luns, 22 de setembro de 2008

TEMPADA 2008-09 : Primeiro programa


Comezamos unha nova tempada con moitos azos e ganas de levar adiante unha tarefa engaiolante, para nós e para os que participan con nós. Non temos constancia de que tiveramos moita audiencia, non só pola retransmisión deportiva do mediático campión mundial de tenis Nadal, senón porque ademais encetamos algo máis adiantados que noutras tempadas. De tódolos xeitos moi ilusionados e con moitas ganas de cumprir os desexos de tódolos nosos oíntes.

BENVIDOS a tódolos que nos escoitades e a tódalas novas incorporacións.

Primeiro conectamos con Xosé Carlos, para que nos dera información das novidades e proxectos para esta nova andaina. Falounos do inmediato, AS XORNADAS CULTURAIS de Rosalía de Castro, no vindeiro mes de outubro, xa cáseque pechadas con tódolos eventos medio contratados, con agradables sorpresas para tódolos que se acheguen a compartir connosco ese tempo de mostra cultural galega en Cornellà. Tamén nos adiantou que pensa estar na Feira internacional de "TERMATALIA" en Ourense e dende alí fará de correspondente para que poidamos entrevistar a algunha personalidade relacionada con ese evento. Posiblemente se achegue a "O GROVE" e tamén nos fará chegar as novidades e importantes acontecementos que se desenrolarán con motivo da "Festa do Marisco".
Adiantounos que está trballando na elaboración dunha homenaxe aos "más de 22 anos de RADIO GALEGA en Cornellà", da conmemoración dos 50 números da revista "LÚA NOVA", dos seus desexos de estar máis tempo e máis perto da nosa emisión, dos moitos azos e ánimos que nos envia para tódolos que participamos neste proxecto.

Fixemos unha pequena lectura das noticias que semanalmente nos envían dende Galicia, e que facían referencia á
- Polémica suscitada tra-las declaracións de George Steiner ao amosar un nulo coñecemento da cultura galega.
- Festa do Marisco do 3 ao 12 de outubro, a pesares das improvisacións... ...
- I Xornada da Crítica Literaria Galega, organizada copa AELG.
- Inauguración da exposición "25 anos de cultura galega".
- A presentación do libro "Papés d'emprenta condenada... ... e que
- 25 paises, entre eles Xapón, daránse cita na feira Internacional TERMATALIA.

Conectamos con JUAN PRIETO, Presidente da Asociación Cultural Galega AGARIMOS, para que convidara aos nosos oíntes a participar na festa desa Entidade.

Tamén demos a coñecer algo de novidade en canto ás músicas que puidemos recoller en Galicia e que se acaban de publicar, como as de "Os nosos Gaiteiros" : José Rdgz.Santalla, José da Lagúa; ou Foliada nas Rías Baixas, Homenaxe a Ricardo Portela, O Mestre... ... que seguiremos ampliando na vindeira semana. Neste eido musical adicámoslle unha peza de música a Ricardo, de parte de Xulio.

Conectamos coa nosa POETA GALEGA en Catalunya IRIA FERNÁNDEZ, e fíxonos viaxar, coa poesía escollida por ela, polos ventos da vangarda, xunto con Manuel Antonio e outras poesías, moi seleccionadas, e pertencentes a cancións que non pasan de moda.

Deunos tempo de falar con MANOEL CARRETE, que nos adiantou a próxima realización dunha festa importante da Asociación de Bercianos en Catalunya, en Polinyà, e que os interesados deberían poñerse en contacto con MANOLO BARCIA, que é unha das persoas que axudan a coordinar este evento, no que destacounos a realización de xogos populares como a rá, a ferradura, os bolos bercianos, e outros. Tamén destacou que farase unha romaría moi importante, adicada a VIRXE de la ENCINA.

Prometimos falar con Paco Rivas e co Presidente Ricardo, pero non nos chegou o tempo. Tamén estaban na nosa axenda XAcobe, o mantedor da páxina da Aldea de Coro, e con alguén máis pero non tivemos máis tempo. Na vindeira semana tentaremos de cumprir tódolos obxectivos que nos propoñamos.

Agardámosvos

mércores, 18 de xuño de 2008

Programa do 14 de xuño

Comezamos o programa anunciando tódalas novidades que tiñamos previstas : *As colaboracións co Presidente da Asociación Rosalía de Castro: don Ricardo Pérez Anta, que nos deu unha pequena semblanza das actividades desenroladas ultimamente pola Entidade, díxonos do éxito acadado coa Festa de Can Mercader, falounos da próxima Festa de San Xoan diante da Entidade, anunciounos a actuación da compañía de Teatro Anduriña en Badalona e no CEntro Galego de BArcelona, así como a posibilidade de que actúen en Galicia, e desexounos unhas boas vacacións e lecer para todos neste verán.
*Conversamos con Kike, o noso Henrique Fernández, antigo colaborador e conductor deste programa e presidente da Entidade. Momentos entrañabeis e cheos de engado lembrando momentos de boa sintonía a carón de Xosefina, directora perante catro anos do "Sempre en Galicia". Quedamos para continuar esta conversa en vindeiras ocasións.
* Falamos con Xacobe, mantedor da páxina Aldea de CORO, nos Ancares de Galicia. Puidemos sentir a grande deicación e agarimo que lle profesa a esa terra o amigo Xacobe, deunos referencia de moitísimas cousas das que podemos disfrutar nesa riqueza que a natureza nos ofrece no Val de RAO. a súa páxina (http://www.aldeadecoro.com/) está á espera de que a visitedes e comprobedes as fermosuras que por alí se poden contemplar. Por certo que aínda existen castaños de más de mil anos naquelas contornas, e posiblemente podedes escoitar a "pita do monte" (urogalo) se vos achegades denantes que remate a primavera...

Teño prometido que farei o posible pra que calquera dos nosos oíntes e seguidores poidan voltar a escoitar as entrevistas ou intervencións das persoas que participan no noso programa. Por exemplo xa gravei os dous programas anteriores, agora tan só me fai falla convertir os documentos en Mp3 pra poder ofrecervos a posiblidade de voltar a escoitalos. Seguro que cando comecemos a seguinte tempada xa teremos esto máis adiantado e subsanado. Estou traballando nese eido e conseguirémolo.

Seguimos coas diferentes noticias que nos chegan habitualmente dende Galicia e conectamos, coma sempre, con XULIO SIMÓN. As súas informacións e comunicacións son sempre de actualidade e nesta ocasión fíxonos unha exposición extraordinaria sobre o emprego da nosa lingua. Díxonos que nolo enviaría para que, os que desexedes, poidades botar man del, cando o colguemos no blog.

A pesares da enorme competitividade que tiñamos, posto que televisaban o partido de futbol de España-Noruega? foi un programa entretido, e bastante interactivo, xa que tivemos varias chamadas telefónicas e ata compracemos a solicitude dun oínte que nos pediu a dedicatoria dunha peza de música para Ricardo.

Nesta ocasión non puidemos ofrecervos a sección "RECUNCHO POÉTICO", tanto dende Galicia na voz de Paco Rivas, como a nova incorporación IRIA, poeta galega en Catalunya. Quedamos emprazados para o vindeiro sábado 21 de xuño, que faremos o posible por aumentar o tempo didicado a esta sección.

A programación para o vindeiro día 21 publicarémola o vindeiro venres.

domingo, 8 de xuño de 2008

SETE de XUÑO : Desta si que foi posible!!!




Desta hecha puidemos dar conta dun programiña entretido. A nosa porposta puido levarse a cabo coa maioría do noso deseño.

* Comezamos conectando con CELSA, a profesora de matemáticas nun instituto de San Joan d'Espí, pero que leva 6 anos impartindo clases de galego aos alumnos do seu colexio e non só con moitísimo éxito senón que ademais fan intercambios anuais con diferentes colexios de Galicia que tamén imparten catalán aló. Forman parte do proxecto Galauda, os seus alumnos participaron no concurso anual da Universidad Autónoma de Barcelona "Contos do Mediterráneo" e unha aventaxada alumna, Ana concretamente, foi agasallada cun accésit neste certame. Escoitamos declamar a composición á nosa benquerida compañeira Celsa.

* No apartado de músicas tivemos intervencións diversas, ata unha dedicatoria para un dos rapaces - fillo ou neto socio de ACG.Rosalía de Castro - que facía a súa primeira comunión, o que nos obriga a pensar que alguén nos escoita, mal que lle pese a algúns.
Immediatamente conectamos con Santi Veloso, profesor da Universidade de Vigo e coordinador do programa "Ponte nas Ondas", quen nos informou do éxito acadado coa edición da súa XIV edición en Vigo, na Universidade, no Verbum e na praia de Samil. As actuacións musicais correron a cargo de "Voces da rádio (Portugal) e Luar na Lubre". No apartado referente á VII MOSTRA DE ORALIDADE Galego-Portuguesa , salientounos a participación da poeta e compositora SOCORRO LIRA e de AVELINO GONZÁLEZ. Este evento trascendental e de relevancia importantísima para o noso idioma viuse reforzado pola asistencia e apoio institucional que lle deu a presencia de dona María José Caride, Conselleira de Obras Públicas da Xunta de Galicia, e dona Teresa Táboas, Conselleira de Vivenda. As dúas consellerias mostraron o seu apoio á presentación da candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués á UNESCO. En resumo que MÁIS DE 70 CENTROS DE 7 PAÍSES DA XIV EDICIÓN, logran o apoio unánime dos máis novos na defensa do patrimonio inmaterial galego-portugués a Patrimonio da Humanidade.

*
Na segunda hora a conexeión con Galicia levounos a falar con Xulio Simón, sempre atento á nosa chamada e solicitude para que nos informe das moitas cousas que alí están a acontecer. Fíxonos lembrar a un vello coñecido X.C.Fernández Alfaro, que faleceu días atrás e que ademáis doutros premios acadados como grande compositor, foi precisamente premio do Certame Rosalía de Castro de poesía en varias ocasións. Tamén nos fixo debecer e desexar estar canda el e no mesmo lugar posto q
ue nos informou da súa estancia, con moi bo tempo por certo, nas terras de Barrantes, precisamente celebrando a Festa do Viño de Barrantes. ¡Felicitacións! Deunos cumprimda información de diversas noticias e destacou o feito de que xa se comezou a asulagar a mina de Meirama, que se convirtirá no segundo lago máis grande de Galicia.
Sempre é un placer escoitar as súas intervencións e máis cando aproveitar para relagarnos os seus comentarios con algunha que outra lectura de autores galegos de relevancia. Neste caso fixo referencias a Fernández del Riego, a Cunqueiro a Alonso Montero, a García Lorca.
Seguiremos con cada semana e seguiremos agardando que nos sorprenda coas súas aportacións.


* O RECUNC
HO POÉTICO de Paco Rivas foi unha sucesión de tres poemas, coma sempre engaiolantes e cheos de creatividade e dozura para os nosos ouvidos.

Aumentámola sección coa incorporación dunha POETA GALEGA en CATALUNYA . IRIA, que podedes visitar en froresdagalvana, ou na súa páxina web. Clicade no goggle esa verba: froresdagalvana, e poderedes escoitala recitando unha das súas composicións.

Estivo acompañada coa guitarra dunha persoalidade importante no mundo do jaz. Grabamos a súa intervención e estou traballando para poder colgala neste blog. Non sexades impacientes que pronto conseguirei ese obxectivo: Facer posible o poder escoitar algunhas das entrevistas ou intervencións dos diversos colaboradores do noso programa.




venres, 6 de xuño de 2008

31 de MAIO : Programa "accidentado"


Nesta ocasión tivemos que compartir as dúas horiñas de radio coa retransmisión, por parte de José Antonio Amores do partido da "Copa Catalunya" que disputaba o R.C.D.Cornellà diante do Castelledefells. Non tiñamos posibilidades de conectar con garantías e podermos compartir as conexións en directo e fixemos un programa un tanto "accidentado". A verdade é que a nosa técnica : IRENE MATAS, puxo da súa parte todo o posible para podermos ter as conexións precisas, pero... ... non puido ser. Ao remate gañou o Cornellà por dous tantos a un.
Tiñamos previsto falar con:
* Celsa e Charo, profesoras de galego en dous Institutos de Catalunya. Non puido ser.
* Con Suso Leiro, navegante solitario en Groenlandia. Tampouco puidemos ter a conexión.
* A colaborción semanal de Xulio Simón tivemos que suspendela.
* O Recuncho poético de Paco Ribas, que tiñamos previsto amplialo coa incorporación dunha poeta galega en Catalunya, tamén nos foi imposible de realizalo.

Demos cumprida información de tódolos acontecementos que se estaban a producir no noso entorno ( Homenaxe aos TAMARA e PUCHO BOEDO, no Auditori CAN ROIG i TORRES de Santa Coloma de Gramanet; o éxito acadado pola Asociación Rosalía de Castro en Can Mercader; a vindeira Festa: "GALICIA AVUI, GALICIA HOXE" en Sabadell a vindeira fin de semana días 6,7 e 8 de xuño... ... etcétera).
Fixémonos eco das noticias que nos chegaban de Galicia, salientando moi especialmente os PREMIOS NACIONAIS: o de Literatura a X.L.Méndez Ferrín, o de Pensamento e Cultura Científica a Díaz-Fierros, completando o elenco Mercedes Peón, Lourenzo e Laboratorio de Formas nos de Música, Artes Escénicas e Iniciativa Cultural.
Un pequeno comentario en relación ao cartel adxunto e unha pequena selección de música galega foi todo o que puidemos facer neste programa "algo accidentado" por mor das conexións.

luns, 26 de maio de 2008

17 de Maio Programa do "Día das Letras Galegas"

Comezamos conectando con MANOEL CARRETE, historiador e colaborador habitual do noso programa, que nos fixo unha elaborada e extensa biografía comentada de "Xosé María Álvarez Blázquez", a quen se adican as LETRAS este ano.

A continuación tivemos unha pequena conversa con MERLO BLANCO, os productores de LEILÍA, que se atopaban precisamente en Bos Aires para celebrar con eles este día memorable. Desexámoslles moitos éxitos e ficamos á espera de recibir pronto as súas novidades musicais.

A conexión con SANTI VELOSO serviunos para coñecer novidades sobre o seu traballo:
* a "XIV edición de PONTE NAS ONDAS",
* a solicitude á Unesco para que declaren PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS...
Unha conversa amena e interesante. Quedamos en continuar comunicándonos e contamos coa súa colaboración para vindeiras ocasións.

Coma sempre, dende Galicia, XULIO SIMÓN, fíxonos unha síntese das moitas cousas das que se podía disfrutar estes días que se celebran en Galicia tantas efemérides importantes arredor da nosa Cultura, moi especialmente da nosa LINGUA.

Restounos poder conectar coa Sra.AMELIA LÓPEZ, para que nos falara do éxito acadado na obra de Teatro do sábado pasado no Patronato de Cultura. Quixemos poñernos en contacto con Anabel, unha das primeiras actrices da obra, pero quedamos emprazados para facelo na vindeira ocasión, que será o próximo sábado 31, se nos é posible.

Para o vindeiro día 31 de maio teremos un programa moi apretado e moitas cousas das que falar: Ademais das seccións habituais conexión con Xulio Simón e Paco Rivas, quixeramos recibir impresións da Festa de Rosalía de Castro en Can Mercader, os Actos para vindeiras datas, conexión e conversa con IRIA (unha poeta galega en Barcelona, autora de FRORES DA GALVANA, http://www.myspace.com/froresdagalvana), entrevista con REXINA VEGA, novidades musicais dende Galicia... ... etcétera.

Temos grabadas as diversas intervencións no programa, e tan axiña como nos sexa posible colgarémolas para os interesados.

venres, 16 de maio de 2008

As pandereteiras LEILÍA en Bos Aires


Leilía participará na primeira celebración oficial do Día das Letras Galegas fora de Galicia...y en Bos Aires.

Data e Lugar:
sábado 17 de maio, as 18:30 h, no Centro Galicia de Buenos Aires - Bartolomé Mitre 2560 - Ciudad Autónoma de Buenos Aires. (ARXENTINA).

+ Máis fotos

www.merlobranco.com

Nota de Prensa, dende Galicia




PONTE...NAS ONDAS! REIVINDICA NOVAMENTE O PATRIMONIO CULTURAL GALEGO-PORTUGUÉS

Para mover as remansadas augas do río das iniciativas culturais transfronteirizas Ponte...nas ondas ! e os estudios Casa de Tolos presentan unha nova proba da creatividade e a colaboración galego-portuguesa. Nenos e nenas de Galiza e Portugal xuntan as súas voces ás de Guadi Galego e Vozes da Rádio para reivindicar o noso patrimonio común: o patrimonio inmaterial galego-portugués.
Unha composición de Vozes da Rádio coa colaboración de Guadi Galego para a XIV edición de Ponte...nas ondas!

PONTE AO MEU LADO

Na celebración das Letras Galegas, o cerne do noso patrimonio inmaterial, a lingua, érguese como a bandeira do achegamento e da convivencia. Unha lingua compartida na que galegos e portugueses vivimos o noso día día. Nela creamos os nosos mellores tesouros intanxíbeis. Nela soñamos o mundo e nela aprendemos a amar a falar. A lingua que nos xunta e nos achega a unha grande comunidade de falantes espallados por todo mundo. Este patrimonio, sustentado na lingua, debe ter o máximo recoñecemento internacional. Reclamamos que os poderes políticos inscriban o patrimonio inmaterial galego-portugués na Lista Representativa do Patromonio Inmaterial da Humanidade, tal como foi recomendado pola propia Unesco.

PONTE DO NOSO LADO / APOIA O NOSO PATRIMONIO / A TÚA LINGUA SERVE PARA ALGO MÁIS...

O NOSO PATRIMONIO XA É DA HUMANIDADE

VIDEOCLIP "PONTE AO MEU LADO":

http://www.youtube.com/watch?v=YNo7yP1fQDE

PONTE DO MEU LADO

A ponte serve para atravessar

A ponte serve para ligar

a terra que a água desuniu

os dois lados do mesmo rio,

A ponte serve para nos juntar

A língua serve para falar

A língua serve para beijar

Quem nos fala ao coração

E nos segura a mão

A língua serve para nos juntar

Refrão:

Ponte deste lado,

A ponte que me leva aí

Põe-te ao meu lado

E fico pertinho de ti

Videoclip "como se fixo" Ponte do meu lado

http://www.youtube.com/watch?v=zrlPR7bpT4




SÁBADO 28 de XUÑO do 2025

Último programa desta tempada 2024-2025, que comezamos coa nosa sintonía de sempre e anunciando en qué consiste o programa que temos prepara...