sábado, 2 de maio de 2026

SÁBADO 2 de MAIO do 2026

Unha emisión máis deste programa en língua galega. Témolo "enlatado" por mor de certas obrigas técnicas para que se poidera aproveitar a fin de semana por parte dos responsables técnicos. Comezamos coa nosa sintonía e salutacións oportunas. Escoitamos un bocadiño de música e a continuación recibimos a colaboración do noso correspondente na Costa da Morte OSCAR REY, que nos fai un resumo das noticias escollidas para poñernos ao corriente do que acontce naquela contorna. Os interesados xa saben que poden ampliar estas noticias na páxina quepasanacosta.gal. Finaliza indicándonos que mañá, domingo, escoitarase este programa en Radio Roncudo, e nosoutros indicàmoslles que se poderá escoitar en Radio FENE, que tamén o re-emiten.

Recibimos cumprida información, por parte de MIRIAM RODRÍGUEZ, das actividades e eventos que veñen realizando e  que ten previsto realizar a nosa Asociación C.G.Rosalía de Castro de Cornellà, destacando, sobre todas elas o Pregón da FESTA MAJOR de Cornellà (O Corpus) e a Festa Galega de Can Mercader, coa actuación estelar de LUAR NA LUBRE. 

.

Damos a coñecer algunhas informacións de certo relevo en Galicia e unha moi en concreto en Barcelos, unha cidade do norte de Portugal, que celebra a Festa das Cruzes, os días 30 de abril 1, 2 e 3 de maio. Son unhas festas que teñen moita sona, á que asisten moitos galegos e galegas pola proximidade e pola batalla de Flores.

Falamos con XOAN ARCO DA VELLA, que nos comenta a tradición moi extendida no Sur de Galicia, concretamente en Pontevedra, de colgar unha ramiña de xesta na fiestra, na porta, no auto, no barco... para escorrentar o meigallo ou o mal de ollo. Debe recollerse o día 30 de abril denantes de que se poña o sol e pendurala no lugar escollido para que surxa o efecto desexado. Tamén se pode considerar unha "herba namoradeira". É unha tradición que ao parecer segue empregándose en moitos lugares. Agradecémoslle a súa aportación.

Entrevistamos a LUIS CRESPO, Director do "27 Festival Internacional de Títeres de Redondela-2026". Parabenizámolo polo traballo que están a preparar e cóntanos algunhas das propostas e actuacións que teñen previsto realizar neses días dende o 11 ata o 17 de maio próximo. Haberá Programación Escolar, Programación de Sala e Programación de Rúa. Ao mesmo tempo haberá un Mercadiño Titiriteiro, unha exposición de Os Monicreques de Kukas que se poderá visitar ata o día 21 de maio, e unha exposición de Voces de Gaza os días 21 e 22 de maio. Teñen confirmada a súa asistencia participantes de Francias, Italia, Portugal, Arxentina, País Vasco, Cataluña e Galicia. Desexámoslle moitos éxitos. E aproveitamos para despedirnos ata a vindeiro sábado á mesma hora.

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.


Ningún comentario:

SÁBADO 2 de MAIO do 2026

Unha emisión máis deste programa en língua galega. Témolo "enlatado" por mor de certas obrigas técnicas para que se poidera aprove...