xoves, 3 de xuño de 2010

Programa do 22 de maio do 2010

Publicamos aquí o programa "atrasado" do 22 de maio pasado, que por mor doutras "quefaceres" non tivemos tempo defacelo. Pedímosvos disculpas polo atraso.

En primeiro lugar fixemos unha pequena introducción-entrada para ler as novidades e informacións que nos chegan á Redacción.
">

A seguir puxémonos en contacto con ALBERTO CANOSA, un dos responsables da Asociación XARMENTA, do Bierzo, que nos puxo ao corrente das cousas que están a facer.
">

Seguimos coas nosas comunicacións telefónicas e puxémonos en contacto con MABEL, do Restaurante SANATORIO MONTE ALBA, en Valladares, Vigo. Gracias a un dos nosos asíduos oíntes, Xulio, quen nos facilitou o enderezo e o contacto. Explicounos algunhas das ofertas culinarias e gastronómicas que se poden degustar nese lugar tan excelente, dende o que se pode contemplar a Ría de Vigo, coas Illas Cies ao fondo. Agasallou aos nosos oíntes cun xantar para dúas persoas no seu Restaurante, que aproveitaremos para sortealo xunto co resto dos Premios-Agasallos que temos previsto facer no noso Concurso-Sorteo do 24 aniversario da nosa emisión de radio Sempre en Galicia.
">

Voltamos a comunicarnos con Galicia, nesta ocasión para falarmos con Xulio Simón, o noso corresponsal dende Combarro, que nos pon ao corrente cunha escolla especial das cousas que están a suceder en Galicia.


Continuamos coas informacións e a música galega. Novamente facemos unha chamada telefónica para poñernos en contacto con AMELIA LOPEZ, a Directora do Grupo de Teatro "Anduriña" de Rosalía de Castro, quen nos fala da próxima posta en escea (concretamente o día 30 de maio) da obra de Teatro. "Un Servizo Policial", no Patronat de Cultura de Cornellà.
">

E rematamos a nosa emisión cunhas información finais e escoitando a nosa música galega.
">

Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...