Un programa máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, salutacións de ben-vinda a tódolos nosos oíntes e seguidores e despois de escoitar un bocadiño de música poñémonos en contacto con Xocas Blanco Blanco, do Restaurante-Marisquería "OS GALEGOS en Granollers. Felicitámolo porque están a cumplir nada menos que 25 anos desque comezaron a súa andaina na Restauración nesa localidade. Cóntanos cómo foron aqueles comezos e cómo están agora de satisfeitos polo que teñen acadado. pola clientela que tanto cuidan e porque están a ofrecer uns produtos galegos de primeira claidade. Tamén falamos co seu socio Xosé Fernández, que tanto admiramos polo bon trato que lle ofrece aos clientes e polo seu bon facer. Desexamos que sigan cumplindo moitos máis e que a súa clientela disfrute da súa proposta gastronómica galega, que tanto nos engrandece aos galegos. ¡Parabens!
Falamos agora con IVAN OLMOS FERREIRO, un grande Orador, na súa época universitaria, que ten acadado o Premio de Oratoria universitaria a nivel mundial. Parabenizámolo e mantemos unha conversa chea de ensino e aportación comunicativa. Actualmente dedícase ao ensino e a outros quefaceres moi importantes no eido da Comunicación. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que teña moitoa sorte e moitos éxitos.
A seguinte conversa é con ISABEL CHAPELA LORENZO, que segue a presentar e dar a coñecer o seu libro: "Nunca fuimos normales". Coméntanos a súa intención de podr presentar ese libro nestas terras galego-catalanas. Prometémoslle acompañala e facilitarlle a posibilidade de que poida estar presente na Sé da nosa Entidade Rosalía de Castro. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.
Conectamos con Galicia, concretamente con FERNANDA FOLLANA NEIRA, en terras de Becerreá. É a nosa correspondente nos Ancares Galegos e desexamos que o siga sendo por moito tempo máis. Fálanos da presentación que fixo o seu compañeiro no Instituto, Historiador Ignacio Cabarcos Fernández, en Cervantes. E despedimos o programa ate o vindeiro sábado á mesma hora.
Aquí tedes o programa completo (libre de virus).
Ningún comentario:
Publicar un comentario