Neste ultimo programa do 2023, comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións ofrecémoslles unha panxoliña como adianto das Festas do Nadal que se achegan. Recibimos a chamada do noso correspondente XULIO SIMÓN RÚA, que aproveita a ocasión ara enviarnos as felicitacións do Nadal a tódolos oíntes e seguidores ademais de ofrecernos unha poesía de Xosé Ramón Crecente Vega, que lle agradecemos e tamén lle damos as nosas felcitacións para estas Festas.
Seguimos escoitando panxoliñas e felicitamos a Xosé Fernández López, en Euskadi, desexándolle un Bo Nadal e unha feiticeira entrada de aninovo 2024, chea de engado e ventureira.
Continuamos a emisión e conectamos con XOAN ARCO DA VELLA
Escoitamos máis panxoliñas e con esa música recibimos a CONCHA FERNÁNDEZ LÓPEZ, en Lugo, a quen felicitamos e desexamos un Feliz Nadal, cheo de saúde; e unha feiticiera entrada de aninovo 2024, cheo de ventura e prosperidade.
Entrevistamos a CARMEN GÓMEZ GARCÍA, profesora e poeta que ven de gañar o 2º Premio no "XXXVII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellá" polo poema que leva por título "BEÓN". Coméntanos cal é a procedencia deste nome, que fai referencia precisamente á Lagoa de Antela". Parabenizámola e desexámoslle Felicies Festas. Coméntanos algunhas cousas relacionadas co proxecto que se pode consultar no seguinte enlace:
https://proxectalagoadeantela.blogspot.com/ .
Desexámoslle que teña moita sorte na súa facete creativa e poética, e que siga colleitando moitos éxitos.
A crónica do noso correspondente na Costa da Morte OSCAR REY CALO, tamén a recibimos con panxoliñas. Sempre nos ofrece un resumo escollido das moitas noticias que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.gal. Mándanos felicitacións e nosoutros correspondémoslle cos mesmos desexos de prosperidade e benestar para o vindeiro aninovo 2024.
Despedímonos ate o próximo programa, desexando que teñan unhas Felices Festas de Nadal e que o aninovo 2024 veña cheo de benestar e prosperidade para todos.
Aínda lles ofrecemos a crónica do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN RÚA, que serve para finalizar o ultimo programa deste ano 2023.
Deixamos aquí o programa enteiro.