

Desta hecha puidemos dar conta dun programiña entretido. A nosa porposta puido levarse a cabo coa maioría do noso deseño.
* Comezamos conectando con

* No apartado de músicas tivemos intervencións diversas, ata unha dedicatoria para un dos rapaces - fillo ou neto socio de ACG.Rosalía de Castro - que facía a súa primeira comunión, o que nos obriga a pensar que alguén nos escoita, mal que lle pese a algúns.
Immediatamente conectamos con Santi Veloso, profesor da Universidade de Vigo e coordinador do programa "Ponte nas Ondas", quen nos informou do éxito acadado coa edición da súa XIV edición en Vigo, na Universidade, no Verbum e na praia de Samil. As actuacións musicais correron a cargo de "Voces da rádio (Portugal) e Luar na Lubre". No apartado referente á VII MOSTRA DE ORALIDADE Galego-Portuguesa , salientounos a participación da poeta e compositora SOCORRO LIRA e de AVELINO GONZÁLEZ. Este evento trascendental e de relevancia importantísima para o noso idioma viuse reforzado pola asistencia e apoio institucional que lle deu a presencia de dona María José Caride, Conselleira de Obras Públicas da Xunta de Galicia, e dona Teresa Táboas, Conselleira de Vivenda. As dúas consellerias mostraron o seu apoio á presentación da candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués á UNESCO. En resumo que MÁIS DE 70 CENTROS DE 7 PAÍSES DA XIV EDICIÓN, logran o apoio unánime dos máis novos na defensa do patrimonio inmaterial galego-portugués a Patrimonio da Humanidade.
*Na segunda hora a conexeión con Galicia levounos a falar con Xulio Simón, sempre atento á nosa chamada e solicitude para que nos informe das moitas cousas que alí están a acontecer. Fíxonos lembrar a un vello coñecido X.C.Fernández Alfaro, que faleceu días atrás e que ademáis doutros premios acadados como grande compositor, foi precisamente premio do Certame Rosalía de Castro de poesía en varias ocasións. Tamén nos fixo debecer e desexar estar canda el e no mesmo lugar posto que nos informou da súa estancia, con moi bo tempo por certo, nas terras de Barrantes, precisamente celebrando a Festa do Viño de Barrantes. ¡Felicitacións! Deunos cumprimda información de diversas noticias e destacou o feito de que xa se comezou a asulagar a mina de Meirama, que se convirtirá no segundo lago máis grande de Galicia.
Sempre é un placer escoitar as súas intervencións e máis cando aproveitar para relagarnos os seus comentarios con algunha que outra lectura de autores galegos de relevancia. Neste caso fixo referencias a Fernández del Riego, a Cunqueiro a Alonso Montero, a García Lorca.
Seguiremos con cada semana e seguiremos agardando que nos sorprenda coas súas aportacións.
* O RECUNC

Aumentámola sección coa incorporación dunha POETA GALEGA en CATALUNYA . IRIA, que podedes visitar en froresdagalvana, ou na súa páxina web. Clicade no goggle esa verba: froresdagalvana, e poderedes escoitala recitando unha das súas composicións.
Estivo acompañada coa guitarra dunha persoalidade importante no mundo do jaz. Grabamos a súa intervención e estou traballando para poder colgala neste blog. Non sexades impacientes que pronto conseguirei ese obxectivo: Facer posible o poder escoitar algunhas das entrevistas ou intervencións dos diversos colaboradores do noso programa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario