agardamos que volvan a esoitarnos a vindeira semana.
domingo, 29 de marzo de 2009
"Sempre en Galicia" do día 28 de marzo do 2009
A primeira comunicación, como adiantabamos é con Xosé Antonio Dacuña. Fálanos da súa explotación gandeira-alimentaria, dedicada á cría de "Cabras do Xurés"; a súa páxina é: http://www.queixosdoxures.com/index.php. Un traballo do que está enamorado, como el mesmo di: "é coma un fillo que teño". Persoas coma el, son as que fan que nos sintamos orgullosos de pertencer a esa Terra Galega. Atópase en Lobios, pertiño da fronteira con Portugal, na Serra do Xurés, e adiántanos que está preparando unha sorpresa moi importante para tódolos nosos oíntes que desexen participar nun SORTEO gratuíto para despois da Semana Santa. Iremos dando cumprida información de cómo participar e poder conseguir os agasallos que ofrece.
Continuamos a dar máis informacións e novidades que nos chegan dende Galicia e as que se producen no noso entorno, aquí, en Catalunya.
Seguimos adiante. Volvemos a comunicar con Xulio Simón, o noso corresponsal semanal dende Combarro. Danos unha chea de datos sobre algunhas lecturas recomendables, a traducción ao xaponés de varios poemas de Rosalía de Castro, e dalgunha traducción do xaponés ao galego, e tamén convida aos oíntes a que se atrevan visitar Galicia, concretamente a pequena localidade de Couso, unha aldea totalmente recuperada por parte do don José María Galán e outro socio, e que ofrece unha estancia rural de alta calidade e con moitas actividades alternativas para disfrutar do contacto coa natureza, espelindo o estrés que tanto nos agobia con esa crisis que temos enriba.
Rematamos coa conexión con IRIA, a nosa poeta galega en Catalunya, que nos fai sentir ledos escoitando as súas composicións e creacións.
luns, 23 de marzo de 2009
O programa do sábado 21 de marzo do 2009
A continuación conectamos con Galicia e tivémola participación, como case cada sábado, con Paco Rivas, quen ademais de facer un curto comentario sobre as cousas que están a suceder no país, así como do tempo que están a disfrutar na Mariña Lucense. Remata a súa colaboración coa declamación de varias composicións poéticas da súa autoría.
Hoxe, como tiñamos prometido, conectamos con Manuel L.Rodrígues. Falounos do seu blog, do seu libro premiado "Antítese nativa", da súa creación e da próxima edición dunha segunda edición do mesmo libro, acompañado dun dvd con colaboracións especiais, de Noia, da súa ría... Quedamos para poder conectar noutra ocasión e prometeunos que nos deleitaría coa lectura dalgunha das súas creacións poéticas. Desexámoslle moita sorte.
A comunicación semanal con Xulio Simón, estivo chea de información e detalle sobre un tema que saíu publicado na revista "Grial": As emisións de radio en Barcelona, asinado por Mónica Rebolo. Coido que teremos que enviarlles unha comunicación persoal á dirección da revista para que se pola ao día nesto da información, xa que ten algúns erros e fáltanlle precisións sobre as emisións e datas de realización das mesmas. A continuación falounos da commemoración do 75 aniversario das emisións de Radio en Galicia. Como é un traballo moi documentado e extenso, prometeunos enviárnolo e colgarémolo neste blog para que poidamos consultalo e facer uso del.
A última comunicación fixémola con don Manuel Vázquez, Presidente do Centro Galego "NÓS" , de Sabadell, que nos informou das diferentes actividades que están levando a cabo e convidou a tódolos oíntes a participar nelas.
Rematamos o programa cunha información dorosa: o falecemento do noso entrañable amigo e compañeiro de profesión, do "gremio da tiza", Agustín Calvo Torrecilla. Enviámoslle unha aperta saudosa á súa familia. E despedímonos ata a vindeira semana, que prometemos voltar con moitas novidades, música e conversas con Galicia.
SÁBADO 10 de OUTUBRO do 2026
Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e ofrecéndolles a escoita dunha peza musical para recibir a primeira comunicación, a c...
-
1º SORTEO - CONCURSO Fin de Semana nun Hotel-Vivenda Rural en Galicia. Poñemos en marcha este concurso do que damos cumprida información aqu...
-
Ola Outra vez: Desta volta é para que vos poñades en contacto e comecedes a "reclamar" o voso número para participar no SORTEO OFI...
-
PROGRAMA ESPECIAL CELEBRANDO O 40 ANIVERSARIO DA EMISIÓN "SEMPRENGALICIA" EN RADIO CORNELLÀ Estamos na Sé da Asociación C.G.Ro...