sábado, 24 de xaneiro de 2026

SÁBADO 24 de XANEIRO do 2026

Unha nova emisión do "Semprengalicia" de cada sábado. Nesta ocasión comezamos o programa dende o Hotel FrontAir Congress, en Sant Boi de Llobregat, para presentar o "XXII Festival del Botillo-2026" organizado pola Asociación de Bercianos en Cataluña (ASOBECAT). Estamos facendo a Rolda de Prensa na que anunciamos este festival previsto para o día 15 de febreiro próximo. Dámoslle a ben-vinda aos asistentes e o Presidente en funcións, Alfonso Miguel Martin, diríxenos unhas palabras de presentación. A continuación dámoslle paso aos estudios, onde se atopa Armando Fernández, para continuar co programa.

Escoitamos un bocadiño de música e conectamos con OSCAR REY, o noso correspondente na Costa da Morte, que nos informa dalgúns acontecementos e noticias daquela contorna. As novidades que recibimos son unha escolla das moitas que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.gal. Volve a lembrar que mañá, domingo a partir das dez da mañá re-emitirase este noso programa en Radio Roncudo. Agradecémoslle a súa colaboración tan estimada.

Seguimos coa emisión e volvo a intervir, dende o Hotel FrontAir Congress, para dar a coñecer o nome do "Berciano Ilustre" deste ano 2026, no mencionado "XXII Festival del Botillo-2026", que recae na doctora dona MARISA LÓPEZ TEIJÓN, natural de Villafranca del Bierzo. Unha personalidade que honra a nómina de bercianos honrados nos diferentes Festivais do Botillo organizados por ASOBECAT. A actual Xunta Directiva, en funcións, está traballando para que se poida celebrar este grande evento o próximo día 15 de febreiro. As entradas e tiques xa se poden adquirir.
 

A continuación conectamos novamente con Galicia para recibir a colaboración do noso correspondente viaxeiro incansable e reporteiro gráfico, XOAN ARCO DA VELLA, que nos fai unha proposta de visita e descuberta interesantísima. Estivo en Xunqueira de Ambía, documentando e participando no comezo do Entroido dos "Farrumecos", coa "Rinchona". Agradecémoslle a súa aportación semanal.

Continuamos escoitando outro bocadiño de música e poñémonos en contacto coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses, concretamente dende Becerreá, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que tamén ten novidades que contarnos e comentar. Agradecemos a súa colaboración.

Despedida do programa, xa que a continuación temos a colaboración do noso correspondente nas Rías Baixas.

Crónica de XULIO SIMÓN, dende Combarro, sempre moi ben recibida polos nosos escoitantes e seguidores.

Deixamos aquí o progama Completo - Enteiro.


Ningún comentario:

SÁBADO 24 de XANEIRO do 2026

Unha nova emisión do " Semprengalicia " de cada sábado. Nesta ocasión comezamos o programa dende o Hotel FrontAir Congress , en Sa...