domingo, 20 de xuño de 2010

Programa do 19 de xuño do 2010

Damos lectura ás informacións recén chegadas de Galicia e deseguida nos conectamos con MABEL, a responsable do Restaurante SANATORIO Monte ALBA, de Vigo, e mantemos unha pequena conversa con ela sobre algunhas das belezas que se poden divisar dende o seu "Miradoiro privilexiado", xa que dende a terraza do seu establecemento podemos divisar toda Ría de Vigo, coas Illas Cíes ao fondo... ">

Escoitamos unha peza de música, das últimas que nos enviaron os nosos colaboradores, e voltamos a conectarnos con Galicia, desta volta coas terras da "Baixa Limia", para falarmos con outro dos nosos Patrocinadores do Concurso-Sorteo da Radio, concretamente con Antonio Dacuña, o productor dos "Queixos do Xurés", co que mantemos outra amena conversa e convídanos a pasar por aquelas terras para disfrutarmos da súa beleza natural.
">
Logo de voltar a escoitar un bocadiño de música, poñémonos en contacto co noso estimado amigo e colaborador Xosé LAMELA, en ponnos ao día dos aconteceres da Reserva Natural máis grande de Europa: o Parque Transfronteirizo entre Galicia e Portugal, Peneda-Serra do Xurés. ">

A última das nosas comunicacións é con Xulio Simón, que nos fala do pasamento do Premio Nóbel JOSÉ Saramago. Unha semblanza moi fermosa e feiticeira dese personaxe tan apreciado no mundo enteiro. ">

E rematamos o noso programa convidando a tódolos nosos oíntes e seguidores para a seguinte semana, que será precisamente o último desta tempada, posto que xa comezamos o descanso estival de cada ano.

luns, 14 de xuño de 2010

Programa do 12 de xuño

Comezamos dándolle a ben-vida a tódolos nosos oíntes e convidándoos a participaren na nosa emisión, ben chamando ao nº 933778200 ou tamén entrando na Internet, onde emite Radio Cornellà, así como tamén no facebook. Felicitamos a tódolos agasallados no noso SORTEO-CONCURSO, que se celebrou aproveitando a Festa de Can Mercader. GRACIÑAS a tódolos nosos promotores e graciñas a tódolos participantes. Dámoslle lectura a algunhas das informacións que nos chegan á Redacción.

Recibimos a chamada de Xulio Costa, un dos nosos asíduos oíntes, que tamén foi premiado cun Disco CD, no noso concurso. Gracias a el poidemos poñernos en contacto con MABEL, do Restaurante SANATORIO MONTE ALBA, que nos regalou un xantar para dúas persoas, e que lle foi concedido a Carmen, da vivenda Rural "Xanela da Lúa". Falamos co noso amigo e saudámolo cordialmente pola súa intermediación.


A seguinte chamada é a LIRA, Carnota, onde se atopa a nosa colaboradora-promotora CARMEN, da Vivenda Rural "XANELA DA LÚA", quen nos pon ao corrente de cómo decorren as cousas por aquela zona de Galicia onde se atopa. Unha fermosura de paisaxes e de boa compaña, á que nos convida para aqueles que desexen disfrutar da natureza incontaminada das beiras da Costa da Morte.


Novamente conectamos con Galicia, nesta ocasión co noso corresponsal habitaual, XULIO SIMÓN, que nos fai unha pequena crónica do que está a suceder, pero moi concretamente da competición deportiva do "Triatlón internacional de Pontevedra", que conta coa participación especial do atleta GÓMEZ NOYA, un dos grandes campións mundiais desta modalidade atlética.

martes, 8 de xuño de 2010

Os AGASALLOS

Relación de Premiados no IIº Sorteo-Concurso da Radio “Sempre en Galicia”


O total de participantes contabilizados dende o noso BLOG de Internet (semprengalicia.blogspot.com) foi de 122, aos que lle sumamos 74 números máis asignados a tódolos que participan dalgún xeito, nas diferentes actividades da Asociación Rosalía de Castro, o que fai un total de 196 números entregados. Agradecemos moi sinceiramente, a participación de tódolos que se “molestaron” en enviarnos as súas suxerencias e comentarios ao noso BLOG.


1 Reloxo de señora, marca Dogma. . . . LAURA MOSTEIRIN.

1 Reloxo de cabaleiro, marca Dogma. . .IGNACIO C. J.

1 Reloxo de señora, marca Dogma. . . .CARLOS da RIBEIRA.

1 Reloxo de cabaleiro, marca Dogma. . JESÚS COMESAÑA.

1 Lote de Queixos do Xurés. . . . . . . . .XOAN LÓPEZ.

1 Empanada de Atun. . . . . . . . . . . . . RAMIRO LANDEIRA.

1 Lote de Queixos do Xurés. . . . . . . . NATALIA do C.

1 Empanda de Carne. . . . . . . . . . . . .DANIEL VILLA.

1 Lote de Queixos do Xurés. . . . . . . .Mª XOSE GARCÍA.

1 Empanada deAtun. . . . . . . . . . . . .XAVIER VEIGA.

1 Caixa de Viño VALCAR. . . . . . . .ANTONIA FERDEZ.

1 Empanada de Carne. . . . . . . . . . .ROSA SEIJO R.

2 Disco CD SERXIO FOLK . . . . . .PACO da BOROA.

1 Caixa de Viño VALCAR. . . . . . . .JUAN EIRAS.

2 Disco CD, SERXIO FOLK. . . . . .Mª dos ANXOS R.

1 Lote Produtos Artesáns CAURELOR. . .Mª do CARMO J.

1 Lote Produtos Artesáns CAURELOR . AURELIA FERNANDEZ.

1 Lote Produtos Artesáns CAURELOR. . .SONIA MONTERO.

1 FIN de Semana no “MIRADOR DA RIBEIRA” .ZELTIA, amiga.

1 FIN de Semana no HOTTEL “O RETORNO”. .ANTONIO R. C.

1 FIN de Semana na “XANELA DA LÚA” . . . .ARTABRIA.

1 BONO Gastronómico “AROUSA NORTE”. XOSÉ R. FROXÁN.

1 BONO Rural “AROUSA NORTE”. . .ANTONIO MIGUELEZ.

1 XANTAR,Rte. Monte ALBA de Vigo. .CARMEN Xanela da Lúa.


¡¡¡FELICITACIÓNS!!! para todos os agraciados, e gracias pola vosa participación.

xoves, 3 de xuño de 2010

Programa do 29 de maio do 2010

PROGRAMA do 29 de maio do 2010:
Comezamos unha miguiña máis tarde do normal, xa que tiñamos conexión con Estadio Municipal de Futbol, por mor dunha competición moi interesante para a cidade.
Tan só unhos minutiños de introducción nos que falamos con Helena Villar Janeiro e con seu esposo Xesús Rábade Paredes, os conferenciantes convidados pola A.C.G. Rosalía de Castro para intervir na sé da Entidade  e impartir unha Conferencia con gallo das Letras Galegas 2010. A conversa podedes escoitala aquí:

A seguir sustitúenos Serxio Seoane, para seguir coa programación e aproveita a súa primeira intervención para felicitar a "Xosiño" porque dentro de poucas datas mudará de estado civil para pasar a casarse, na nosa Galicia, cunha moza que a enfeitizou. E a continuación ponse en contacto con SUSO, que está a reporse dunha pequena intervención e que fai un pequeno balanzo da "Festa do Polbo" que se celebra en Badalona cada segundo domingo de cada mes.

Tamén se pon en contacto con José, un Artesán Galego que se adica a elaborar "horreos" da nosa Galicia con moitísima pacencia e delicadeza, poñéndolle todo o seu empeño e detalle moi acertado. Promete vir a amosar as súas creacións en vindeiras datas, a ser posible coincidindo con algunha das nosa Festas Galegas.

Xa para rematar aproveita para despedir a Sergi Herrero, o noso técnico perante estes meses anteriores e desexarlle o mellor na súa próxima andaina. Escoitamos a proposta musical galega do final.">

Programa do 22 de maio do 2010

Publicamos aquí o programa "atrasado" do 22 de maio pasado, que por mor doutras "quefaceres" non tivemos tempo defacelo. Pedímosvos disculpas polo atraso.

En primeiro lugar fixemos unha pequena introducción-entrada para ler as novidades e informacións que nos chegan á Redacción.
">

A seguir puxémonos en contacto con ALBERTO CANOSA, un dos responsables da Asociación XARMENTA, do Bierzo, que nos puxo ao corrente das cousas que están a facer.
">

Seguimos coas nosas comunicacións telefónicas e puxémonos en contacto con MABEL, do Restaurante SANATORIO MONTE ALBA, en Valladares, Vigo. Gracias a un dos nosos asíduos oíntes, Xulio, quen nos facilitou o enderezo e o contacto. Explicounos algunhas das ofertas culinarias e gastronómicas que se poden degustar nese lugar tan excelente, dende o que se pode contemplar a Ría de Vigo, coas Illas Cies ao fondo. Agasallou aos nosos oíntes cun xantar para dúas persoas no seu Restaurante, que aproveitaremos para sortealo xunto co resto dos Premios-Agasallos que temos previsto facer no noso Concurso-Sorteo do 24 aniversario da nosa emisión de radio Sempre en Galicia.
">

Voltamos a comunicarnos con Galicia, nesta ocasión para falarmos con Xulio Simón, o noso corresponsal dende Combarro, que nos pon ao corrente cunha escolla especial das cousas que están a suceder en Galicia.


Continuamos coas informacións e a música galega. Novamente facemos unha chamada telefónica para poñernos en contacto con AMELIA LOPEZ, a Directora do Grupo de Teatro "Anduriña" de Rosalía de Castro, quen nos fala da próxima posta en escea (concretamente o día 30 de maio) da obra de Teatro. "Un Servizo Policial", no Patronat de Cultura de Cornellà.
">

E rematamos a nosa emisión cunhas información finais e escoitando a nosa música galega.
">

venres, 21 de maio de 2010

SORTEO-CONCURSO "Sempre en Galicia" e "30 Aniversario A.C.G.Rosalía de Castro"



Para poder participar preenche este FORMULARIO

BASES e AGASALLOS que podes recibir:

IIº CONCURSO-SORTEO do 24 Aniversario do programa de Radio Cornellà: “Sempre en Galicia”
Con motivo desta celebración, e gracias aos nosos promotores, puxemos en marcha, dende o día 22 de febreiro deste ano, este Concurso-Sorteo.
    Os Premios-Agasallos que se sortearán serán os seguintes:

*** 4 Reloxos da marca DOGMA.

*** 2 LOTES de Queixos do Xurés.

*** 2 LOTES de Productos Artesanais do Caurel. (Caurelor).

*** 4 Empanadas – dúas de atun e dúas de carne.

*** 1 FIN de SEMANA para dúas persoas na Vivenda Rural “MIRADOR DA RIBEIRA” en Viana do Bolo (Ourense).

*** 1 FIN de SEMANA para dúas persoas na Vivenda Rural “HOTEL-RURAL O RETORNO”. Viana do Bolo (Ourense).

*** 1 FIN de SEMANA para dúas persoas na Vivenda Rural “Xanela da LÚA”. Lira-Carnota (A Coruña).

*** 1 BONO GASTRONÓMICO – Un Xantar gratuíto para dúas persoas nun dos 10 Restaurantes Asociados de AROUSA NORTE.

*** 1 BONO RURAL – Unha Fin de Semana gratuíta para dúas persoas nunha das 10 Vivendas Rurais Asociadas de AROUSA NORTE.


*** 1 Xantar para dúas persoas no Restaurante SANATORIO do ALBA ( Valadares. Monte Alba s/n-VIGO)


As bases do mesmo son as seguintes:

1.- A participación é completamente GRATUITA.
2.- Para poder participar deben solicitar e facer algún comentario no noso blog: http://semprengalicia.blogspot.com/ ou preencher o formulario desta páxina.
3.- Entregaranse números para a participación a todos aqueles oíntes que nos chamen ao programa mentres emitimos. O prazo máximo de entrega de participacións e números será o día 4 de xuño (24 horas antes da realización do sorteo público).
4.- Recibirán número de participación todos aqueles socios e alumnos dos diferentes Cursos e Actividades que se realizan na Asoc.C.G.Rosalía de Castro (Grupo de Danza e Gaita, Baile de Salón, Teatro e Excursións organizadas pola Entidade).
5.- A lista de participantes e números entregados faranse públicas dende 15 horas antes do sorteo, que se prevé realizar no intermedio da actuación das orquestras da FESTA GALEGA en Can Mercader do día 5 ou 6 de xuño do 2010.

luns, 10 de maio de 2010

Programa do 8 de maio do 2010

Dámoslle a ben-vida a tódolos nosos oíntes, despois de dúas semanas sen emisión, e damos lectura a varias das informacións que nos chegan á Redacción, mesturándoas con algúns cortes de música galega recén estreados, como son os discos de Anxo Lorenzo (Tirán) e algún que outro máis.
A primeira comunicación telefónica é con Xulio Costa Martínez, un asíduo oínte da nosa emisión en Cornellà, que nos fai unha petición especial: chamar a seu fillo ANXO e felicitalo a traverso da nosa radio. Así lle-lo prometemos e tamén lle dedicaremos unha peza de música. Infórmanos da Excursión que realizaron dende a A.C.G.Rosalía de Castro ás Terras de l'Ebre, unha fermosa experiencia da que disfrutaron todos os asistentes. Felicitamos aos organizadores. Tamén lle prometemos sendos números para o noso Concurso-Sorteo do 24 aniversario de Sempre en Galicia e 30 Aniversario da A.C.G.Rosalía de Castro, tanto para el como para a súa dona, Mª Anxos Rodríguez Serrano.


Novamente máis informacións, mesturadas con música galega.


Cumplimos co encargo de felicitarlle o cumpleanos a ANGEL COSTA, fillo do noso comunicante anterior, e desexámoslle que cumpla moitos máis.


A nosa comunicación con Xulio Simón, como ven sendo habitual cada semana, aínda que a ultima vez non nos fora posible por mor dunha pequena indisposición da gorxa, que lle impedía falar, pero foi quen de poñernos en contacto cun dos responsables do "Concertazo a favor da Lingua" en Pontevedra. Dámoslle a ben-vida e recibimos a súa crónica excepcional.


Rematamos o programa cunha serie de informacións e noticias interesantes, relacionadas coa música e algunha que outra cousa máis.


Desexamos que volvan a conectar con nosoutros a vindeira semana.

SÁBADO 3 de OUTUBRO do 2026

Comezamos unha nova andaina. A tempada 2026 - 2027, deste programa " Semprengalicia " coa mesma intención de sempre:  ofrecervos a...