sábado, 14 de febreiro de 2026

SÁBADO 14 de FEBREIRO do 2026

Un sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música para recbir ao noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY, que sempre nos ten preparada unha crónica de informacións e novidades relacionadas con aquela contorna. Consiste nun resumo acelerado que escolle para darnos a coñecer algúns aspectos que recollen asuntos culturais e de outra índole que nosoutros agradecemos e a nosa audiencia tamén. Pódese ampliar esta información na paxína quepasanacosta.gal. Xa saben os nosos escoitantes que este programa volverá a emitirse mañá, domingo, a partir das dez da mañá, en Radio Roncudo, e en Radio Fene  ao día seguinte.

O seguinte convidado é PEPE FORMOSO, do Bela Fisterra e do Albergue Bela Muxía, que sempre ten algunha novidade que comunicarnos. Nesta ocasión felicitámolo pola súa participación no FITUR, como Presidente da Asociación Profesional do Turismo da Costa da Morte (APTCM). Foron a presentar o libro da Costa da Morte, que se pode visualizar na páxina  https://guia.visitacostadamorte.com/libro/ A verdade é que a súa participación e colaboración sempre é moi ben acollida. Agradecémoslle a súa colaboración.

Despois de escoitar outro bocadiño de música, poñémonos en contacto con XOSÉ GONZÁLEZ MARTÍNEZ, Presidente do Foro E. Peinador, e impulsor de moitas e importantes actuacións para a "Galeguizar Galicia". Parabenizámolo porque acaban de realizar unha reunión de traballo para extender o uso da lingua galega no ámbito da Policía Nacional en Galicia e coa directiva da Irmandade Xurídica Galega. En primeiro lugar fainos unha pequena semblanza de Xesús Alonso Montero, con quen mantiña certa relación cordial, e precisamente con motivo do seu pasamento acaba de publicar un artigo no Faro de Vigo, baixo o título "A manda testamentaria de Xesús Alonso Montero". Agardecémoslle a súa amable atención e información detallada. É unha honra recibir a súa colaboración.

Recibimos a crónica, colaboración do noso correspondente viaxeiro e reporteiro gráfico e documentalista, XOAN ARCO DA VELLA, que sempre ten algunha recomendación moi interesante para visitar. Nesta ocasión achegouse a Toutón, onde están a celebrar o "XXX Serán dos Namorados" O máis grande do mundo, tal e como indican no seu cartel publicado. A verdade é que esta celebración ancestral ten un contido pupular e tradicional algo fora do común, que se completa co Homenaxe ás Pandereteiras, un xantar popular, a tradicional "Corrida do Ghalo", acompañados polos gaiteiros e a actuación das Pendereteiras "Lagharteiras", e finaliza ás 13 da noite con petiscos para os asistentes e chocolatada. Algo fermoso e digno de visitar. ¡Moitas Grazas Xoan!

Despedimos o programa falando do "XXII Festival del Botillo-2026" organizado por ASOBECAT (Asociación de Bercianos en Cataluña) no Hotel FrontAir Congress de Sant Boi, previsto para mañá a partir das 12h. Tamén anunciamos a seguinte colaboración.

Escoitamos a crónica do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN RÚA, que nos fai unha pequena semblanza do recentemente finado Profesor don XESÚS ALONSO MONTERO, e continúa a súa exposición con asuntos culturais de relevancia.

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.


Ningún comentario:

SÁBADO 14 de FEBREIRO do 2026

Un sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música para recbir ao noso correspondente n...