sábado, 16 de maio de 2026

SÁBADO 16 de MAIO do 2026

Unha nova entrega deste programa que cada sábado pretende acompañarvos durante dúas horas, con música galega, entrevistas e colaboracións dos nosos correspondentes dende Galicia. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música, para recibir ao primeiro participante, o noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY, que sempre tren preparada unha serie de noticias daquela contorna, aínda que resumidas. Pódense ampliar na páxina quepasanacosta.gal. Volve a lembralle aos nosos escoitantes que este noso programa re-emitirase en Radio Roncudo mañá, domigo, a partir das dez da mañá. Nosoutros tamén indicamos que o luns tamén se poderá escoitar en Radio Fene, como cada semana. Agradecémoslle a súa colaboración estimada.

A segunda intervención, pequena conversa-entrevista é con ELIGIO SUEVOS, actual Presidente do Centro Galego de Lleida, que nos informa moi detalladamente das diferentes actividades e actos que desenvolveron e que tamén teñen previsto realizar próximamente. Primeiro fálanos da pasada participación na Festa Major de Lleida, na que contaron coa colaboración de dous Centros Galegos de Barcelona, Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma de Gramanet e a Irmandade A Nosa Galiza de Mollet. Teñen previsto realizar o "Día das Letras Galegas -2026" cunha conferencia que impartirá Charo Golmar o día 30 de maio. Tamén nos fala dun "Café de mulleres" organizado pola "Vocalía da Dona" da Entidade... Desexámoslle moitos éxitos e agradecémoslle a súa aportación.

Informamos da próxima celebración do "Día das Letras Galegas - 2026 adicado a Begoña Caamaño" que ten organizado o Centro Galego de Barcelona, previsto para o día 17 de maio, mañá mesmo. Este acto estará protagonizado por María Xesús Lama, Profesora titular de Filoloxía Galega e Portuguesa da UB e investigadora do ADHUC, xunto con María Carreira, Doutora en Filoloxía e especialista en mitocrítica. Durante o acto procederase á entrega dos premios da cuarta edición do Certame de Cartas de Amorod(i)o. Ademáis terán o acompañamento musical do Coro Lonxe da Terra, Gandarela e Avoengo. Desexámoslles moito éxito.

Monte do Toxo
Monte do Toxo
Recibimos a crónica do noso correspondente viaxeiro e reporteiro gráfico, XOAN ARCO DA VELLA, que nesta ocasión fálanos do grande personaxe: Xaquin Loriga Taboada. Aviador-piloto e militar nado en Lalín, que o día 13 de maio se cumplia a efeméride realizada por este galego, que xunto cos capitans Esteve e Gallarza fixeron a travesía Madrid-Manila a bordo de sendos Breguet XIX, aparatos biplazas de cabeza aberta en tándem, a cada un dos que acompañaba un mecánico. Tratábase da escuadrilla Elcano. Coméntanos que no parque de Lalín existe un monumento adicado a Loriga, obra do escultor Francisco Asorey, que representa un avión clavado na terra, que simboliza unha cruz, que preside o aviador. Este personaxe fixo o primeiro aterraxe dun avión nunha leira de Lalín, chamada "Monte do Toxo", onde tamén existe un pequeno monolito cunha inscripción lembrando a Loriga. Agradecémoslle a súa fermosa aportación.

Falamos con BERNAT, que foi o responsable da celebración da "Feira do Polbo" diante da Sede da A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà. a semana pasada. Fálanos da próxima celebración da "Festa Galega de Can Mercader", os días 5, 6 e 7 de xuño, nos que estará a ofrecer os produtos da gastronomía galega de grande calidade. Haberá dúas carpas para a atención dos asistentes. Desexámoslle que teñas unha grande asistencia e disfrute dese evento tan importante.

Aproveitamos unha peza musical para anunciar as seguintes intervencións, que temos gravadas, e despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!

A nosa colaboradora MIRIAM RODRÍGUEZ, da Xunta Directiva da A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà, que nos comunica as distintas actuacións e eventos que veñen realizando. Comeza comentando a recente celebración da "Feira do Polbo e Serán" que tivo lugar o fin de semana pasado. A continuación fálanos da próxima participación na celebración das Letras Galegas que organiza "Agarimos de Badalona" o vindiero domingo día 17 de maio. Tamén a colaboración que terán coa Irmandade Galega de Rubí, prevista para o día 30 de maio, e convídanos a que asistamos o día 4 de maio para escoitar e participar no Pregón da Festa Major de Cornellà, xa que será a nosa Asociación C.G.Rosalía de Castro a encargada de facelo. E por último coméntanos a celebración da "Festa Galega de Can Mercader", para os días 5, 6 e 7 de xuño. Desexamos que teñan moito éxito.

Finaliza o programa coa intervención do noso correspondente XULIO SIMÓN, dende Combarro. Agradecémoslle a súa aportación.

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.



Ningún comentario:

SÁBADO 16 de MAIO do 2026

Unha nova entrega deste programa que cada sábado pretende acompañarvos durante dúas horas, con música galega, entrevistas e colaboracións do...