|
Melania e Zaza Guiomar |
Comezamos unha nova emisión coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións oportunas escoitamos un bocadiño de música para e con ela recibimos a primeira convidada,
MELANIA P. CRUZ, unha grande actriz luguesa, a quen saudamos cordialmente e parabenizámola por ter acadado o
Premio da Cultura Galega na especialidade de Artes Escénicas. Ten unha traxectoria profesional moi extensa. Mantemos unha conversa moi amena e distendida. Fainos saber que pronto comezará unha xira de interpretación Teatral coa obra
"Continente María", sobre María Casares, dirixida por Tito Asorey, e que a levarán a Madrid e a Colombia a partir do mes de xuño. Ten recibido moitos Premios, o de María Casares concretamente, gañadora en varias ocasións do Mestre Mateos e do FICBUEU. Agradecémoslle a súa participación de hoxe no noso programa e desexámoslle moita sorte e moitos éxitos.
A seguinte intervención é a do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO, que nos fai a súa crónica semanal escollendo as noticias resumidas que se atopan ampliadas na páxina oficial de quepasanacosta.gal. Agradecémoslle a súa colaboración semanal.
Continuamos a emisión e poñémonos en contacto con ANTÍA AMEIXEIRAS, do Grupo Musical Caamaño & Ameixeiras. Acaban de facer as probas de son no escenario da Praza Trafalgar de Badalona, xa que esta mesma tarde ofrecerán un Concerto para celebrar o 25 Aniversario da A.C.G.AGARIMOS de Badalona. Felicitámolas. Seguro que farán as delicias dos asistentes, e prometen ofrecerlles algunha que outra sorpresa, xa que os músicos da Entidade tamén asistirán ao Concerto. Antía ven de participar no Xurado dos Premio Martin Codax. Parabenizámola por elo e desexamos que sigan colleitando moitos éxitos. Convída aos nosos oíntes e seguidores que se acheguen ao Concerto porque disfrutarán e bailarán.
Entrevistamos agora ao noso admirado amigo PEPE FORMOSO, do Hotel Bela Fisterra. Parabenizámolo porque ese hotel foi seleccinado para os Premios Traveling for happiness awards 2023. Entrando na páxina do mesmo hotel pódese votar para que lle concedan ese distintivo de Excelencia. Comentamos con Pepe as moitas actividades culturais que estan a programar. Unha moi importante será a que se realizará a vindeira fin de semana do 26 e 27 de maio na que se poderá disfrutar da degustación de viños e da presentación de varios libros. Tamén algunhas das que xa se realizaron como a presencia de Kepa Junquera que estivo presentando o seu libro: Berpiztu. O acto contou coa presenza de moitos amigos de Kepa e moita afluencia de público que quería homenaxear a este grande músico, compositor e productor. Mestre da Trikitixa. Agradecémoslle a súa atención e desexámoslle moita sorte e moitos éxitos en tódalas propostas culturais que realiza.
Despois falamos con MANOLO VELASCO, que é o Presidente do "Premio de Narrativa Breve" convocado pola A.C.G. Irmandade Galega de Rubí. Coméntanos que a participación é moi numerosa en castelán, aínda que a de galego parece algo cativa, pero que a calidade dos traballos presentados polos participantes é bastante alta, segundo os membros do Xurado. O fallo darase a coñecer no transcurso da Festa que se celebrará a próxima fin de semana do 19 ao 21 de maio. Desexamos que sigan acadando moita participación e enviámoslle os nosos parabens aos posibles premiados, agradecéndolle a súa participación de hoxe no noso programa.
Entrevistamos a BERNARDO PENABADE, Profesor e Escritor. Despois de saudalo, parabenizámolo por ter acadado o PREMIO MEENDINHO 2023. É un recoñecemento ao traballo de ensinante e galeguización que leva adiante con ese Projecto Burela, no que participan unha morea de alumnos. As emisións radiofónicas, que realizan os alumnos, escoitanse nos diferentes lugares do mundo onde se atopa o Insitituto Cervantes, en calquera outra Universidade ou institución de lingua galega. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.
Despedímonos ate o vindeiro sábado, porque a continuación intervirá o noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón.
Escoitamos a colaboración de XULIO SIMÓN RÚA, dende Combarro. A súa crónica conten varias informacións ou noticias que seguro serán do voso interese.
Colgamos aquí o programa completo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario