Outro sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e ofrecémoslles unha peza de música para poñernos en contacto co noso correspondente na Costa da Morte: OSCAR REY, que nos ofrece a súa crónica semanal escollida, das moitas noticias que acontecen naquela contorna, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.gal. E finaliza comentándonos que este programa será retransmitido novamente en Radio Roncudo mañá, domingo a partir das dez de mañá. Agradecémoslle a súa colaboración tan estimada.
Seguimos a emisión e recibimos a comunicación da nosa correspondente nos Ancares Lugueses, concretamente dende Becerreá, FERNANDA FOLLANA NEIRA. Coméntanos a situación algo crítica, por mor das inclemencias do tempo, a causa das contínuas borrascas que estamos a sofrir. Precisamente esa foi a causa de que unha parte da Torre da Homenaxe do Castelo de Torés, tivo un derrubamento. Sorte que non fixo mal a ninguén, pero é unha lástima que por parte do Concello ou de quen teña competencias, non se teña un bocadiño máis de interese e se procure conservar ese monumento medieval.
Falamos co noso compañeiro ARMANDO FERNÁNDEZ, que se atopa en Lugo. Desprazouse á capital luguesa para interesarse pola saúde delicada do seu irmán. Están a aturar as inclemencias do tempo, con chuvia e frío. Tamén nos comenta que o río Miño está desbordando... Desexamos que teña unha boa viaxe de volta.
Despedimos o programa porque a continuación ofrecémoslle unha gravación que fixemos para comentar a próxima celebración do "Dia de Rosalía". Desexamos que teñan unha feliz semana.
.
Gravación que recolle a poesía de Rosalía de Castro: "Miña casiña meu lar", adicada ao "Día de Rosalía", que dende a Fundación Rosalía de Castro veñen recomendando fai anos. É un día que deberíamos celebrar e aproveitar para tomarnos o "caldo de gloria", entre outras moitas propostas.
Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.


Ningún comentario:
Publicar un comentario