luns, 10 de maio de 2010

Programa do 8 de maio do 2010

Dámoslle a ben-vida a tódolos nosos oíntes, despois de dúas semanas sen emisión, e damos lectura a varias das informacións que nos chegan á Redacción, mesturándoas con algúns cortes de música galega recén estreados, como son os discos de Anxo Lorenzo (Tirán) e algún que outro máis.
A primeira comunicación telefónica é con Xulio Costa Martínez, un asíduo oínte da nosa emisión en Cornellà, que nos fai unha petición especial: chamar a seu fillo ANXO e felicitalo a traverso da nosa radio. Así lle-lo prometemos e tamén lle dedicaremos unha peza de música. Infórmanos da Excursión que realizaron dende a A.C.G.Rosalía de Castro ás Terras de l'Ebre, unha fermosa experiencia da que disfrutaron todos os asistentes. Felicitamos aos organizadores. Tamén lle prometemos sendos números para o noso Concurso-Sorteo do 24 aniversario de Sempre en Galicia e 30 Aniversario da A.C.G.Rosalía de Castro, tanto para el como para a súa dona, Mª Anxos Rodríguez Serrano.


Novamente máis informacións, mesturadas con música galega.


Cumplimos co encargo de felicitarlle o cumpleanos a ANGEL COSTA, fillo do noso comunicante anterior, e desexámoslle que cumpla moitos máis.


A nosa comunicación con Xulio Simón, como ven sendo habitual cada semana, aínda que a ultima vez non nos fora posible por mor dunha pequena indisposición da gorxa, que lle impedía falar, pero foi quen de poñernos en contacto cun dos responsables do "Concertazo a favor da Lingua" en Pontevedra. Dámoslle a ben-vida e recibimos a súa crónica excepcional.


Rematamos o programa cunha serie de informacións e noticias interesantes, relacionadas coa música e algunha que outra cousa máis.


Desexamos que volvan a conectar con nosoutros a vindeira semana.

Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...