luns, 22 de setembro de 2008
TEMPADA 2008-09 : Primeiro programa
Comezamos unha nova tempada con moitos azos e ganas de levar adiante unha tarefa engaiolante, para nós e para os que participan con nós. Non temos constancia de que tiveramos moita audiencia, non só pola retransmisión deportiva do mediático campión mundial de tenis Nadal, senón porque ademais encetamos algo máis adiantados que noutras tempadas. De tódolos xeitos moi ilusionados e con moitas ganas de cumprir os desexos de tódolos nosos oíntes.
BENVIDOS a tódolos que nos escoitades e a tódalas novas incorporacións.
Primeiro conectamos con Xosé Carlos, para que nos dera información das novidades e proxectos para esta nova andaina. Falounos do inmediato, AS XORNADAS CULTURAIS de Rosalía de Castro, no vindeiro mes de outubro, xa cáseque pechadas con tódolos eventos medio contratados, con agradables sorpresas para tódolos que se acheguen a compartir connosco ese tempo de mostra cultural galega en Cornellà. Tamén nos adiantou que pensa estar na Feira internacional de "TERMATALIA" en Ourense e dende alí fará de correspondente para que poidamos entrevistar a algunha personalidade relacionada con ese evento. Posiblemente se achegue a "O GROVE" e tamén nos fará chegar as novidades e importantes acontecementos que se desenrolarán con motivo da "Festa do Marisco".
Adiantounos que está trballando na elaboración dunha homenaxe aos "más de 22 anos de RADIO GALEGA en Cornellà", da conmemoración dos 50 números da revista "LÚA NOVA", dos seus desexos de estar máis tempo e máis perto da nosa emisión, dos moitos azos e ánimos que nos envia para tódolos que participamos neste proxecto.
Fixemos unha pequena lectura das noticias que semanalmente nos envían dende Galicia, e que facían referencia á
- Polémica suscitada tra-las declaracións de George Steiner ao amosar un nulo coñecemento da cultura galega.
- Festa do Marisco do 3 ao 12 de outubro, a pesares das improvisacións... ...
- I Xornada da Crítica Literaria Galega, organizada copa AELG.
- Inauguración da exposición "25 anos de cultura galega".
- A presentación do libro "Papés d'emprenta condenada... ... e que
- 25 paises, entre eles Xapón, daránse cita na feira Internacional TERMATALIA.
Conectamos con JUAN PRIETO, Presidente da Asociación Cultural Galega AGARIMOS, para que convidara aos nosos oíntes a participar na festa desa Entidade.
Tamén demos a coñecer algo de novidade en canto ás músicas que puidemos recoller en Galicia e que se acaban de publicar, como as de "Os nosos Gaiteiros" : José Rdgz.Santalla, José da Lagúa; ou Foliada nas Rías Baixas, Homenaxe a Ricardo Portela, O Mestre... ... que seguiremos ampliando na vindeira semana. Neste eido musical adicámoslle unha peza de música a Ricardo, de parte de Xulio.
Conectamos coa nosa POETA GALEGA en Catalunya IRIA FERNÁNDEZ, e fíxonos viaxar, coa poesía escollida por ela, polos ventos da vangarda, xunto con Manuel Antonio e outras poesías, moi seleccionadas, e pertencentes a cancións que non pasan de moda.
Deunos tempo de falar con MANOEL CARRETE, que nos adiantou a próxima realización dunha festa importante da Asociación de Bercianos en Catalunya, en Polinyà, e que os interesados deberían poñerse en contacto con MANOLO BARCIA, que é unha das persoas que axudan a coordinar este evento, no que destacounos a realización de xogos populares como a rá, a ferradura, os bolos bercianos, e outros. Tamén destacou que farase unha romaría moi importante, adicada a VIRXE de la ENCINA.
Prometimos falar con Paco Rivas e co Presidente Ricardo, pero non nos chegou o tempo. Tamén estaban na nosa axenda XAcobe, o mantedor da páxina da Aldea de Coro, e con alguén máis pero non tivemos máis tempo. Na vindeira semana tentaremos de cumprir tódolos obxectivos que nos propoñamos.
Agardámosvos
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024
Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...
-
1º SORTEO - CONCURSO Fin de Semana nun Hotel-Vivenda Rural en Galicia. Poñemos en marcha este concurso do que damos cumprida información aqu...
-
Outro sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e escoitamos un bocadiño de música mentres nos poñemos en...
-
Ola Outra vez: Desta volta é para que vos poñades en contacto e comecedes a "reclamar" o voso número para participar no SORTEO OFI...
Ningún comentario:
Publicar un comentario