luns, 27 de abril de 2009

Programa do sábado 25 de abril do 2009

Saudamos a tódolos oíntes e convidámolos a escoitar, para conmemorar esta data: "25 de abril-revolta dos cravos", a Grándola, peza de música recollida nun CD que nos chegou dende Galicia e que conten unha morea de interpretacións en homenaxe a José Afonso. A seguir damos información dalgunhas das novidades que chegan á nosa Redacción e que fan referencia a cuestións culturais variadas: Creación do Instituto de Linguas da Península Ibérica, Galicia 25, finalización da III Xuntanza do Foro 2010, Homenaxe a Milladoiro por parte da Academia de Belas Artes, Mostra que se achega á vida e obra de Valle Inclán, perfil do novo Secretario Xeral de Cultura da Xunta: don Antonio Fernández Campa García-Bernardo... ...

A nosa primeira comunicación é con MANOEL CARRETE, que ven de poñerse á fronte dun novo programa en galego que leva por título: "AIRES GALEGOS", e que se emite no 89.5 da FM, en EXA-RADIO. A partir da vindeira semana os luns de 20 a 22 horas e reemisión os sábados no mesmo horario de 20 a 22 horas. Hai que dicir que a continuación emitiuse o programa dirixido por MANOLO BARCIA "EL BIERZO QUE NOS UNE", de 22 a 24 horas. Tamén se volveu a editar este sábado de 22 a 24 horas. A partir da vindeira semana emitirase o martes de 20 a 22 horas, e voltarán a reemitilo o sábado de 22 a 24 horas.

Volvemos a retomar a nosa xeira de comunicacións e informacións recibidas na Redacción.

A segunda comunicación telefónica é con noso correspondente semanal e habitual XULIO SIMÓN RÚA, que nos fai unha longa e detallada descrición do que el ten sempre preparado para compracencia de tódolos oíntes.

Na ultima parte do programa conectamos e falamos con PACO RIVAS, o noso poeta da Mariña Lucense, que hai un tempo non disfrutabamos da súa conversa. Unha veces por mor do seu traballo, outras veces pola nosa causa, pero recuperámolo para disfrutar das súas creacións.

No remate desexámoslles a tódolos oíntes que sigan atentos ao noso programa, e a este blog do programa, porque en pouco tempo poremos en marcha un "Xogo-Concurso" moi interesante e no que poderán ser agasallados cunha FIN DE SEMANA GRATUITA nunha vivenda rural en Galicia. En pouco tempo publicaremos as bases, e deseguida comezaremos a entregar números para poder participar nel.
Que teñan unha feliz semana.
O noso correo : semprengalicia@gmail.com, segue estando operativo e contestamos a tódolos participantes, na medida e urxencia que podemos.
¡Graciñas por participar!

Ningún comentario:

SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024

Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...